Monthly Archives: Novembro 2011
Premio Nacional das Letras 2011, José Luis Sampedro
José Luis Sampedro (Barcelona 1917) é un escritor aclamado e unha referencia moral. O Ministerio de Cultura otorgou o Premio Nacional de las Letras en recoñecementos a súa extensa carreira na literatura de ficción, o ensaio, e o pensamento económico, destacando o aprecio que a súa obra mereceu ata o punto de ser “un dos ecritores máis importantes vivos en lingua castelá”
Intelectual de equerdas, novelista, economista e humanista. É catedrático de Estructura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990, conciliou o desempeño de altos cargos administrativos e académicos na área económica cunha reconocida producción literaria.
Da economía…
O pensamento de Sampedro proxéctase sobre a natureza social da actividade económica e seus efectos sobre a realidade social na que se desenvolven “Deste modo, aboga por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuir a desenvolver a dignidade dos pobos”
O galardoado é autor de obras económicas como Principios prácticos de localización industrial (1957), Realidad económica y análisis estructural (1959) ou Las fuerzas de nuestro tiempo (1967).
… Á literatura
A concepción humanista do profesor Sampedro “alenta tamén o máis destacado da súa producción literaria”, sinala Cultura, que destaca entre as súas obras algunhas consideradas “claves” da narrativa española de fin de siglo, como Octubre, octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), Real Sitio (1993), El amante lesbiano (2000), Escribir es vivir (2003), La senda del drago (2006), e La ciencia y la vida
Consultade no Catálogo das Bibliotecas Municipais as obras do autor dispoñibles
UN CUARTO DE NOSO…
Dicía Virginia Woolf -e case 100 anos máis tarde seguímolo pensando- que unha muller, para escribir, precisa de ter un cuarto de seu e independencia económica.
Expoñendo as diferenzas sociais, económicas e educacionais das mulleres do momento, a escritora británica establece un fresco da sociedade post-victoriana, atacada de inmobilismo e afectación e tan pouco dada aos cambios, sobre todo aos que supoñen unha nivelación ou un equiparamento entre os sexos.
Convidada por unha universidade –Oxbridge, como ela propón-, a autora trata de facer fincapé sobre as carencias e as necesidades da novela, falta até o momento de novelas de mulleres e abondosa en novelas por e para mulleres e, sobre todo, trata de facer unha denuncia das necesidades urxentes das novelistas.
Austen, as irmás Bronte, Mitford…son examinadas e sopesadas nas súas vidas cotiás, femininas e, polo tanto cheas de labouras domésticas, de coidados aos demais, de preocupacións pouco artísticas que quedan limitadas polos estudos e a educación recibidos.
Cómo serían as novelas destas mulleres se, por unha vez puidesen disfrutar dun espazo privado e dunha renda que lles permitise a dita privacidade e a abstención do mundo doméstico simplemente para crear?
Jane Austen agochaba a folla na que escribía cada vez que se vía interrumpida por unha visita –escribía no salón común e unha táboa solta do chan renxía como unha vixía alerta-. As Bronte xa medraran nun isolamento que permitía medrar cunha imaxinación desmesurada, pero todas mulleres, educadas para cousas de muller…Aphra Behn superou con paciencia todas as etapas da vida feminina até enviuvar e conseguir as cobizadas liberdade e renda; foi, polo tanto, a primeira escritora profesional –recibía un soldo- coñecida e recoñecida.
Nenos ou libros, esa era a disxuntiva moral da muller inclinada a escribir. Borrar horas de sono para cubrilas co soño, fuxir do establecido para establecerse no mundo desexado e, nalgúns momentos, mudar o nome propio polo anonimato (Austen publicou Sentido e Sensibilidade como “A lady”. e as Bronte asumiron todas nomes masculinos: Currer, Ellis e Acton Bell, cuxas iniciais coincidían).
Pasado xa case un século, a proposta da Woolf segue estando activa, a medio reparar as problemáticas prantexadas, a medio debuxar a liña que divide a literatura feminina da literatura de muller. Unha serie de cuestións vivas e latexantes que deberiamos volver a rescatar dentro doutro século, a ver qué pasou e por onde decidimos ir en cuestións de paridade.
Premios Lazarillo 2011, Creación Literaria e Álbum ilustrado
La Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) acaba de dar a coñecer os gañadores do prestixioso Premio Lazarillo 2011.
O Premio Lazarillo 2011 de Creación Literaria foi para o escrito extremeño José Antonio Ramírez Lozano pola súa obra Lengua de gato, relato no que recrea o ambiente oriental e máxico de Estambul, no que se conxugan elementos da literatura fantástica. Os protagonistas da historia son un gato sabio e unha texedora de alfombras.
A categoría do premio de Álbum Ilustrado, recaeu na adaptación do clásico El flaustita de Hamelín da man da narradora Margarita del Mazo e da ilustradora Ángela Cabrera.

Maite Carranza, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2011
Maite Carranza foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2011 pola súa obra escrita en catalán Paraules emmetzinades (Palabras envenenadas).
O Ministerio de Cultura concede este premio para distinguir unha obra de autor español escrita en cualquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o ano 2010. Está dotado con 20.000 euros.
Maite Carranza (Barcelona, 1958) é licenciada en Antropoloxía. Escribe narrativa infantil e xuvenil, é guionista de televisión e imparte cursos de escritura de guións. En 1992 abandoa a docencia para dedicarse á escritura e publica numerosas obras de literatura infantil e xuvenil entre as que destacan: Ostres, tu, quin cacau!, Frena, Cándida, Frena!, la trilogía fantástica de La Guerra de les Bruixes, Màgia d’una nit d’estiu o Paraules enmetzinades. Foi galardoada cos Premios da Crítica Serra d’Or, Folch i Torres, Joaquim Ruyra y el Premio Edebé.
Nas Bibliotecas Municipais podedes desfrutar, entre outras, das seguintes obras desta autora:
- El topo Timoteo y Susana Noseñor
- O deserto de xeo
- O clan da loba
- Magia de una noche de verano
- Palabras envenenadas
- ¿Quieres ser el novio de mi hermana?
- Frena, Cándida, frena
- A maldición de Odi
Marcos Giralt Torrente, Premio Nacional de Narrativa 2011
Mar
cos Giralt Torrente, nieto del escritor Gonzalo Torrente Ballester, ha sido galardonado con el Premio Nacional de Narrativa 2011, gracias a “Tiempo de Vida”, libro publicado el año pasado por Anagrama cuyo doloroso motor es la muerte de su padre, el pintor Juan Giralt, fallecido en el 2007, y en el que reflexiona sobre su identidad, su pasado, el desgarro por la pérdida y la maltrecha relación paterno filial que reconstruyó con la palabra.
Para su autor este galardón supone «un felicísimo broche en la todavía corta vida de un libro autobiográfico que surgió del dolor; “Tiempo de vida” es un libro muy especial, porque es autobiográfico y nace de una experiencia dolorosa, del reencuentro con mi padre. Pero, además, es especial -ha subrayado- , porque siempre uno tiene esa incertidumbre de cómo va a ser la respuesta de los lectores y ha sido muy buena, y proporcional al esfuerzo y dolor que me llevo el escribirlo».
PAN NEGRO
Son moitos os libros que temos lido até o de agora nos que, a través dos ollos dun neno, descubrimos o que resta da vida despois dunha guerra. A presa, de Oé, De cómo o soldado repara o gramófono, de Stanisic…e non será o último. A visión única que nos achega a interpretación da adultez desde esa distancia de respecto e incomprensión dos nenos, é imprescindible para tinxir ao lector de imparcialidade, de prudente afastamento dos prexuízos e dos coñecementos que levamos sobre o tema, a nosa experiencia, que filtra a calquera lectura que fagamos. Para procurar a complicidade tamén é imprescindible.
Pan Negro distáncianos, en plena posguerra española, dos bandos vencedor e vencido. Os ollos de Andrés quedan apegados á incomprensión do abandono, mesturados cos anos novos do xogo e do asombro. Cos seus curmáns, disfruta dunha infancia típica rubindo ás árbores da masía, indo á escola e espertando ao mundo dos adultos dunha maneira precipitada tras da morte do seu pai na cadea.
Diferenciados ese micromundo infantil en movemento cara á adolescencia, de olladas fugaces á vida dos maiores, e ese outro de adultos que case non prestan atención aos cativos mentres maduran, interactúan Andrés e a súa familia. Unha avoa contestataria e interesada no progreso ao mesmo tempo que na tradición, que cre en Europa e no poder da prensa tanto como no trasno que habita a casa e visita os nenos polas noites. Un pai ausente, encadeado polas súas ideas e unha nai que ten que vivir e traballar no pobo das fábricas do sacrificio e da alienación. Os tíos, as tías, os frades camilos e os tuberculosos que toman o sol espidos no horto da freguesía e que fan espertar os ollos sutilmente á consciencia do corpo e da súa vulnerabilidade…
A guerra é unha sombra e unha excusa para medrar e adentrar os nenos as auténticas relacións humanas. En canto se abandonan as polas da randeeira e os pantalóns e saias curtas dan lugar a vestidos máis longos, a hipocrisía aparece, os nenos xa non son tan nenos, a inocencia é xa outra cousa, indefinida, e o mundo é un lugar máis definido, máis limitado e adusto. Nada do que levaba o neno nos ollos fica senón é para acodir á memoria e mesturala coa ficción, amasando, coa receta dos tempos, un pequeno pan negro.
El lector de Bernhard Schlink
En el club de lectura de Os Rosales, Café con libros, continuamos con la novela de Bernhard Schlink, “El lector”. En esta ocasión, la vamos a comentar en dos sesiones. Así que tenemos que dividir la lectura: el próximo martes 22 de noviembre, debemos traer leído hasta la página 80. Ya para el siguiente martes, 29 de noviembre, leeremos el resto del libro (págs. 83-203) y entregaremos la última novela de este primer bloque, dedicadas al mundo de la lectura y los libros.
La obra
Michael Berg tiene quince años. Un día, regresando a casa del colegio, empieza a encontrarse mal y una mujer acude en su ayuda. La mujer se llama Hanna y tiene treinta y seis años. Unas semanas después, el muchacho, agradecido, le lleva a su casa un ramo de flores. Éste será el principio de una relación erótica en la que, antes de amarse, ella siempre le pide a Michael que le lea en voz alta fragmentos de Schiller, Goethe, Tolstói, Dickens… El ritual se repite durante varios meses, hasta que un día Hanna desaparece sin dejar rastro… Ocho años más tarde, siendo estudiante de Derecho, Michael vuelve a verla, pero en una situación que nunca hubiera podido imaginar.
Y hasta aquí os podemos contar. Porque no queremos desvelar el argumento antes de tiempo. La semana que viene ahondaremos con mucho más detenimiento en los aspectos más destacados de esta historia.
El autor
Bernhard Schlink es un escritor y especialista en leyes alemán nacido el 6 de julio de 1944 en Bielefeld. Ha sido juez del Tribunal Constitucional del lander de Renania del Norte-Westfalia y profesor de Historia del Derecho en la Universidad Humboldt de Berlín. Como escritor cobró fama con una serie de novelas de corte policiaco protagonizadas por Selbst (juego de palabras que en alemán significa “yo mismo”). La primera de sus novelas de esta serie, de 1987, Selbs Justiz (La justicia de Selb) fue escrita en colaboración con Walter Popp. Posteriormente aparecerían Die gordische Schleife (El nudo gordiano, 1989), que fue merecedora del premio Glauser, y Selbs Betrug (El engaño de Selb, 1992).
Der Voesler (El lector, 1995), parcialmente autobiográfica, fue un éxito de ventas en Alemania y se tradujo posteriormente a varias docenas de idiomas, ganando los premios Hans Fallada, Ehrengabe y Welt (los tres en Alemania), Grinzane Cavour y Laure Bataillon en Francia y Grinzane Cavour en Italia. Publicado en castellano dos años después de su aparición y ya reeditado seis veces, ha generado varios debates acerca de la literatura alemana. En 2008 fue adaptada al cine por el director Stephen Daldry, teniendo como protagonistas a Ralph Fiennes y a la actriz británica Kate Winslet, que consiguió varios premios por su interpretación.
Francisca Aguirre, Premio Nacional de Poesía 2011
A escritora Francisca Aguirre (Alicante, 1930) concedéuselle, hoxe xoves, o Premio Nacional de Poesía 2011 otorgado polo Ministerio de Cultura pola súa obra “Historia de una anatomía”.
O premio está dotado con 20.00 euros e o galardón pretende distinguir á mellor obra de poesía publicada en España ó longo do ano 2010, tanto en castelán , en galego, euskera ou catalán.
A galardoada xa obtivo o Premio Miguel Hernández 2010 por este mesmo libro, no que recorda a súas vivencias, entre elas a morte do seu pai, o pintor Lorenzo Aguirre, quen compartiu celda con Miguel Hernández e quen foi fusilado polo réximen de Franco en 1942.
Francisca Aguirre tras coñecer o fallo do xurado, sinalou que este poemario era un dos máis importantes da súa vida.
Ademáis é autora de libros como “La otra música”, o libro de relatos “Que planche Rosa Luxemburgo ” (Premio Galiana 2004) e o libro de recordos “Espejito, espejito”
Da súa obra e do seu premio Francisca Aguirre sinala:
“Es un recorrido por mis vivencias y emociones -dice-, pero en el que también circula algo de humor negro; y, sobre todo, es una defensa del cuerpo humano”. “Incluyo en el libro –continúa la autora– una cita muy expeditiva del premio Nobel Coetzee que es muy significativa y que dice: ‘un cuerpo dice la verdad. No siempre, ni a la primera, pero siempre es el cuerpo el que dice la verdad”
Premio Goncourt 2011

O escritor francés Alexis Jenni gañou coa súa primeira obra “L’Art français de la guerre” o Premio Goncourt de literatura 2011.
De 48 anos de idade e profesor de bioloxía na cidade francesa de Lyon, Jenni era un dos grandes favoritos para recibir este ano o que é o premio literario máis prestixioso de Francia. Na súa obra, Jenni ofrece un fascinante fresco que cuestiona o legado das guerras coloniais en Indochina e Arxelia.
Jenni sucede ao polémico escritor Michel Houellebecq, quen recibiu o ano pasado o Goncourt pola súa quinta novela, “La Carte et le territoire”.
O segundo premio literario de Francia, o Renaudot, que se anuncia todos os anos na mesma cerimonia do Goncourt, no restaurante Drouant, foi atribuído ao escritor, guionista e realizador Emmanuel Carrere polo seu libro “Limonov”. Nesa obra, Carrere fai o retrato de Eduard Limonov, quen foi vagabundo en Nova York, escritor de moda en París e fundador do partido ultranacionalista en Rusia.
Na Biblioteca Forum Metropolitano aproveitamos esta ocasión para destacar os autores premiados co Goncourt en edicións anteriores. Imos dende autores como Houellebecq, Druon, Rahimi, Jonathan Littell ata Marcel Proust.
Ouvirmos lanza unha colección de libros de cociña para nenos
Cociña infantil e familiar é o título da nova colección que acaba de lanzar Ouvirmos. O proxecto pretende favorecer o achegamento dos máis novos á arte culinaria e arrinca cun título dedicado a bocadillos e sandwiches e outros centrado nas sobremesas. Desde a editora, ata o de agora centrada na temática musical, adiantan que o proxecto continuará con oito novos títulos que abordarán os temas pasta e pizza, festas, arroz, peixes, chocolate e xeados, carnes, internacional e zumes e combinados. Cada un dos volume inclúe 20 receitas, elaboradas polos cociñeiros Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, da Escola de Hostelaría de Sober, e fotografadas por Tono Arias.
Animámoste a que te acerques ou consultes o catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña para descubrir os nosos libros adicados á cociña e poidamos cociñar xuntos
Fonte: Culturagalega







