Arquivo do blog

Estreamos o CLXQ+!

Co novo ano e co comezo do curso escolar, onte deu comezo o CLXQ+ – Club de Lectura Xuvenil Quérote+ – na Biblioteca de Ágora, un club do que vimos falando durante os últimos meses do 2014 para ir preparando o su inicio e chamando por PORTADA KITCHENtoda a chavalada posible para anotarse. Coas prisas, de momento aínda somos 7, así que lembrade que si coñecedes alguén de 14 a 18 anos que lle guste a lectura e quera participar, so tedes que premer aquí e atoparedes o formulario para anotarvos.

Pero o tema importante de hoxe é falar da nosa primeira xuntanza. Unha xuntanza en familia para falar dun libro breve e especial, Kitchen, da xaponesa Banana Yoshimoto, unha obra que xa visitou os clubs de lectura de adultos das Bibliotecas Municipales e que neste caso víñanos de maravilla para darlle a saída a un club que nace coa idea de abordar temas de interese para a mocidade á que vai dirixida grazas á colaboración dos Centros Quérote+.

Precisamente como esta obra xa foi lida polxs asistentes aos clubs de lectura de adultxs e polo tanto xa tratada nun post previo; desta volta gustaríame centrarme no realmente abraiante dunha sesión que comezou coa confesión dun libro trabado polo can dunha das asistentes e que se artellou en base a comparacións do estilo lento e pausado de Yoshimoto en contraste ao fanfic de One Direction que Uxía estaba a disfrutar dende había días no seu teléfono móvil. Falamos de temáticas, de soidades descarnadas e amargas nadando entre as páxinas do relato de Yoshimoto, da simplicidade coa que Eriko resulta ser unha muller abraiante nas formas e enigmática pero familiar no fondo. Falamos de cociñas – limpas e suxas-, de tristezas endémicas por sorte non experimentadas por ningún-ha de nós e do sorprendente que resulta ler e ouvir as frases do libro en voz alta.

Non se pode pedir máis para unha primeira sesión de comparar opinións e falar de proxectos futuros, así que…atentxs, porque o CLXQ+ promete sorpresas!

UXÍA PROMO

O #CLXQ+ non descansa na ponte.

MARCAPÁXINAS CLXQ+ B copyNestes días festivos de axetreo atroz nas rúas, calor sofocante nos centros comerciales de hipnóticas luceciñas e músicas infames, choiva a rabiar non é mal momento para aproveitar e lembrar que o prazo para inscribirse no Club de Lectura Xuvenil Quérote+ leva aberto dende o luns pasado.

Tedes entre 14 e 18 anos e queredes participar dun grupo onde trascenderemos da ficción a realidade e do público ao persoal? Pois só tedes que premer aquí, cubrir o formulario para inscribirvos e estar atentxs ás datas chave de todo esto…a seguinte, a nosa sesión de presentación o día 18 de Decembro.

Avisadxs estades!

Agora’s Book Club

Na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer en marcha un novo club de lectura, nesta ocasión, en lingua inglesa. Reunirémonos todos os luns, de xaneiro a maio, en horario de 18.30 a 19.45.

Se che gusta ler, queres practicar inglés e formar parte dun grupo que se reúne para compartir lecturas… este é o teu club!!

Agora's Book Club

O prazo de inscrición estará aberto dende o 4 de decembro ata o 10 de xaneiro e para anotarse é preciso ter un nivel intermedio de inglés, xa que a actividade se desenvolverá íntegramente en lingua inglesa.

Se estás interesadx en participar, podes anotarte por calquera das seguintes vías:

  • Chamándonos por teléfono 981 189 886
  • Enviándonos un correo electrónico bagora@coruna.es 

Come and share readings with us!!!

#CLXQ+ Aberto o prazo de inscrición!

Hai un par de semanas anunciamos o nacemento dun novo Club de Lectura nas Municipais, pois ben, o día  chegou para inscribirse e participar do Club de Lectura Xuvenil Quérote+ – de agora en diante #CLXQ+ . Se tes entre 14 e 18 anos, gústache a lectura, e queres formar parte dun grupo que aborda diferentes temas dende relacións saudables a sexualidade consciente, este o #CLXQ+ é o teu club.

CARTAZ CLUB LECTURA QUEROTE+ copy

Cubre este formulario e participa con nós!

← Back

A túa mensaxe enviouse

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Esperámoste na Biblioteca de Ágora!

Nace El Club de Lectura Ágora

Nace El Club de Lectura Ágora

Nos unimos a la andadura de los que llevan una larga trayectoria  de libros, lectores, experiencias y éxitos.
Por lo tanto nacemos arropados por su apoyo y sus buenos consejos. Muchas gracias!!

Empezamos con muchísima ilusión y entusiasmo. Con el deseo de disfrutar, relacionarnos y sobre todo “Compartir”.

Compartir opiniones, ideas, experiencias y nuestra pasión por la lectura.

Nos reuniremos todos los martes a las 19.00 h en la Biblioteca Ágora.

El autor sólo escribe la mitad del libro. De la otra mitad debe ocuparse el lector.

Joseph Conrad