Porque #asMunicipaisEntenden


… e cada vez entendemos máis!

A nosa wiki LGTB está de aniversario. Co propósito concreto de servir de escaparate virtual desde o que mostrar todos os materiais que poñemos á vosa disposición en torno á temática LGTB (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais), naciu nestas datas coincidindo co aniversario dos disturbios de Stonewall.

Estes disturbios, que son citados coma a primeira ocasión na que a comunidade LGTB loitou contra un sistema que perseguía ás persoas homosexuais, son xeneralmente recoñecidos coma o catalizador do movemento moderno prodereitos LGTB en todo o mundo.

Nesta wiki poderás atopar enlaces a recursos web de todo tipo, aos post que fomos publicando durante o Orgullo 2012 e a unha selección de tráilers e videoclips de música e cine.

#asMunicipaisEntenden

+ info das actividades 2013

A implicación do persoal das Municipais con este tema é moi destacable:

#asMunicipaisEntenden porque todos somos igual de diferentes

Posted on 28 Xuño, 2013, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Novas and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar un comentario