Libros en Directo: Alejandro Gándara
O ciclo Libros en Directo volta ó Centro Ágora cun novo encontro con autor logo da visita do recén nomeado Premio Nacional das Letras 2013, Luis Goytisolo o pasado mes de outubro. O escritor Alejandro Gándara será o invitado para a sesión do vindeiro xoves 28 de novembro ás 20:30.
Santanderino de nacemento, Gándara compaxina a sua faceta como escritor coa docencia. Fundou a Escola de Letras de Madrid en 1989 e foi columnista nos xornais El País, El Mundo y ABC. Na actualidade é profesor de Historia das Ideas na Facultad de Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid e é director académico da Escola Contemporánea de Humanidades.
Publica un blog literario en elmundo.es, chamado El Escorpión
Las puertas de la noche
Na súa visita á nosa cidade, o autor falará de Las puertas de la noche , a novela que acaba de publicar con Alfaguara. O libro é unha unha reflexión que xira en torno á morte, á memoria e á creación literaria. A obra obtivo, en muy pouco tempo, o recoñecemento da crítica
Sinopsis
Un escritor e profesor, cumpridos os cincuenta, enfróntase nun só ano á morte de varios seres queridos.
As palabras e os libros aos que dedicou a súa vida, serven agora de algo? Todo o que escribiu, aprendido e mesmo o que ensinou deberá poñelo urxentemente ao servizo dun único obxectivo: descubrir se existe consolo para a dor, a tristura e a morte.
No nacemos solos, no morimos solos, no nos consolamos solos
Obras de Alejandro Gándara en Bibliotecas Municipais A Coruña:
- Falso movimiento
- Nunca seré como te quiero
- Ciegas esperanzas
- Últimas noticias de nuestro mundo
- Un amor pequeño
- Falso movimiento
- Las primeras palabras de la creación
- El diablo apuesta a todo
- Las puertas de la noche
Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo
Posted on 25 Novembro, 2013, in A biblioteca recomenda, Clubes de lectura, Escritores, Novas, Obras and tagged alejrandro gandara, centro agora, las puertas de la noche, libros en directo, novembro2013, noviembre2013. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0