Arquivo do blog

O #CLXQ+ non descansa na ponte.

MARCAPÁXINAS CLXQ+ B copyNestes días festivos de axetreo atroz nas rúas, calor sofocante nos centros comerciales de hipnóticas luceciñas e músicas infames, choiva a rabiar non é mal momento para aproveitar e lembrar que o prazo para inscribirse no Club de Lectura Xuvenil Quérote+ leva aberto dende o luns pasado.

Tedes entre 14 e 18 anos e queredes participar dun grupo onde trascenderemos da ficción a realidade e do público ao persoal? Pois só tedes que premer aquí, cubrir o formulario para inscribirvos e estar atentxs ás datas chave de todo esto…a seguinte, a nosa sesión de presentación o día 18 de Decembro.

Avisadxs estades!

Agora’s Book Club

Na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer en marcha un novo club de lectura, nesta ocasión, en lingua inglesa. Reunirémonos todos os luns, de xaneiro a maio, en horario de 18.30 a 19.45.

Se che gusta ler, queres practicar inglés e formar parte dun grupo que se reúne para compartir lecturas… este é o teu club!!

Agora's Book Club

O prazo de inscrición estará aberto dende o 4 de decembro ata o 10 de xaneiro e para anotarse é preciso ter un nivel intermedio de inglés, xa que a actividade se desenvolverá íntegramente en lingua inglesa.

Se estás interesadx en participar, podes anotarte por calquera das seguintes vías:

  • Chamándonos por teléfono 981 189 886
  • Enviándonos un correo electrónico bagora@coruna.es 

Come and share readings with us!!!

Novo club de lectura no Ágora

Dicía o escritor arxentino Jorge Luis Borges (1899 – 1986) que a lectura é unha das formas de felicidade e dende as Bibliotecas Municipais da Coruña non podemos estar mais dacordo con tal afirmación.

A lectura permítenos viaxar a través do tempo, do espazo, de personaxes… e un club de lectura ofrécenos a posibilidade de compartir ideas, experiencias e opinións. Pero sobre todo… compartir unha paixón, a lectura!!

Este curso na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer un novo club de lectura de adultos en marcha, que se reunirá os mércores pola tarde en horario de 19.00 a 20.30.

Club de lectura mercores Agora

Animámosvos a que vos anotedes e participedes!! E para ir abrindo boca… compartimos con vós unha marabillosa curtametraxe de animación que conta unha historia de amor polos libros e pola lectura: The fantastic flying of Mr. Morris Lessmore. Dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg, esta curta recibiu no ano 2011 o Óscar á mellor curtametraxe de animación.

Comeza a tempada dos clubs de lectura

Rematado o verán e o período de vacacións os nosos clubs de lectura voltan ó curso e retoman a sùa actividade neste mes setembro e comezo de outubro.

club de lectura

¿Que son os clubes de lectura?

Os clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña son grupos de persoas afeccionadas á lectura que se reúnen periodicamente para comentar e valorar un libro proporcionado polas Bibliotecas Municipais da Coruña coa axuda dun coordinador.

¿Quen pode participar?

Non fai falta ser un experto lector, o club de lectura está pensado para persoas con inquietudes culturais, gañas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro só é un punto de partida. Pode participar calquera persoa que queira, ata o máximo de persoas establecidas por clube.

¿Cómo funciona un club?                                           club de lectura rosales

Bibliotecas Municipais adquire a cantidade suficiente de exemplares dos títulos dos libros elexidos para que cada participante teña o seu durante o tempo necesario. A lectura  faise cada un na súa casa e o ritmo é o marcado polo club.

O coordinador encárgase de moderar as reunións semanais para comentar o que se leu ó longo da semana. Os debates adquiren sempre un carácter sempre amigable e desenfadado. O que sí , é necesario respetar os turnos de palabra e axustar os tempos de intervención. O persoal bibliotecario presta apoio a todo o que axude a contribuir a enriquecer a lectura, asesorando e facilitando aos lectores o acceso a toda a información.

¿Cando se celebran as reunións?  

Semanal, quincenal ou mensualmente dependendo do club e da biblioteca.                                                                                                                                               

En que bibliotecas se desenvolve a actividade

Na actualidade Bibliotecas Municipais de A Coruña conta con un total de 11 clubs:

Para máis información ou apuntarte como reserva nos clubes que están completos podedes acudir as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono

CALENDARIO COMICS BUENO

Bibliotecas Municipais de A Coruña conta cun Club de Lectura Virtual na que os membros non se reúnen físicamente, senón que utilizan o blog para intercambiar as impresións sobre o lido. Se estarás interesado e queres máis información.  Visita o  Ciber Club

Faite socio das Bibliotecas Municipais  

Se queres facerte socio das nosas bibliotecas e ter o carné  podes facelo de dous xeitos:

  • Persoalmente, acudindo a unha das nosas oito bibliotecas cubrindo a solicitude
  • Electrónicamente, a través da nosa páxina web, cubrindo o formulario

Lecturas de verán para os pequechos

A lectura sen dúbida é a chave prodixiosa da información e da cultura

lecstura niñosNo caso dos máis pequenos a literatura infantil e xuvenil contribúe a formar o pensamento crítico e a capacidade reflexiva do pequeno lector, a construir a súa identidade e a do entorno que o rodea, axudando a forxar a linguaxe e desenvolver a sensibilidade artística.

A colaboración dos pais é necesaria para impulsar o proceso de aprendizaxe. Acompañar o desenvolvemento hacia a madurez con historias e personaxes que apoien a formación de valores e de formas de vida elexidas na idade adulta.

Tanto pequenos como adultos cando lemos e desprendémonos non nos facemos necesariamente máis sabios, pero sí máis listos: descubrimos o que aínda descoñecemos, confirmamos o que non sabemos.

A lectura e as recomendacións

A lectura é sin dúbida unha tarea de gran proveito público. Non requiere enormes desembolsos nin exixe fortísimas inversións. É máis, resulta unha labor de moito máis desprendemento que fomenta o feito de que aquelo que les acábalo repartíndolo a mans cheas. Cando tes un amigo sempre acabas contándolle ese libro que acabas de ler e o que che pareceu. O normal é que o destinatario non se conforme e acabe lendo o libro para comprobalo por el mesmo.

mostras infantil

Dende Bibliotecas Municipais ofrecemos para os máis pequeños recomendacións de lecturas para este verán.

Convidámosvos a visitar as nosas Bibliotecas Municipais para desfrutar dos contiños e poder levalos en préstamo. Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

Leo, leo, ti que les ?

Decía Borges que “Dos diversos instrumentos inventados polo home, o máis asombroso é o libro; todos os demáis son extensión do seu corpo… Só o libro é unha extensión da imaxinación e da memoria”

 Lemos todos os días. A todas horas. Inconscientemente: a información nutricional da caixa de cereais, a factura da electricidade, as vallas publicitarias. Conscientemente: unha novela de Anxos Sumai, o xornal, o Facebook. Realmente somos máis lectores que nunca.

a coruña a cidade que leTanto pequenos como adultos cando lemos e nos deprendemos non nos facemos necesariamente máis sabios, pero sí máis listos: descubrimos o que aínda descoñecemos, confirmamos o que non sabemos

Recomendar un libro

A lectura é sin duda unha tarea de gran proveito público. Non requiere enormes desembolsos nin exixe fortísimas inversións. É máis, resulta unha labor de desprendemento,  que fomenta o intermabio, o feito de que aquelo que les, acábalo repartíndolo a mans  cheas. Cando tes un amigo sempre acabas contándolle ese libro que acabas de ler e o que che pareceu. O normal é que o destinatario non se conforme e acabe lendo o libro para comprobalo por el mesmo.

Dende as nosas Bibliotecas Municipais ofrecemos para o noso público adulto recomendacións de lecturas para este verán e mostras bibliográficas temáticas para poder poñer en práctica todos eses beneficios que nos aporta a lectura

montaje muestras

Adultos

Este é,  sen dúbida, un dos homenaxes máis bonitos e representativos feito ao libro e a lectura.  The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore  foi a curtametraxe elexida como gañadora nos  Premios Óscar na categoría de Mellor Curtometraxe en 2012.

 

Ven a visitar as nosas bibliotecas e leva en préstamo a nosas recomendacións. Podes consultar o noso catálogo para ver a disponibilidad dos libros, revistas, cd, dvd, …