Soldados de Salamina
O 30 de xaneiro de 1939, o escritor Rafael Sánchez Mazas, fundador e de Falange Española, amigo íntimo de Primo de Rivera, e mais tarde ministro sen carteira durante os primeiros gobernos de Franco, sobrevivía a un fusilamento colectivo no Santuario de Collell, onde fora conducido xunto a outros prisioneiros do exército republicano, días antes de que as tropas rebeldes culminaran a ocupación de Cataluña. Este relato, ou versións similares do mesmo, circulou en periódicos, entrevistas e memorias durante os primeiros anos do franquismo, e foi recollido nunha filmación que apareceu nun dos primeiros noticiarios de posguerra
Este episodio, real, será o punto de partida de Soldados de Salamina, unha obra na que conflúen con harmonía diferentes modalidades narrativas: biografía, historia, reportaxe, relato oral, autoficción, novela… todas elas perfectamente engarzadas de tal xeito que é difícil saber ás veces onde termina a realidade e comeza a ficción.
Na súa “vertente” máis real, Soldados de Salamina fálanos da biografía do escritor e fascista Rafael Sánchez Mazas, da súa obra literaria e do papel que desempeñou na fundación de Falange Española. E reflexiona sobre ós motivos que levan ós homes a violencia “o más exactamente de los motivos que indujeron a un puñado de hombres cultos y refinados que fundaron Falange a lanzar a su país a una orgía de sangre”.
Pero o episodio que mais interesa a Cercas é o momento no que, tras escapar do fusilamento, agochado entre matogueiras, é descuberto por un soldado republicano que lle perdoa a vida, permitíndolle fuxir. Sobrevivirá no bosque durante varios días, axudado por tres desertores do esborrallado exército republicano, á espera da chegada do exército vencedor. Este momento dará paso á parte mais ficticia da novela, a que presenta a outros personaxes nin vitoriosos nin afortunados, pero que constitúen os verdadeiros heroes, os verdadeiros “soldados de Salamina”: os tres amigos do bosque, e moi especialmente Antonio Miralles, representante de todos aqueles que padecen as guerras ideadas por outros e que ó final son capaces dunha actitude moito mais digna e humana.

Diego Luna, interpretando a Miralles, na película de David Trueba
Por outra banda, o aspecto quizais mais destacado da obra, o que a fai mais orixinal, é a forma en que está construída a narración, a estratexia utilizada para facela avanzar: dende o momento en que Sánchez Ferlosio, revela a Javier Cercas (ou un escritor que comparte con Javier Cercas nome e apelido) o relato do fusilamento do seu pai, este emprende unha trepidante investigación na busca do soldado que no Collell salvou a vida do falanxista, responsable a fin de contas de tantas mortes anónimas, para poder preguntarlle por qué o fixo. Esta investigación, que avanza entre cartas, chamadas telefónicas, entrevistas, consultas en arquivos… arrastra ó escritor dende a curiosidade ata a obsesión, duda e desesperación, para acabar concluíndo que a pregunta non ten resposta, quizás porque o verdadeiro heroe non teña interese en ser recoñecido como tal
Para mais información, podes consultar o dossier Soldados de Salamina ou descargalo en pdf
A túa opinión tamén conta, os nosos usuarios importan
A túa opinión conta…
Os usuarios das nosas Bibliotecas Municipais opinan e axúdannos a mercar libros.
Algúns dos nosos lectores fixeron uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos títulos nas nosas bibliotecas:
- Cuando llega la luz / Clara Sánchez. Destino, 2016
- Lo mejor de nuestras vidas / Lucía Galán Bertrand. Planeta, 2016
- Prométeme que serás delfín / Amelia Noguera. Suma, 2016
- Sin límites / Jussi Adler-Olsen. Maeva, 2016
- El grupo: 1964-1974 / Soledad Puértolas. Anagrama, 2016
- El libro de la espalda / Francisco Kovacs. Temas de Hoy, 2015
- La casa del reloj / Álvaro Pombo. Destino, 2016
- El amor en el jardín de las fieras / Juan Eslava Galán. Espasa, 2016
- El anarquista que se llamaba como yo / Pablo Martín Sánchez. Acantilado, 2012
- O inspector chumbo / Xosé Lois Ripalda. Ir Indo, 2015
- Jules / Didier van Cauwelaert. Alianza, 2016
- Los poderosos lo quieren todo / José María Guelbenzu. Siruela, 2016
- La tierra dormida / Joaquín M. Barrero. Ediciones B, 2015
- Falcó / Arturo Pérez-Reverte. Alfaguara, 2016
- Silber: el tercer libro de los sueños / Kerstin. B de Blok, 2016
Se queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra.

- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis, os usuarios recomendan…

A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
A Segunda Guerra Mundial na Biblioteca Ágora
A Segunda Guerra Mundial foi o maior conflito bélico da historia. Con mais de sesenta millóns de mortos, estivo marcada por feitos de enorme transcendencia, que incluíron o Holocausto (Shoah en hebreo) e a utilización por primeira vez na historia de armas nucleares.
Esta inmensa traxedia deixou unha fonda pegada no mundo da cultura. A bibliografía sobre o tema é inabarcable e non deixa de medrar: libros de historia, películas, obras literarias… saen constantemente ó mercado para tratar de entender este episodio tan terrible da historia da humanidade.

Na Biblioteca Ágora, dende febreiro ata maio, no espazo Os mellores de … poderedes atopar unha selección de mais de 130 documentos dispoñibles nas nosas bibliotecas que dende diferentes puntos de vista abordan o conflito
Estudos históricos: transcorridos máis de 70 anos dende o fin da guerra, esta continúa a ser obxecto da mirada dos historiadores, que abordan o tema dende novos puntos de vista, do cotiá, do día a día, ou ofrecen novas interpretacións de conxunto baseadas nas fontes documentais, agora accesibles, dos países do leste.
Testemuños das vítimas, que moitas veces en forma de diario deixaron por escrito os terribles acontecementos que truncaron as súas vidas, trasladándonos os seu medos, penurias, e tamén as súas ilusións e esperanzas. Todos eles son unha fonte imprescindible para coñecer o tema e achegarse a el dende o punto de vista das vítimas.
Narrativa: A transcendencia do conflito converteuno nun tema literario de primeira orde, ó que recorrerán unha e outra vez escritores de todo o mundo. Relatos sobre o derrubamento da orde social europea e o ascenso dun novo poder que acabará levando a Europa e a todo o mundo ó maior dos conflitos da historia. Historias sobre o holocausto, inquietantes, aterradores, que nos achegan ás zonas mais escuras da alma humana. Sempre flotando no aire a pregunta sen resposta de Como foi posible que sucedese todo isto? Nestes últimos anos, o nazismo e a Alemaña nazi convértense tamén no marco de novelas de intriga e aventura que, sen afondar nas razóns do conflito, veñen a confirmar o profunda pegada que estas páxinas da nosa historia deixaron na cultura occidental.
Documentais: As melloras técnicas no mundo do cine, o interese dos exércitos con fins propagandísticos ou doutras persoas por deixar testemuña do horror, permitiron dispor de multitude de imaxes orixinais da que foi a primeira guerra documentada en imaxes. O documental ofrécenos unha crónica dos acontecementos, pero tamén aporta unha análise que nos permite comprender eses feitos mellor e, especialmente, vivilos dun xeito máis real, case a través dos ollos dos protagonistas, nun formato entretido e fácil de seguir.
Cine: Poucos eventos históricos teñen sido tratados con tanta frecuencia e con tanta calidade polo cinema. Dende as primeiras películas, realizadas en plena guerra, cunha forte carga propagandística, ata o presente, foron moitos os grandes directores que dende os máis variados puntos de vista nos deixáron a súa visión do conflito. Películas sobre o Holocausto, as grandes batallas, submarinos, a vida na retagarda, espías, as orixes… Nesta mostra e guía, tés unha escolma do que podes atopar nunha biblioteca
Cómic: Un fito importante na historia do cómic foi a publicación de Maus. Por primeira vez se aborda nun medio popular o tema mais solemne que deixou o século XX: a Segunda Guerra Mundial. Algo estaba cambiando na consideración desta forma de escritura, e moitos outros autores están aí para aproveitalo. Nós ofrecémosche algúns exemplos
E por úlitimo, conscientes da enorme atracción que este capítulo tan gris da historia exerce sobre a público xuvenil, seleccionamos tamén algúns títulos especialmente recomendados para estes lectores. Algúns deles, protagonizados por rapaces ou rapazas ós que lle tocou vivir este tráxico momento, e que se converteron có paso do tempo en auténticos clásicos do xénero.
Na guía de lectura que aquí te presentamos, podes atopar unha selección dalgúns dos títulos mais significativos desta mostra
Guía de Lectura da Segunda Guerra Mundial
Aquí podes desargar a Guía en pdf
E se queres saber mais sobre a guerra e a Shoah, podes consultar as seguintes páxinas webs que ofrecen unha información detallada e contrastada:
Memorial de la Shoah = Muséee, Centre de Documentation Juive Contemporaine
United States Holocaust Memorial Museum = Museo Nacional de la Memoria del Holocausto de Estados Unidos.
Yad Vashem: Centro Mundial de Conmemoriación de la Shoa: Museo do Holocausto en Israel.
USC Shoah foundation (University of Southern California Shoah Foundation)
Museo de Ana Frank = Museo de Ana Frank (Amsterdam).
Xa sabes!! Achégate a Biblioteca Ágora, de febreiro a maio, para levar en préstamo os libros da Mostra sobre a Segunda Guerra Mundial. E non deixes de consultar a nosa Guía de Lectura na que están representados os títulos mais representativos desta mostra.
Os nosos lectores opinan
A túa opinión conta….
Algúns dos lectores das nosas Bibliotecas Municipais fixeron uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos títulos nas nosas bibliotecas:
- Enderezo descoñecido / Kressmann Taylor, Xerais 2002
- La estación de las flores en llamas / Sarah Lark, Ediciones B, 2015
- Juan Plata. El misterio de los piratas / J. L. Badal. La Galera, 2014
- El libro de los rostros / Ana Alonso, Javier Pelegrín. SM, 2016
- Canción de cuna de Auschwitz / Mario Escobar. HarperCollins Ibérica, 2016
- Días de perros / Gilles Legardinier. Planeta, 2015
- Plantando semillas. La práctica del mindfulness con niños / Thich Nhat Hanh y la comunidad de Plum Village. Kairós, 2015
- 23 maestros, de corazón un salto cuántico en la enseñanza / Carlos González Pérez. Desclée de Brouwer, 2013
- El mirofajo o las reglas del juego / Manuel García Rubio. Los libros del lince, 2016
- Un equipo para siempre. Los pirañas del fútbol 5 / Adela Pérez LLadó. Destino, 2015
- Mafia – Alessandra Neymar. 2016
- Un hombre – Oriana Fallaci. Backlist, 2011
- Matar no es fácil / José Antonio Vázquez Taín. Espasa, 2015
- Viaje en el tiempo 7 / Gerónimo Stilton. Destino, 2016
- Incendios / Richard Ford. Anagrama, 2015
Queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos aos fondos das nosas bibliotecas?Anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
É recomendable, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un
formulario de petición de compra - Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruñacubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis,
os usuarios recomendan…
A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
LA LECCIÓN DE ANATOMÍA
Tardé mucho en aprender a atarme los cordones de los zapatos. Por eso, siempre fui una alumna atenta en clase, consciente de mis limitaciones con la matemáticas y de mi falta de habilidad con la costura.
La novela que tenemos entre manos tuvo una primera versión en 2008. Había tenido aquella una buena acogida pero la autora parece ser que no estaba del todo satisfecha con el resultado y decidió editar una segunda parte. No es una reeedición, es mucho más y parece que definitivo.
¿Y que nos cuenta que no hubiese hecho entonces?. Lo que hace es revisar lo ya escrito, ampliar la historia con dos nuevos capítulos y recolocar mejor parte de la narración.
Todo está basado en las propias vivencias de la protagonista/autora. Marta, es ella y el personaje quienes narran dichas vivencias. A traves de lo escrito sabemos como fueron las distintas etapas de su vida, infancia, adolescencia, juventud y madurez. No escatima palabras para describirnos sus recuerdos y hacernos conocer sus íntimos secretos. Como fueron las personas que más influyeron en su formación, -su madre, a la que dedica la novela, su abuela Juanita, su tia Maribel… -. Nos las describe, nos hace ver sus acuerdos y desacuerdos, lo que para ella parecían aptitudes positivas o defectuosas. Lo hace siempre desde el cariño y salpicando las narraciones con humor e ironía, lo que ayuda a que la lectura nos resulte agradable. Sobre la ironía resaltar sus primeros pasos como profesora de español para extranjeros con su alumno, en clases one to one, Mr. Jonathan Cohen, un Corredor de Bolsa británico.
Estructura su obra en tres partes, precedidas de un breve pero significativo capítulo titulado “Aprender a leer el reloj”. La primera, “Vallar el jardín”, recuerda su infancia, la de la pequeña Marta. De como pronto aprende que tiene deberes pero también derechos. Que va al colegio, que se siente maltratada por parte de una de sus profesoras, doña Carmen, al tiempo que fue quien “me ayudó a bajar del guindo y me robó la ingenuidad”. Es un tiempo en el que tomará una importantísima decisión, “ella no será madre”.
Son veranos con cine al aire libre, acompañada de su tia Maribel. Con amigas que serán para siempre y momentos para olvidar. Lo normal; pero que ella positiviza y serán la base de su futuro.
En la segunda de las partes “Los gusanos de seda” aborda su adolescencia. Octavo de EGB. Amores más o menos explícitos, motes sobre su figura o algún rasgo que la define. Una época de sueños y ambiciones que van dando paso a la realidad de lo que es la vida en sí.
Y esa vida se describe en la tercera de las partes, “Desnudo”. Detalla como fue su juventud y edad adulta hasta el presente.
La lección de anatomía puede decirse que es una singular novela de aprendizaje. “A los niños hay que pasearlos por la casa diciéndoles que son príncipes. Después ellos solos se convencen de que no y, al salir al exterior, tienen la oportunidad de ser modestos, de darse cuenta de que la vida es ir perdiendo poco a poco – se van gastando las monedas, las fuerzas y la salud – y de que ganar a cualquier precio no sirve de nada, aunque siempre es necesario conservar esas ilusiones que llegan a destiempo o no llegan”
Al final del libro nuestra escritora manifiesta “El ser humano es su máscara. Ya he mostrado mi máscara”. ¿Es real todo lo que nos cuenta o es solo su máscará?. Da igual. La narración es muy buena, se lee con agrado, no hay autocomplacencia. Es un juego de realidad y ficción. Un juego muy serio que en feliz expresión de Mario Vargas Llosa, es “la verdad de las mentiras”.
Puede sorprender que una persona de la edad de la autora decida publicar un libro basado en su biografía. No parece que su vida sea tan interesante que dé para un relato de ese tipo. No es cierto. Lo cotidiano, lo sencillo puede convertirse en una aventura existencial. Es lo que sucede en esta obra en la que muchos nos podemos ver retratados. En la narración hay momentos que nos acercan a cosas que cada uno de nosotros ha podido vivir. Es su habilidad para contarlo lo que hace que esos momentos, anodinos para la mayoría, cobren un especial sentido si los enmarcamos en el relato vital de una existencia.

Marta Sanz, nace en Madrid en 1967. Es Doctora en Literatura Contemporánea por la Universidad Complutense de Madrid, su tesis se trató sobre La poesía españóla durante la transición (1975-1986). La carrera literaria de Marta Sanz comenzó cuando se matriculó en un taller de escritura de la Escuela de Letras de Madrid y conoció al editor Constantino Bértolo, quien publicó sus primeras novelas en la Editorial Debate. Quedó finalista del Premio Nadal en 2006 con su novela Susana y los viejos. En su obra La lección de anatomía (RBA 2008) utilizó su propia biografía como material literario. Dentro del genero de la novela negra, en Black, blac, black (Anagrama, 2010) creó el personaje del detective homosexual Arturo Zarco, que recupero en Un buen detective no se casa jamás (Anagrama 2012). En 2013 publicó Daniela Astor y la caja negra (Anagrama,2013), donde recrea el mundo de la cultura popular y las actrices de la Transición española como Susana Estrada, María José Cantudo o Amparo Muñoz. Tras su publicación, esta novel recibió distintos premios (el premio Tigre Juan, el Premio Cálamo “Otra mirada” 2013 y el de la página de crítica literaria Estado Crítico).
Ha publicado también cuentos, poesía y ensayos; ha ejercido la crítica literaria en distintos medios, la docencia en la Universidad Antonio de Nebrija de Madrid y ha dirigido la revista literaria Ni hablar. Colabora habitualmente en los periódicos El País y en Público y con la revista El Cultural de El Mundo.




















“No imagino que los anales de la Historia hayan aportado un ejemplo de filantropía tan noble y tan extenso como este” (
…. la locura era una forma agradable de construirse universos propios cuando no nos gustaba el que teníamos alrededor, y era este un pensamiento acertado, porque era lo que de igual manera le ocurría a mi hermana Lucía, …. (117).
1934 – Levantamiento minero en Asturias.











