Arquivo do blog
Libros en Directo: encontros con autor
Este luns, 28 de outubro ponse en marcha unha nova tempada de Libros en directo, que neste ano cumple a súa segunda edición. Trátase dun ciclo de encontros con autores con carácter mensual dende outubro ata o mes de xuño no Centro Ágora ás 20.30 horas.
Os nosos clubs de lectura acudirán ó encontro de estrea. O ciclo inaugúrase este luns, 28 de outubro coa presenza de Luis Goytisolo, o escritor que se formou no campo do dereito e que finalmente abandou para dedicarse enteiramente á literatura. En 1993 obtivo o Premio Nacional de Narrativa e un ano máis tarde foi membro elexido da Real Academia Española. Colaborou en xornais como Diario 26, ABC e El País.
O encontro con Luis Goytisolo centrarase incialmente nos dous últimos libros que acaba de publicar coa editorial Anagrama. Aínda así, o asistentes terán a oportunidade de conversar co autor nun acto que estará coordinado por Pedro Ramos.
As dúas últimas obras publicadas:
Estela de fuego que se aleja
A primeira novela escrita por Luis Goytisolo despois de Antagon, algúns dos seus postulados fundamentales elabora de forma lúdica e maliciosamente rocambolesca unha novela sobre a relación do creador con súa obra e de ésta coa súa vida.
Naturaleza de novela
Nesta novela coa que obtivo o Premio Anagrama de Ensaio 2013 o autor plantexa e desenvolve aspectos fundamentales ós que alude o título ¿Que é ese xénero literario chamado novela, que entendemos como tal hoxe? ¿Cando se inicia? ¿Cales son as súas orixes e características? Este libro é un ensaio sobre a novela que se lee como unha novela. Luis Goytisolo percorre un itinerario tan fruitivo para o lector que supón, en certo modo, unha lectura de varias novelas ó mesmo tempo que añadamos un espello da nosa memoria.
O ciclo de Libros en Directo terá a súa continuidade mes a mes. Alejandro Gándara será o próximo autor convidado co libro que acaba de publicar Las puertas de la noche de Alfaguara o vindeiro lunes, 28 de novembro.
O 12 de dicembro quen visitará o Centro Ágora con Libros en Directo será Javier Sierra para presentar a súa última obra El maestro del Prado a través da cal podremos acercarnos ó proceso creativo deste maestro do suspense. O vindeiro ano, 2014 continuará o ciclo coa presenza de Agustín Fernández Mallo,
Recordámosvos que nas nosas Biblioteca Municipais podedes atopar as obras deste autores. Para comprobar a disponibilidade consulta a noso catálogo.