As suxestións dos nosos lectores
Co propósito de achegarnos o máximo posible ás necesidades dos nosos lectores, Bibliotecas Municipais de A Coruña ofrece a todas aquelas persoas que teñan no seu poder o carné de socio a posibilidade de propoñer a adquisición de libros, música, películas etc. que boten de menos na nosa colección. É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo. No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
Algúns dos nosos lectores e usuarios durante os meses de xullo e agosto fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas Bibliotecas Municipais do Ágora, Forum Metropolitano e Biblioteca Infantil e Xuvenil que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
- Hay vida después dela crisis? / José Carlos Díez
- Skulduggery Pleasant, detective esqueleto. 6, La invocadora de la muerte
- El ladrón de palabras [Vídeo] / Brian Klugman & Lee Sternthal
- Scarlet / Marissa Meyer
- Elogio del Amor / Alain Badiou con Nicolas Truong
- Los reyes malditos. IV, La ley de los varones / Maurice Druon
- Brújulas que buscan sonrisas perdidas / Albert Espinosa
- As lambetadas de larpeiros / Merchi Rodal
- De óxido y hueso [Vídeo] / Jacques Audiard
- Un final feliz / Matthew Quick
- Kobato. 6 / Clamp
- Un paraíso inalcanzable / John Mortimer
- Luz sobre el yoga / B.K.S. Iyengar
- El huevo de oro / Donna Leon
- Galácticas I: Misión Amor /Sabine Both
- La caja de música / Constantin Costa-Gavras
- Sin fronteras / Albert Casals
- La leyenda / Broken de Caleb Carr
Twitter: anímate a recomendar
As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso hashtag #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, películas, música etc.
Posted on 11 Setembro, 2013, in A biblioteca recomenda, Novas, Obras and tagged desidertas, recomendaciones, recomendacions, suspense, suxerencias compra. Bookmark the permalink. 3 Comentarios.
Desculpade a “repugnancia” pero en galego sera *suxestin *mellor que * suxerencia*. Sados,
Iso, que sería suxestión mellor ca suxerencia…
Graciñas polo apunte Marcelino. De ben nacido é ser agradecidos.
Un saúdo e grazas por lernos