22 anos compartindo lecturas na Biblioteca Infantil e Xuvenil
Na Biblioteca Infantil e Xuvenil este ano cumprimos 22 anos compartindo e gozando da literatura infantil e xuvenil.
Para celebralo fixemos unha mostra cunha selección de fondos bibliográficos distinguindo catro categorías:
- Orixes: facendo un pequeno repaso dos libros máis antigos que temos no depósito de conservación.
- Imprescindibles: aqueles libros que nós (as bibliotecarias) consideramos como xoias; xa sexan álbumes, libros infantís, contos…
- Tesouros: neste seleccionamos os libros que temos adicados polos seus autores, libros que están na lista de honra do IBBY, libros que foron premios white ravens e libros de autores galegos.
- En Femenino: pequeno apartado onde recopilamos diferentes versións dos libros protagonizados por Cincentas, Carapuchiñas e Alicias
Aquí tedes a guía de lectura con todos os libros que foron seleccionados.
Posted on 21 Maio, 2013, in A biblioteca recomenda, Efemérides. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0