Porque #asMunicipaisEntenden
… e cada vez entendemos máis!
A nosa wiki LGTB está de aniversario. Co propósito concreto de servir de escaparate virtual desde o que mostrar todos os materiais que poñemos á vosa disposición en torno á temática LGTB (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais), naciu nestas datas coincidindo co aniversario dos disturbios de Stonewall.
Estes disturbios, que son citados coma a primeira ocasión na que a comunidade LGTB loitou contra un sistema que perseguía ás persoas homosexuais, son xeneralmente recoñecidos coma o catalizador do movemento moderno prodereitos LGTB en todo o mundo.
Nesta wiki poderás atopar enlaces a recursos web de todo tipo, aos post que fomos publicando durante o Orgullo 2012 e a unha selección de tráilers e videoclips de música e cine.
+ info das actividades 2013
A implicación do persoal das Municipais con este tema é moi destacable:
- Nelson, desde a biblioteca Ágora, organiza e convoca á sesión especial dos clubs de lectura
- Ana, desde a biblioteca do Castrillón, fainos unha serie de recomendacións literarias para os máis pequenos da casa
- Xavier, tamén desde a biblioteca Ágora, pon en valor a diversidade dos barrios
- Gema e Mar, desde as bibliotecas Fórum e Infantil e Xuvenil, fálannos da diversidade na literatura
- Marta, desde a biblioteca dos Rosales, escribe un post sobre un cómic levado ao cine qie conta a historia dunha moza lesbiana
- e moitos outros compañeiros realizaron unha mostra bibliográfica en torno a esta temática.
#asMunicipaisEntenden porque todos somos igual de diferentes
Posted on 28 Xuño, 2013, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Novas and tagged as municipais entenden, homosexualidad, homosexualidade, lgtb. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0