Arquivo do blog
As suxestións dos nosos lectores
Co propósito de achegarnos o máximo posible ás necesidades dos nosos lectores, Bibliotecas Municipais de A Coruña ofrece a todas aquelas persoas que teñan no seu poder o carné de socio a posibilidade de propoñer a adquisición de libros, música, películas etc. que boten de menos na nosa colección. É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo. No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
Algúns dos nosos lectores e usuarios durante os meses de xullo e agosto fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas Bibliotecas Municipais do Ágora, Forum Metropolitano e Biblioteca Infantil e Xuvenil que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
- Hay vida después dela crisis? / José Carlos Díez
- Skulduggery Pleasant, detective esqueleto. 6, La invocadora de la muerte
- El ladrón de palabras [Vídeo] / Brian Klugman & Lee Sternthal
- Scarlet / Marissa Meyer
- Elogio del Amor / Alain Badiou con Nicolas Truong
- Los reyes malditos. IV, La ley de los varones / Maurice Druon
- Brújulas que buscan sonrisas perdidas / Albert Espinosa
- As lambetadas de larpeiros / Merchi Rodal

- De óxido y hueso [Vídeo] / Jacques Audiard
- Un final feliz / Matthew Quick
- Kobato. 6 / Clamp
- Un paraíso inalcanzable / John Mortimer
- Luz sobre el yoga / B.K.S. Iyengar
- El huevo de oro / Donna Leon
- Galácticas I: Misión Amor /Sabine Both
- La caja de música / Constantin Costa-Gavras
- Sin fronteras / Albert Casals
- La leyenda / Broken de Caleb Carr
Twitter: anímate a recomendar
As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso hashtag #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, películas, música etc.
O quimérico inquilino
Debuxante coñecido máis que escritor, membro do grupo Pánico, xunto con Jodorowski e Fernando Arrabal, Roland Topor (París, 1938) achéganos unha historia terriblemente próxima a nós pola súa localización e ao mesmo tempo íntima de seu polo seu escurantismo, o seu obsesivo traballo de caricaturización, o seu finísimo humor negro.
Topor o debuxante, o pintor, tíñanos afeitos ao canibalismo das súas imaxes (La cocina caníbal, textos e debuxos con prólogo de Arrabal, moi recomendado para os pouco escrupulosos), aos seus brancoenegros luxados e puros ao mesmo tempo, ao home hipersexual e cruel devorándose a si mesmo como xeito de atravesar a sociedade que o atrapa. E aquí debúxanos cunha prosa áxil e simple, as máis das veces, a Trelkovski, un home normal, nunha situación vital normal como é buscar un sitio no que vivir, integrarse definitivamente nunha comunidade.
O aparentemente tranquilo Trelkovski, anódino oficinista que non se enfronta a ninguén, non sabe a sorte que ten cando atopa un pisiño agradable nun bo barrio do centro. Segundo a porteira e os veciños o piso non ten problemas, é cómodo, pequeno, doado, aínda que hai un furado na solaina xa que a anterior inquilina dicidiu tirarse pola ventá.
Nunca ficción lenta e pouco cargada de detalles superficiais, o debuxante debúxanos, perfílanos exactamente a historia do inquilino Trelkovski e, a través dos seus ollos, vamos achegándonos a unha comunidade aparentemente perversa, maliciosa e terrible que foi borrando as pegadas da anterior inquila, Simone Choule, tras dun máis que sospeitoso accidente. O ruido apoucado, os pasos afogados, o medo ao sobresalto, son puntos de unión do lector co protagonista, que trata de pasar desapercibido entre os veciños ceñudos e sempre ao axexo, mentres trata de rescatar a memoria de Simone Choule, primeiro con curiosidade, despois cunha morbosa busca de calquera referencia que lle permita saber quen era ela e como chegou a desaparecer.
A medida que se vai abrindo a novela, vaise facendo sorprendentemente estraña e metafórica, chea de simboloxías dignas de estudo (pechaduras e regandixas, dentes arrincados, sons e voces). Todo vai presentíndose na medida en que o inquilino, o cándido home correcto se vai retorcendo sobre si mesmo, volvéndose contra a súa propia cordura, sentíndose vítima dun ambiente perturbador. Metamorfoseado e delirante, o surrealismo do propio Topor rechea os ocos dentro da nosa cabeza, como nun guión de cine ( a propósito, Polanski levou esta novela ao cine, e con moito acerto), como nunha novela gráfica.
O medo como sentimento que adultera todos os demais, que modifica todas as sucesións das nosas vidas. E medo da que tras do pesadelo que é buscar o piso axeitado para formar un fogar, o peor aínda está por chegar porque, sabes ben quen durme ao outro lado das túas paredes?, quen frega a túa escaleira? Quen vixila os teus pasos, as túas saídas, o teu buzón…?










