Libros en Directo: encontros con autor
Este luns, 28 de outubro ponse en marcha unha nova tempada de Libros en directo, que neste ano cumple a súa segunda edición. Trátase dun ciclo de encontros con autores con carácter mensual dende outubro ata o mes de xuño no Centro Ágora ás 20.30 horas.
Os nosos clubs de lectura acudirán ó encontro de estrea. O ciclo inaugúrase este luns, 28 de outubro coa presenza de Luis Goytisolo, o escritor que se formou no campo do dereito e que finalmente abandou para dedicarse enteiramente á literatura. En 1993 obtivo o Premio Nacional de Narrativa e un ano máis tarde foi membro elexido da Real Academia Española. Colaborou en xornais como Diario 26, ABC e El País.
O encontro con Luis Goytisolo centrarase incialmente nos dous últimos libros que acaba de publicar coa editorial Anagrama. Aínda así, o asistentes terán a oportunidade de conversar co autor nun acto que estará coordinado por Pedro Ramos.
As dúas últimas obras publicadas:
Estela de fuego que se aleja
A primeira novela escrita por Luis Goytisolo despois de Antagon, algúns dos seus postulados fundamentales elabora de forma lúdica e maliciosamente rocambolesca unha novela sobre a relación do creador con súa obra e de ésta coa súa vida.
Naturaleza de novela
Nesta novela coa que obtivo o Premio Anagrama de Ensaio 2013 o autor plantexa e desenvolve aspectos fundamentales ós que alude o título ¿Que é ese xénero literario chamado novela, que entendemos como tal hoxe? ¿Cando se inicia? ¿Cales son as súas orixes e características? Este libro é un ensaio sobre a novela que se lee como unha novela. Luis Goytisolo percorre un itinerario tan fruitivo para o lector que supón, en certo modo, unha lectura de varias novelas ó mesmo tempo que añadamos un espello da nosa memoria.
O ciclo de Libros en Directo terá a súa continuidade mes a mes. Alejandro Gándara será o próximo autor convidado co libro que acaba de publicar Las puertas de la noche de Alfaguara o vindeiro lunes, 28 de novembro.
O 12 de dicembro quen visitará o Centro Ágora con Libros en Directo será Javier Sierra para presentar a súa última obra El maestro del Prado a través da cal podremos acercarnos ó proceso creativo deste maestro do suspense. O vindeiro ano, 2014 continuará o ciclo coa presenza de Agustín Fernández Mallo,
Recordámosvos que nas nosas Biblioteca Municipais podedes atopar as obras deste autores. Para comprobar a disponibilidade consulta a noso catálogo.
Posted on 27 Outubro, 2013, in Actividades do club, Club Ágora, Club Castrillón, Club de los Lunes de Forum, Club Fórum mañás, Club Forum tardes, Club Monte Alto, Club Os Rosales, Club Sagrada Familia, Clubes de lectura, Escritores, Xeral and tagged agustin fernandez mallo, alejandro gandara, antagonia, el maestros del prado, estela del fuego que se aleja, javier sierra, las puertas de la noche, libros en directo, luis goytisolo, naturaleza de una novela, octubre2013, outubro 2013. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
Pingback: Libros en Directo: Alejandro Gándara | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña
Pingback: Libros en Directo con Javier Sierra | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña
Pingback: Eduardo Punset estará nos encontros con autor de Libros en Directo | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña
Pingback: Valerie Tasso, nos Encontros con autor de Libros en Directo | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña