Arquivo do blog
Conferencia de Nazanin Armanian, na Biblioteca Municipal Ágora
O xoves 24 de outubro ás 20.00 horas, Nazanin Armanian impartirá a conferencia “La primavera árabe se marchitó para la mujer” na Biblioteca Municipal Ágora.
Nazanin, experta en temática árabe e columnista no diario dixital Público.es, falaranos sobre a chamada Primavera Árabe e as expectativas truncadas que supuxeron eses procesos de revolta política en relación coa situación da muller. A charla organízase dende Amnistía Internacional, en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña. Sobre Nazanin podedes descubrir moitas máis cousas e ben interesantes na súa páxina web.
Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar unha gran variedade sobre a cultura e o mundo árabe, dende literatura, ensaio, música e banda deseñada ata cinema. Algúns destes materiais podedes velos na nosa galería fotográfica en Flickr sobre o Mundo Árabe.
Ao fío da conferencia destacamos especialmente as seguintes obras:
— Ben Jellou, Tahar. La primavera árabe: el despertar de la dignidad. Madrid: Alianza, [2011].
— Amin, Samir. ¿Primavera árabe?: el mundo árabe en la larga duración. [Barcelona]: El Viejo Topo, [2011].
Agardámosvos este xoves na biblio para escoitar a Nazanin, abofé que será unha charla moi interesante!








