Arquivo do blog
Libros en Directo: Alejandro Gándara
O ciclo Libros en Directo volta ó Centro Ágora cun novo encontro con autor logo da visita do recén nomeado Premio Nacional das Letras 2013, Luis Goytisolo o pasado mes de outubro. O escritor Alejandro Gándara será o invitado para a sesión do vindeiro xoves 28 de novembro ás 20:30.
Santanderino de nacemento, Gándara compaxina a sua faceta como escritor coa docencia. Fundou a Escola de Letras de Madrid en 1989 e foi columnista nos xornais El País, El Mundo y ABC. Na actualidade é profesor de Historia das Ideas na Facultad de Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid e é director académico da Escola Contemporánea de Humanidades.
Publica un blog literario en elmundo.es, chamado El Escorpión
Las puertas de la noche
Na súa visita á nosa cidade, o autor falará de Las puertas de la noche , a novela que acaba de publicar con Alfaguara. O libro é unha unha reflexión que xira en torno á morte, á memoria e á creación literaria. A obra obtivo, en muy pouco tempo, o recoñecemento da crítica
Sinopsis
Un escritor e profesor, cumpridos os cincuenta, enfróntase nun só ano á morte de varios seres queridos.
As palabras e os libros aos que dedicou a súa vida, serven agora de algo? Todo o que escribiu, aprendido e mesmo o que ensinou deberá poñelo urxentemente ao servizo dun único obxectivo: descubrir se existe consolo para a dor, a tristura e a morte.
No nacemos solos, no morimos solos, no nos consolamos solos
Obras de Alejandro Gándara en Bibliotecas Municipais A Coruña:
- Falso movimiento
- Nunca seré como te quiero
- Ciegas esperanzas
- Últimas noticias de nuestro mundo
- Un amor pequeño
- Falso movimiento
- Las primeras palabras de la creación
- El diablo apuesta a todo
- Las puertas de la noche
Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo









