Arquivo do blog
Despedimos o especial temático #LemosParaTi dedicado a Dona Emilia
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 – Madrid, 1921), desde as Bibliotecas Municipais da Coruña sumamos ao catálogo de #LemosParaTi unha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses.
Lemos para ti é unha proposta que naceu no ano 2020 durante o confinamento por mor da crise sanitaria Covid-19, co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía. Para ampliar información sobre a mesma, consulta o post en Bibliosons “Lemos para ti, lectura en voz alta para adultos“.

De maio a decembro deste ano 2021 sumáronse lecturas de fragmentos de distintas obras cunha periodicidade mensual ao noso podcast Lemos Para Ti. Nunha entrada anterior, que se publicou o 16 de setembro neste blog coincidindo coa data de nacemento de Dona Emilia (16 de setembro de 1851), deuse difusión aos audios publicados ata o momento nas nosas canles de Ivoox e Spotify: “La cocina española antigua”, “Rodando”, “Al pie de la torre Eiffel”, “Revista de Galicia” e “Cuesta abajo”.
Hoxe compartimos con vós as últimas tres lecturas que completan este especial temático de #LemosParaTi dedicado á figura dunha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria: “Movendo os marcos do patriarcado”, “Miquiño mío: cartas a Galdós” e “Las frases frágiles”.
Movendo os marcos do patriarcado (Galaxia, 2021)

Fragmento de lectura do ensaio “Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán”, de Marilar Aleixandre e María López Sández.
Unha obra que analiza de forma pormenorizada as ideas centrais do feminismo de Emilia Pardo Bazán, quen xa no ano 1914 se refire a si mesma como unha radical feminista. O libro foi publicado pola Editorial Galaxia en febreiro deste ano 2021, dentro da súa colección Feminismos.
Miquiño mío: cartas a Galdós (Turner, 2020)

Fragmento de lectura da obra “Miquiño mío: cartas a Galdós”, que recompila as cartas enviadas por Pardo Bazán a Galdós ordenadas cronoloxicamente e acompañadas dunha aproximación á figura da escritora coruñesa e o relato esencial do amor e a amizade entre ambos autores.
Unhas cartas nas que a personalidade apaixonada, clara, guerreira e maternal de Dona Emilia brilla tanto como o seu dominio da linguaxe, a súa graza e a súa orixinalidade. Editado por Turner no ano 2020, con prólogo e notas de Isabel Parreño e Juan Manuel Hernández.
Las frases frágiles (La Bella Varsovia, 2021)

Lectura dos poemas “Fantasía”, “La aurora” e “Una cazata”, incluídos na antoloxía “Las frases frágiles”, publicada no ano 2021 na editorial La Bella Varsovia.
Esta obra, edición da autora e editora Elena Medel, recompila unha escolma de poemas escritos fundamentalmente nas primeiras décadas de vida de Dona Emilia Pardo Bazán, desde a súa adolescencia ata o triunfo como novelista.
E ata aquí o especial temático “Lemos para ti… a Dona Emilia”, agardamos desfrutedes escoitando estes fragmentos de lectura nesta mesma entrada e tamén nos nosos perfís corporativos de Ivoox e Spotify e convidámosvos a compartilos!!
“Lemos para ti” a Emilia Pardo Bazán.

Lemos para ti é unha iniciativa das Bibliotecas Municipais da Coruña que xorde en pleno confinamento coa idea de achegar fragmentos de textos de diferentes autores e autoras.
Con motivo do centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán quixemos aproveitar para dar tamén a coñecer a súa variada e extensa obra seleccionando pezas de diferentes xéneros que abordou a escritora coruñesa. Esta é unha das moitas actividades e iniciativas levadas a cabo nas bibliotecas para render homenaxe á autora, dentro dun marco máis amplo levado a cabo polo Concello xunto a outras institucións.
Cada terceiro xoves de mes publicamos un podcast lido polos bibliotecarios e bibliotecarias da rede. O pistoletazo de saída démolo co fragmento do prólogo de “La cocina española antigua”. Esta obra, de 1913 inclúese dentro da colección “Biblioteca de la mujer” nada coa intención de divulgar en España as ideas sobre feminismo que circulaban polo resto de Europa. O prólogo permite ler entrelíneas a intencionalidade da autora que deixa patente que un libro de cociña pode ser algo máis que unha lista de receitas:
Pero se por algo foi famosa Emilia Pardo Bazán foi pola súa produción de novela curta. Colaborou frecuentemente nas coleccións máis populares deste xénero co fin de achegar a lectura aos petos máis modestos. “Rodando”, novela breve ambientada en Marineda, a cidade inventada por Dona Emilia e que representa á cidade da Coruña, foi a última delas, publicándose en 1920:
“Ao pé da Torre Eiffel”, dá boa mostra doutra das facetas de Emilia Pardo Bazán: a literatura de viaxes. Dona Emilia foi unha gran viaxeira que deixou testemuño da crónica do momento nas súas innumerables viaxes. En 1889 foi enviada a París para cubrir a Gran Exposición Universal que ademais coincidiría coa inauguración de La Torre Eiffel:
A xulgar polos que estudan a súa figura, Emilia Pardo Bazán foi unha das primeiras xornalistas profesionais da súa época. Fundou en 1880 a “Revista de Galicia” que dirixirá e na que publicará tamén moitos artigos. Aquí podemos escoitar dous poemas incuidos nela: “En el abanico de Emilia Pardo Bazán” [firmado por Rosalía de Castro] e “Lectura de Os Lusiadas a orillas del Tajo” [da mesma Emilia Pardo Bazán]:
O teatro foi outra dos paus que tocou a coruñesa, nas súas propias palabras:
“Hay en el teatro infinitos elementos ajenos a la literatura, que le prestan interés humanísimo. Es un estudio, más viviente y sangrante que el de los libros. Es vida en que el artificio y la realidad, combinándose, dan por resultado un poco más de experiencia”.
A continuación podemos escoitar un fragmento de “Cuesta abajo”, comedia dramática dividida en 5 actos, escrita e estreada en 1906 que trata sobre a decadencia e a situación da muller na sociedade, tema éste último que copará gran parte da temática da obra de Emilia:
Ata aquí o publicado máis convidámosvos a seguir escoitando máis fragmentos de obras que vos descubrirán máis facetas desta incríble muller. Esperámosvos!!
Polo centenario de Emilia Pardo Bazán, os clubs de lectura lemos “Insolación”

Os clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña unímonos á celebración do Centenario de Emilia Pardo Bazán lendo e comentando xuntas a súa obra. Non hai mellor xeito de achegarse á escritora, á súa figura e obra, que lendo algún dos seus textos no seo das nosas tertulias. A lectura compartida dun libro danos pé a tentar aproximarnos a unha das figuras máis relevantes da cidade. Un ano cheo de celebracións que queremos disfrutar canda as nosas lectoras e lectores.
Moitos clubs xa tiñamos lido, ao longo deste anos, o seu libro de contos “El encaje roto” así como “La tribuna” ou “Memorias de un solterón“. Pero nesta ocasión queriamos celebrar as novas edicións de gran parte das súas obras mercando para os clubs de lectura “Insolación“. Unha novela “feminista”, divertida e moi castiza, pero sobre todo adiantada na súa concepción á época na que foi escrita e publicada. Descubrimos a edición de Reino de Cordelia, ilustrada por Javier de Juan e con prólogo de Luis Alberto de Cuenca e namoramos dela. Pois dende as Bibliotecas gústanos reivindicar os libros ilustrados para adultos, as edicións que lle aportan un valor extra aos libros que poñemos nas vosas mans, así como o traballo de todos os axentes que participan na cadea do libro. Cal foi a nosa sorpresa cando pouco tempo despois outra editorial escolleu o mesmo texto para unha edición especial polo centenario. Falamos de Alianza editorial, coas ilustracións (fermosas e ben diferentes ás de Javier de Juan) de Irlanda Tambascio (EIRE).
Os clubs de lectura da Biblioteca Os Rosales, Café con libros, tivemos o privilexio de dar o pistoletazo de saída á lectura en grupo de “Insolación”, pero de aquí a finais de ano, os exemplares de Reino de Cordelia irán pasando polas mans, Bibliotecas e tertulias de todos os clubs de lectura da Rede Municipal. Unha oportunidade única para celebrar a Emilia Pardo Bazán. Pero… imos entrando en materia! ¿Por que dicimos que é unha novela feminista, ademáis de divertida, castiza e adiantada ao seu tempo?

“Insolación” narra a historia de amor, apaixonado e irresistible, entre Diego Pacheco, un don Juan díscolo pero de bo corazón, e a marquesa de Andrade, viúva, inxenua pero non tanto, bela e sensual, que case por casualidade descobre que para recuperar a vida primeiro ten que atreverse a resucitar o seu corpo, sepulto baixo capas de decoro e esixencias sociais. Na novela vemos desfilar ao Madrid da época en todo o seu esplendor, desde os chulapos aos maleantes, as clases populares e os aristócratas, os reformadores e os que de ningunha maneira queren ser reformados, todos mesturados cando do que se trata é de participar da festa e do pracer. Escrita para entreter e tamén para abrir as mentalidades da época, cun ritmo fluído, cheo de anécdotas e de situacións divertidas, en “Insolación” Emilia Pardo Bazán atreveuse a tocar un tema tabú que aínda hoxe en día é motivo de cuchicheos en faladoiros trasnoitados: o desexo feminimo.
Para coñecer un pouco máis polo miúdo as implicacións desta obra, podedes escoitar o podcast de Los lunes de Pardo Bazán: El feminismo en Emilia Pardo Bazán, unha campaña organizada pola Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura a través dun podcast de seis episodios con entrevistas a distintas especialistas na obra e biografía da autora. Outra opción, ademáis de lela en papel, é acceder ao texto completo da obra na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde podedes ler en liña “Insolación” e o resto da súa obra. Botádelle un ollo.
Na páxina web das Bibliotecas Municipais podedes consultar toda a programación que temos preparada para festexar o Centenario de Emilia Pardo Bazán. Mención aparte merece a guía de lectura que elaboramos con todo o cariño para todas e todos vós: unha guía de lectura que pretende darvos a coñecer boa parte das primeiras edicións que atesouramos na Biblioteca de Estudos Locais así como as edicións máis recentes que podedes levar en préstamo nas Bibliotecas, e é que a obra de Dona Emilia está máis viva que nunca. Estades de acordo?
Emilia Pardo Bazán e a literatura culinaria.
Emilia Pardo Bazán naceu na Coruña en 1851 e faleceu o 12 de maio de 1921. Este ano, por tanto, celébrase o centenario da morte dunha muller que foi unha gran novelista, narradora, ensaísta, poeta, dramaturga e xornalista, e que é considerada por moitos como a mellor escritora española do século XIX.

A temática culinaria supón quizais unha parte pouco coñecida da súa produción literaria, con todo, a esta dedicou varios e importantes textos do mesmo xeito que outros ilustres escritores galegos como Álvaro Cunqueiro ou Julio Camba.
A condesa de Pardo Bazán escribiu dous libros de cociña, publicados en 1913 e 1914 na colección “Biblioteca da Muller”, fundada e dirixida por ela coa intención de divulgar en España as ideas sobre feminismo que circulaban no resto de Europa. Con todo, os seus inicios nesta temática da literatura remóntanse a 1905 cando escribiu o prólogo ao libro do seu amigo Manuel María Puga e Parga, ”Picadillo”.
Nel cabe destacar, para o que aquí nos interesa, a súa definición da literatura culinaria “é profundamente humana, de maior contido humano que ningunha (…)” comentario este por tanto que se contextualiza e hai que entender dentro do movemento literario ao que se adscribe a autora, o naturalismo. Aquí a autora aínda non se adentrará en cuestións prácticas, que si veremos nos seus seguintes libros, senón que a súa atención estará posta máis na cuestión literaria derivada da súa condición de escritora.


“La cocina española antigua” foi o primeiro dos seus receitarios e un dos primeiros libros que fundamentaron a gastronomía española como elemento de identidade nacional e obxecto de estudo cultural. No prólogo, a escritora proclama cuestións como que
“la cocina es a mi entender uno de los documentos etnográficos importantes. […] Cada época de la historia modifica el fogón y cada pueblo come según su alma, antes tal vez que según su estómago. Hay platos de nuestra cocina nacional que no son menos curiosos ni menos históricos que una medalla, un arma o un sepulcro”.
Neste primeiro volume recóllense as receitas tradicionais de distintas rexións de España, reivindicando o valor dos nosos pratos, do mesmo xeito que propugnaba Picadillo, por encima daqueles, foráneos e franceses, convertidos no estándar do bo gusto durante o século XIX.
“Hay que apresurarse a salvar las antiguas recetas. ¡Cuántas vejezuelas habrán sido las postreras depositarias de fórmulas hoy perdidas! En las familias, en las confiterías provincianas, en los conventos, se transmiten reflejos del pasado pero diariamente se extinguen algunos”.


“La cocina española moderna”, tamén publicado na Biblioteca da Muller, resulta un paso máis na súa evolución ideolóxica. Neste novo libro vai adaptar guisos europeos á mesa española porque segue pensando que a base da nosa cociña ten que ser nacional, destacando cómo en España cómese xa con máis refinamento e elegancia. O que pretende a autora con este libro é ofrecer á ama de casa un receitario para comer con fundamento pero coidando a presentación, a elegancia na cociña e tamén na mesa. Novamente fai unha defensa da lingua española pero esta vez fronte á introdución masiva de vocábulos estranxeiros, sobre todo vindos do inglés e do francés, así como a revalorización da comida rexional e nacional, principalmente fronte á francesa, co emprego do aceite español e a manteiga de porco fronte á manteiga dos franceses.
Insiste pois na elaboración de boa comida económica pero ben presentada: “la comida más corriente y barata admite escenografía”, di, incidindo na comida tamén como nutrición.
“El comer se humaniza cada día más. Ya no es el engullir de la bestia hambrienta. También en la mesa puede el espíritu sobreponerse a lo material”.
Dona Emilia evolucionou pois no seu discurso desde que escribise o seu primeiro prólogo a Picadillo, refinándose e afastándose da función meramente nutricional e primitiva, netamente corporal da comida.
En total, recompila máis de mil receitas que pretenden conservar a nosa gastronomía e transmitila ás seguintes xeracións. Foi, que dúbida cabe, unha gran defensora da nosa cociña e do uso do noso léxico gastronómico. Ademais, o seu espírito viaxeiro fíxoa coñecedora doutros pratos e por iso defendeu tamén a sofisticación dos mesmos, tanto polos seus ingredientes (xa entón incluía no seu receitario un “bacalao a la gallega con jengibre”) como pola súa presentación. Consideraba a cociña como parte do noso patrimonio cultural.
Recolle Carmen Bravo Villasante no seu libro sobre Emilia Pardo Bazán unha carta da escritora ao director da Voz de Galicia na que di:
“Por mi parte siempre anduve en guisar, y hasta le tengo afición a estos quehaceres y siento no disponer de tiempo para practicarlos. No soy doctora en el arte de Muro, Dumas, Rossini, Brillat-Savarin y Picadillo, pero jamás vi incompatibilidad entre él y las letras. Es cuanto puedo alegar para que el público disculpe mi conducta. Y espero que mis fórmulas salgan un poco más castizas que las definiciones de cocina del Diccionario de nuestra amiga la Academia, no de los Cinocéfalos, sino de la Lengua, para lo cual no necesito ciertamente ser Cervantes, ni Fray Luis”
Tamén a súa obra literaria está impregnada de referencias gastronómicas, como no festín de honra ao patrón do seu pobo ao que fai referencia en “Os pazos de Ulloa”. “La monumental sopa de pan rehogada en grasa, con chorizo, garbanzos y huevos cocidos cortados en ruedas, circulaba ya en gigantescos tarterones y se comía en silencio, jugando bien las quijadas”.
Do seu gusto e importancia pola arte da cociña temos testemuño a través do manuscrito do Menú de celebración do 17 de maio de 1916, con motivo do seu nomeamento como catedrática de linguas neolatinas da Universidade Central de Madrid, e que consistía en suculencias tales como:
- consumado frío,
- ovos Vatel,
- salmón en salsa holandesa,
- áspic de fuágras (como ela escribiu da súa propia man),
- espárragos de Aranxuez,
- solombo ao mollo.
- Como doce broche final: xeado de crema real, Chester-cakes, froitas do tempo e doces regados con viños entre os que cabe destacar un Ribeiro da terra.
Toda a cidade da Coruña envórcase neste o seu centenario con diversos eventos, así que as bibliotecas tamén queremos sumarnos, no que a gastronomía refírese, cunha exposición de libros na Biblioteca Municipal de Monte Alto, co título “Emilia Pardo Bazán e a literatura culinaria”, e con este vídeo realizado por Frabisa, autora do coñecido blogue de cociña de La Voz de Galicia, que nos deleita cuns Célebres mantecados de las Torres de Meirás, receita incluída no seu libro, “La cocina española antigua”.
Tamén o Concello, a través da concellería de Turismo, levará a cabo unhas Xornadas Gastronómicas que elaborarán e reinterpretarán receitas pardobazianas. Algúns restaurantes xa ofrecen estas reinterpretacións. Boas lecturas e bo proveito!!!
I Concurso “ICONOGRAFÍAS sobre Marineda”

Con motivo del 167 aniversario del nacimiento de Emilia Pardo Bazán, Casa-Museo Emilia Pardo Bazán y Marineda City convocan el I Concurso “ICONOGRAFÍAS sobre Marineda“.
Se convoca un Premio Literario para los relatos escritos en gallego y otro Premio Literario para los relatos escritos en castellano con la extensión de 4.000 caracteres máximo. Deberán estar inspirados en la ciudad de A Coruña, que podrá ser presentada como un elemento real o imaginado, utilizando el mismo “privilegio concedido a la novelista” del que se sirvió la escritora cuando empleó el nombre literario de “Marineda” para referirse a su ciudad natal e incorporarla así a la alta literatura universal.
Así mismo, habrá también un Premio Fotográfico a la que se considerase mejor fotografía sobre el tema del concurso: “ICONOGRAFÍAS sobre Marineda”. El premio se basa en favorecer los valores plásticos de las piezas que se presenten. Después de una primera selección, llevada a cabo por personas con experiencia en crítica y creación fotográfica, la convocatoria del concurso se resolverá en las redes sociales.
Cada modalidad tendrá un único premio y este será de 1.000 euros.
Los jurados serán elegidos entre representantes de la Real Academia Galega y la Real Academia Española y personas vinculadas con la creación y crítica literaria y artística.
Estos premios se establecen con la finalidad de contribuir a estimular la creación artística inspirada en referentes reales o imaginarios de A Coruña.
Emilia Pardo Bazán
Nació en A Coruña en 1851 y murió en Madrid en 1921. Condesa de Pardo Bazán, fue una noble y aristócrata novelista, periodista, feminista, ensayista, crítica literaria, poetisa, dramaturga, traductora, editora, catedrática y conferenciante española introductora del naturalismo en España. Fue una precursora en sus ideas acerca de los derechos de las mujeres y el feminismo. Reivindicó la instrucción de las mujeres como algo fundamental y dedicó una parte importante de su actuación pública a defenderlo.
En 1882 comenzó, en la revista La Época, la publicación por entregas de una serie de artículos sobre Émile Zola y la novela experimental, reunidos posteriormente en el volumen La cuestión palpitante (1883), acreditándola como una de las principales impulsoras del naturalismo en España.
Es considerada la primera novela social y naturalista española. Publicada en 1883 cuenta la historia de una mujer obrera y refleja el ambiente de trabajo en una fábrica (la Fábrica de Tabacos), mostrando el ambiente de las cigarreras de A Coruña a la que da por primera vez el nombre literario de Marineda. Es la historia de una huelga y su protagonista es una joven valiente y resuelta que encabeza las reivindicaciones obreras, una mujer engañada por un «señorito» que la seduce y la abandona y termina con los gritos populares a favor de la República al tiempo que ella da a luz a su hijo.
Emilia Pardo Bazán incorpora por primera vez en la novela española al proletariado, antes que Pérez Galdós y Blasco Ibáñez, y describe los métodos industriales, formas de trabajo, duros horarios y el ambiente obrero en años de intensa movilización social, a la vez que realiza también un profundo análisis del mundo femenino y de la doble jornada de las obreras siendo madres y trabajadoras.
Entre su obra literaria una de las más conocidas es la novela Los pazos de Ulloa (1886). También publicó: La dama joven (1885) y La madre naturaleza (1887).
Coincidiendo con la muerte en 1890 de su padre, su obra evolucionó hacia un mayor simbolismo y espiritualismo, patente en Una cristiana (1890), La prueba (1890), La piedra angular (1891), La quimera (1905), La sirena negra (1908) y Dulce dueño (1911). Esta misma evolución se observa en sus más de quinientos cuentos y relatos, recogidos en Cuentos de la tierra (1888), Cuentos escogidos (1891), Cuentos de Marineda (1892), Cuentos sacro-profanos (1899), entre otros.
Las bases del concurso y toda la información las encontraréis en la web Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.
¡Mucha suerte a todos!
Falemos das nosas escritoras e das nosas bibliotecarias: lecturas compartidas polo Dia da Muller
No Día Internacional da Muller as Bibliotecas Municipais da Coruña colaboramos coa Casa-Museo Emilia Pardo Bazán no acto que terá lugar hoxe ás 11 da mañá “Falemos das nosas escritoras. Lectura compartida” e no que estades todos convidados.
A finalidade da actividade é tecer un fío condutor entre autoras, mulleres ligadas ao eido cultural-ecucativo-científico e mulleres que participan nos clubs de lectura da Coruña.
Por iso o noso particular homenaxe ás mulleres, as bibliotecas, as bibliotecarias e as lectoras, e tomamos a palabra a John Steinbeck que dicía que:
“Polo groso da capa de po que cubre o lomo dos libros dunha biblioteca pública pódese medirse a cultura dun pobo”
Tamén a nosa admirada Virginia Wolf decía que:
“A lectura dos libros parece curiosamente operar os nosos sentidos en cataratas; despois de lelos vemos con máis intensidade; o mundo aparenta que foi despexado do velo que o cubría e cobrou unha vida maís intensa”
O feito de pensar en que a lectura dende unha perspectiva de xénero é un fenómeno relativamente novo, aínda que desenvolto sobre un principio clásico: As mulleres lían menos que os homes debido a razóns sociolóxicas diversas e o que lían eran libros relixioso ou de cabalerías. Sen embargo, dende os testimonios iconográficos nace a sospeita de que: as prácticas lectoras das mulleres poderían ser máis ricas do que atestigan os cómputos das bibliotecas e dos destimonios dos escritores da época
Un exemplo claro témonolo no “Quixote” onde aparecen continuamente mulleres que saben leer e escribir: Dorotea, Zoraida, Marcela, La Duquesa etc e mulleres que len e sobre todo literatura de ficción, como indica o feito de que ninguna muller cervantina se mostre interesada pola lectura dos libros relixiosos.
Platexamos unha cuestión onde estaban as mulleres que non adoptaban unha actitude sumisa, resignadora senón que eran mulleres verdadeiramente libres? A respota é “Lendo ou escribindo”
A herdanza desde mulleres con inquietudes, loitadoras, con coraxe e verdadeiramente libres témolas hoxe aquí, todas vos, as nosas bibliotecarias, as nosas lectoras representadas nos nosos clubes de lectura.
E desa cultura do pobo, a do noso pobo á que facía referencia Steinbeck fíxose gracias a persoas coma vos, compañeiras a gracias as miles de mulleres que diariamente veñen as nosas bibliotecas y que están excelentemente representadas hoxe equí.
A lectura é un almácigo de ideas, e ideais políticos, sociais, económicos e relixiosos…. Moitas das veces, as ideas contidas nos libros son un desafío para o orden establecido; por iso as lectoras de tódolos tempos valéronse dos libros para loitar contra a inxustiza, o abuso do poder, o despeito de castigos tremebundos e bibliotecas reducidas a cenizas
No caso da nosa profesión, a de bibliotecaria resulta ser un oficio fortemente feminizado e deste xeito a muller contribuiu a conservar, administrar e ordenalas e traballar con e para as persoas que as usan, ben acudindo á propia biblioteca ou entrando en contacto coa bibliotecaria.
A nosa profesión considerouse como un dos poucos reductos nos que a muller podía traballar fora do casa, e non se equivocan quenes pensan, xa que aínda hoxe non hai máis que entrar nunha biblioteca o nunha facultad de Biblioteconomía para confirmarse este feito, a presenxa femenina e mayoritaria
Sen embargo, só hai que voltar a vista un pouco atrás, para darmos conta de que esta situación dase dende fai menos de 100 anos e por tanto incluso para acceder ás profesións “fememinas” tívose que percorrer un longo camiño. Foi no século XIX cando se feminizou a profesión bibliotecaria coa democratización da lectura pública. Se ben é certo que anteiormente ó século XIX a figura do persoal de bibliotecas era un bibliotecario erudito e primaban as bibliotecas privadas en detrimento das públicas
En 1761 foi cando se redactan as “Constitucións da Real Biblioteca dispostas por Don Juan de Santander, su bibliotecario Mayor”, as mulleres no só podía traballar en ela, cousa normal nesa época, senón que nin sequera podía consultar os seus fondos.
Non será ata 1913 cando ingrese a primeira muller no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Ángela García Rives estará na Biblioteca Jovellanos de Xijón, sendo destinada á BN ó ano seguinte. Tiveron que pasar 77 anos para que unha muller chegara a dirixir a institución, fue Alicia Girón García, directora de la BN entre 1990-91.
A primeira escola de bibliotecarios creouse en Estados Unidos e era de bibliotecarias, dirixida a mulleres. En España en 1915 Eugenio de Ors creou a primeira Escola de Bibliotecarias de Barcelona.
E todos estos cánones de muller loitadora, verdadeiramente libre, escritora, lectora están representados por Dona Emilia Pardo Bazán, quen era consciente da desigualdade posición do home e da muller incluso dentro do matrimonio, feito que influeu na rutura do seu propio. E ela mesma reflexiona:
¿Sería pensable que unha muller prohibira o seu home exercer a sua profsión e que este obedecera?
A resposta encontrouna no seu propio entorno, non ten nada máis que repasar a serie de libros de lectura destinado a educación das nenas, todos propoñían un modelo de muller sumisa e obediente. Este modelo será o que ela mesma ofrezca no desenlace do seu conto “La dama joven”, posiblemente para axustarse ós usos sociais e non levanta máis polémica que xa houbera con “La cuestión palpitante”.
Ahora ben, donda Emilia interiorizará a súa propia experencia, vivirá as consecuencias que lle aportaron, observará as desigualdadedes, que non por ley ou por ortodoxia relixiosa senón pola forza da costume imperarán na sociedade e que se propondrá denuncialas coa súa pluma.






















