Novo club de lectura no Ágora
Dicía o escritor arxentino Jorge Luis Borges (1899 – 1986) que a lectura é unha das formas de felicidade e dende as Bibliotecas Municipais da Coruña non podemos estar mais dacordo con tal afirmación.
A lectura permítenos viaxar a través do tempo, do espazo, de personaxes… e un club de lectura ofrécenos a posibilidade de compartir ideas, experiencias e opinións. Pero sobre todo… compartir unha paixón, a lectura!!
Este curso na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer un novo club de lectura de adultos en marcha, que se reunirá os mércores pola tarde en horario de 19.00 a 20.30.
Animámosvos a que vos anotedes e participedes!! E para ir abrindo boca… compartimos con vós unha marabillosa curtametraxe de animación que conta unha historia de amor polos libros e pola lectura: The fantastic flying of Mr. Morris Lessmore. Dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg, esta curta recibiu no ano 2011 o Óscar á mellor curtametraxe de animación.
Posted on 8 Outubro, 2014, in Club Ágora, Novas and tagged actividades adultos, bagora, biblioteca municipal agora, club de lectura agora mercores, club de lectura agora miercoles, inscricion clubs, inscripcion clubs. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0