Category Archives: Xeral
“Moitas culturas, unha historia”
En ‘ElClú’ ¡estamos que non paramos!. Despois de ler, comentar, reflexionar, investigar e descubrir os misterios de “Odio el rosa”, nos embarcamos nunha nova aventura, un tanto diferente do que estabamos a facer ata o momento.
E é que dende os altos mandos da BIX se nos encargou a tarefa de ser os “mestres de cerimonia” na celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que, como cada ano, se conmemora o vindeiro 2 de abril, pois a Biblioteca Infantil e Xuvenil está adherida a esta celebración da OEPLI.
Para isto traballamos arreo, preparando todo o necesario para tan importante acontecemento. Foi o que se di ‘un traballo en equipo’. Buscamos información sobre as entidades patrocinadoras, sobre a escritora e a ilustradora ás que este ano se lles encomendou a elaboración do manifesto e do cartel conmemorativo, as compañeiras bibliotecarias encargáronse de seleccionar material para elaborar unha mostra bibliográfica con algúns dos títulos mais representativos da literatura infantil e xuvenil (bautizárona co alcume de “Os magníficos da BIX”) … en fin, que non paramos nadiña.
Ademais, a rapazada de ElClú colaborou activamente na elaboración do photocall que empregamos para participar no concurso “Nos lemos, e ti?” organizado por GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), sección galega da OEPLI (Organización Española Para o Libro Infantil e Xuvenil).
Para participar neste concurso era preciso facerse un selfie cun libro, preferentemente escrito en galego, ter ata 14 anos, e explicar brevemente o motivo polo que ese libro era importante para ti. Se queredes ver os selfies que nos fixemos, aquí vos deixamos unha mostra.
Xa que o día 2 de abril a biblioteca permanece pechada ao público (xoves de Semana Santa) trasladamos o día do evento para o 26 de marzo, coincidindo cunha sesión de ElClú.
A misión dos clubeiros consistiu, ese día, en convocar aos usuarios da biblioteca presentes nese momento para a escoita do manifesto elaborado por Marwa Al Aqroubi, realizar a lectura do mesmo, e invitalos a formar parte da galería de selfies do noso photocall , así como descubrirlles os libros da selección realizada polas compañeiras da biblioteca.
Como experiencia foi moi enriquecedora. Coñecemos novos escritores e ilustradores doutros paises (cada ano a OEPLI adica este día a un pais, no 2015 son os Emiratos Árabes), soubemos un pouco mais sobre o porqué dun día tan sinalado, tamén nos mergullamos na mostra da literatura infantil e xuvenil, e todo isto aderezado con momentos de bo humor, compañerismo, creatividade… Vamos, que disfrutamos coma pequechos.
Agora só queda desexar moita sorte aos participantes, e esperamos ter que anunciarvos que algún dos selfies das Bibliotecas Municipais da Coruña foi o gañador do superpremio que ofrece a Galix, que non podía ser outro que ¡MOITA LECTURA!, un fantástico lote de libros.
Dende a BIX e todos os clubeiros vos desexamos:
Feliz Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015, e felices lecturas vacacionais!
El cielo es azul, la tierra blanca: una historia de amor de Hiromi Kawakami
“El cielo es azul, la tierra blanca se presenta como uno de aquellos haikús a los que Basho impregnaba de naturaleza y budismo zen. Más que una lectura compulsiva, exige la serenidad de quien se inicia en un manjar distinto y exquisito.”
Leah Bonnín, Letras Libres
Con la delicada y conmovedora novela de Hiromi Kawakami empezamos en el Club de lectura Ágora un ciclo dedicado a la literatura japonesa, que contará también con Kenzaburo Oé, el cómic de Jiro Taniguchi y Natsume Soseki.
La obra
La soledad une a Tsukiko, una mujer joven y a su viejo profesor. El encuentro no puede ser más casual, en una taberna a la que los dos acuden asiduamenente. Desde ese momento entablarán una peculiar relación a través de la que iremos conociendo pinceladas de sus vidas, sus sentimientos y sus anhelos.
El amor, la pérdida, el paso del tiempo, el significado de la vida… y sobre todo la soledad son temas de los que trata la novela a través esta pareja.
La escritora Hiromi Kawakami nació el 1 de abril del año 1958 en Tokio. Estudió biología en la universidad Ochanomizu y trabajó como profesora de instituto.
Es una de las escritoras japonesas más leídas y sus libros han recibido los más reputados premios literarios.
Debutó como escritora en los años 90 al ver publicado Kamisama (1994), un relato que le valió el Premio Pascal al Relato Corto. Poco después logró el Premio Akutagawa por Hebi Wo Fumu, y en el 2000 obtuvo el Premio Ito Sei y el Woman Writer’s
por Oboreru. Por la novela El Cielo Es Azul, La Tierra Blanca recibió el prestigioso Premio Tanizaki.
La prosa de Kawakami explora con sutileza, ternura y profundidad en el Japón actual las vidas personales y sentimentales de personajes en reflexión, encuentro o búsqueda
Esta historia de amor atípica fue adaptada la cómic de forma magistral por Jiro Taniguchi bajo el título Los años dulces.
Su delicado y detallado dibujo, hace que saboreemos la comida y que disfrutemos de maravillosos paisajes, además de reflejar a la perfección el ritmo reposado de la relación entre un maduro profesor y su alumna. Gesto, miradas…
Os dejo con el dossier que entregamos en la sesión por si queréis conocer más datos sobre la novela , su adaptación al cómic y otros libros de la autora en las Bibliotecas Municipales.
“El cielo es azul, la tierra blanca es una de las historias de amor más bellas que he leído
en mi vida. No me refiero a uno de esos amores cursis y pretenciosos que proliferan
tanto en cierto tipo de libros, sino a algo mucho más profundo y real, la lenta y sólida
relación de dos seres solitarios, necesitados el uno del otro, capaces de encontrar la
ternura y de compartirla con el amado en medio de los más pequeños gestos cotidianos,
comer, beber, dar un paseo, sentarse junto a una ventana en la oscuridad… Y narrado
de una manera tan delicada, tan justa, que parece un pedazo de vida real –quizá lo sea–
pintado en un lienzo y ofrecido a nuestros ojos para ayudarnos a ser más sabios. Léanlo
y disfruten”.Ángeles Caso, La Vanguardia
Literatura transmedia
“Odio el rosa” es el título del libro con el que hemos comenzado el año en ElClú. Se trata de una obra de literatura transmedia ¿literatura quéeeeee?
Para aclarar conceptos Rodrigo Mesonero, profesor de la UEM y guionista nos lo explica en el siguiente vídeo:
“Odio el rosa” se desarrolla en un futuro distópico no muy lejano (2055) donde la imagen es lo más valioso y la sociedad se encuentra organizada y dirigida por el imperio de las grandes marcas. La historia la cuentan Sara y Dani en dos libros diferentes. Esta obra es el resultado del trabajo conjunto de Ana Alonso y Javier Pelegrín.
Esta historia transcurre de forma paralela, lo que nos permite leer ambos libros por separado, uno sólo, o ambos de forma conjunta. Además, la editorial Oxford University Press ha elaborado un soporte digital www.odioelrosa.com que nos permite complementar y ampliar la historia.
En ElClú estamos ya disfrutando con esta obra, investigando sobre la influencia de la publicidad y los medios de comunicación y tratando de encontrar las respuestas a los enigmas. Para ello lo primero que hemos hecho ha sido descubrir cual era la ‘madriguera de conejo‘ de esta obra transmedia.

Investigando en la página http://www.odioelrosa.com
Si quieres unirte a ElClú, aún estás a tiempo, sólo tienes que pasarte por la Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga y te informamos. Te estamos esperando!!!!
Si quieres descubrir esta y otras obras de literatura transmedia, puedes consultar nuestro catálogo web o acercarte a cualquiera de las Bibliotecas Municipales de A Coruña.
O CLXQ+ e Julie Maroh.
El azul es un color cálido, de Julie Maroh, é unha obra que xa foi empregada no CLC (Club de lectura de cómic) das Bibliotecas Municipais para a sesión especial de As Municipais Entenden do pasado 2014 e que tamén foi reseñada no blog de cómic das Municpais (Fancomic).
Pouco se pode engadir ás mencións que xa fixeron xs compañeirxs sobre a obra, pero desta vez tratábase de poñer a lectura nos ollos, mans e voces dun público diferente, nin especialista en cómics, nin lectorxs da literatura canónica universal, e cun trasfondo tamén diferente aproveitando que a súa, é unha idade na que as transformacións e o tránsito é continuo, unha idade sen identidade, ou unha idade de identidades múltiples ás veces fluidas, ás veces interrumpidas por fragmentos do autocoñecemento que non chegan a ser entendidos por completo de primeiras.
Son eses os motivos que nos levaron a acompañarnos da obra da xoven Julie Maroh. Esta autora escribiu unha marea viva de
sentimentos enfrentados, que non deixan indiferente a ninguén e tampouco deixaron indiferentes ás asistentes á sesión do CLXQ+, que decidiron facer súas as voces dxs protagonistas da obra de Maroh e dramatizar coma se dun ensaio xeral para un book trailer se tratara, as partes que consideraban chave da historia.
Traballar o tema da homosexualidade é tarefa de todos nun contexto público e aberto á participación de quen é máis vulnerable á hora de sufrir bullying nos centros educativos ou reproducir comportamentos aprendidos que discriminan, firen e, en definitiva, supoñen ataques á liberdade persoal e ao libre desenvolvemento da persoa. Por todo eso, e empregando a figura de Julie Maroh – implicada no activismo LGTBq como autora lesbiana visible – na seguinte sesión falaremos das percepcións sobre a realidade que nos rodea e a tolerancia que percibimos ás diferentes formas de amar. Incluíndo una pequeña xoia en formato video destas artistas da interpretación…E faremos de cada cor, unha cor cálida.
Queredes ser parte de todo este proceso lector, analizador e crativo? Pois lembrade que admitimos aínda a todxs xs que queirades participar, só tedes que cumplimentar o formulario no noso blog premendo aquí e seredes parte dun proxecto que non só se reduce a ler, mais a crecer por dentro e por fora. Ambicioso? Sí. Imposible? Nunca!
Salud!
Arrinca Dáte ao lote! na Biblioteca Ágora
Non vos ten pasado iso de estar vendo unha película, ou lendo un libro, ou escoitando un disco, e vírsevos á cabeza algún outro lido, visto, escoitado … noutro momento, ao que por algún motivo vos lembra? Ou de estardes a gozar cun libro no que se fala doutro e entrarvos entón gañas de buscalo e lelo tamén? Ou de darvos conta das similitudes que somos quen de percibir entre un filme e un libro de diferentes épocas e contextos? Ese tipo de relacións subxectivas e que cadaquén de nós realiza en función do seu fondo de experiencias é do que parte a iniciativa Dáte ao lote! da Biblioteca Ágora, coa idea de ofrecer ás nosas usuarias e usuarios a posibilidade de descubrir -e contrastar – os vínculos que se poden dar entre moitos dos materiais ben diferentes que temos no noso espazo.
Poñamos uns exemplos, para acabar de nos explicar mellor: a quen coñece o mito da caverna de Platón, non lle resulta familiar a trama de Matrix ou La sociedad del espectáculo de Debord? Quen goste dos cómics de Saga non revive doutra forma a historia de amor de Romeo e Xulieta? Quen veu a película Al otro lado, de Fatih Akin, non lle voltará á cabeza de se achegar a En vías de extinción ou a Dende o conflito, de María Reimóndez? Quen gostou de La gran belleza de Sorrentino non atopará semellanzas co clásico O Gatopardo, de Lampedusa, e coa Dolce Vita de Fellini? Quen ve Manderlay de Lars Von Trier non pensa nas consecuencias da dominación que se poden ler nas novelas de Chinua Achebe ou no auto-odio lingüístico de grande parte da nosa propia poboación? Non é doado sentir apetite por El cuaderno gris de Josep Pla ou polos Ensayos completos de Montaigne despois de ler Iñaki Uriarte? Non é sinxelo decatarse de que a rabia á América branca e racista do Boris Vian do Cuspirei sobre as vosas tumbas é moi semellante á dun certo rap -do que Public Enemy foron mostra inmellorada- que debuxou a diana dos seus versos sobre os mesmos obxectivos wasp?
Pois sobre este tipo de relacións é que se conformaron os primeiros 26 lotes cos que arrinca o programa Dáte ao lote! da Biblioteca Ágora. Para explicarvos de maneira moi sintética e sinxela os contidos e o funcionamento dos mesmos, vai un breve FAQ con todo o que tedes que saber.
Que é Dáte ao lote?
Unha proposta da Biblioteca Ágora coa que podedes levar en préstamo lotes de materiais relacionados entre si.
Que leva cada lote?
Depende. Unha novela, una película e un cd. Un libro de ensaio, un cómic e un libro de poemas. Dous filmes e unha novela gráfica… As opcións son moitas e cada lote é diferente. Pero en todos eles hai sempre 3 documentos, gardados nunha mochila ben bonita co logotipo do programa.
Como creamos cada lote?
Os materiais de cada lote están relacionados entre si polo tema, pola forma de transladarnos unha idea, polo enfoque co que abordan unha mesma cuestión, …
Como se fai e canto dura o préstamo?
O préstamo de cada lote faise na nosa Biblioteca, aínda que tamén podes pedir o lote que che interese desde calquera outra das da rede municipal e mandámoscho a ela, se che resulta máis cómodo. A duración do préstamo é dun mes. E finalmente podes ver o contido de cada lote ao remate deste mesmo post.
Cóntanos que che parece…
Con cada lote vai unha enquisa de valoración, para sabermos a túa opinión e atendermos as túas propostas de mellora, e tamén un dossier con materiais complementares, para enriquecer a túa lectura.
Proba, e dáte ao lote!
Temos 26 lotes á túa disposición, todos eles ben interesantes e suxestivos.
Agardamos que esta iniciativa que poñemos en marcha, e destinada ao público adulto, vos resulte de interese. Con ela son xa tres as posibilidades de préstamo en lote que temos na Biblioteca Ágora, en tanto a proposta Dáte ao lote! vén sumarse ao préstamo dos BBlotes e ao préstamo dos lotes de recursos de lectura, ambos vinculados co programa BBteca.
Queremos rematar este post dándovos a posibilidade de que coñezades directamente os contidos desta nova iniciativa. Botádelles un ollo e vinde pola nosa Biblioteca a por eles, estaremos encantad@s de atendervos!
“Al mal tiempo, mejor cara” de Barbara Constantine
El próximo lunes 12 de enero, tras el paréntesis de la Navidad, comenzaremos en el Club de la Biblioteca Sagrada Familia, la lectura de la novela de Barbara Constantine “Al mal tiempo, mejor cara” publicado por Seix Barral en el año 2013, en Francia fue novela revelación 2012, con el título original “Et puis, Paulette“
Tengo que reconocer que hay algo en lo que son especialistas los franceses: crear historias inolvidables. Ya sea en el cine o en la literatura, cuentan las historias con una sensibilidad especial y con un sentido del humor muy sutil (una mezcla con el humor negro inglés), que llegan al espectador/lector dejando una huella duradera. Ejemplos de ello: películas como Intocable; Tres solteros y un biberón; Adiós, muchachos; De óxido y hueso; Los cuatrocientos golpes; Tres colores: Azul, Rojo, Blanco; Amelie….
Novelas como: El principito; El amante; Las flores del mal; La filosofía en el tocador; Buenos días, tristeza; Rojo y negro; El extanjero…
En esta ocasión se trata de una novela sencilla, ambientada en la campiña francesa, pero con un abanico de personajes muy bien dibujados. Personajes todos ellos que arrastran un pequeño drama en su vida particular, pero que a diferencia de otros libros de profundidad más dramática, Barbara Constantine apuesta por transformar sus bagajes emocionales con ternura y sentido del humor.
Es una historia sin grandes dotes literarias pero cargada de la simplicidad de las historias cotidianas que, sin misterios por resolver ni intrigas que desentrañar, se adentra en el complejo mundo de las relaciones humanas entre diferentes generaciones.
Acostumbrados como estamos a estar rodeados de noticias inquietantes y desalentadoras es un soplo de aire fresco encontrarse con una lectura esperanzadora que retoma los valores esenciales de la familia, la amistad, la solidaridad y la ayuda mutua.
La soledad es un sentimiento existencial que nos acompaña a lo largo de la vida y que todos hemos experimentado en algun momento. A veces se manifiesta como un estado indeseable, pero también puede ser un experiencia vivida como elección, con plenitud y complaciencia.
Ferdinand y Marceline son vecinos, viven solos y muchas veces se sienten solos (experimentando una soledad impuesta y no elegida) porque apenas reciben visitas. Ferdinand las pocas veces que se acercan sus nietos y Marceline… prefiero no adelantar acontecimientos.
Ferdinand, que se había encerrado en su mundo y no quería tener relación alguna para evitar sufrimientos, de pronto siente punzadas de remordimiento al ver que su vecina está sola y necesita ayuda: un día el techo de la casa de Marceline se viene abajo y él la acoge en su granja. Una vez ha dado el primer paso ya no puede parar, va ofreciendo su hogar y su amistad a todas aquellas personas que están en situaciones de soledad y desamparo, y así la granja se va transformando en una gran casa llena de ternura y jovialidad.
Poco a poco la casa se va llenando de gente: un amigo que ha quedado viudo, dos hermanas a quien su sobrino ha echado de casa y una joven estudiante de enfermería, Muriel, que con su frescura, vitalidad y juventud dará un nuevo soplo de vida a este grupo de ancianos que vuelven a sentirse más necesarios, más alegres y vitales, en definitiva, más felices.
Novela revelación de 2012 en Francia, Al mal tiempo, mejor cara nos hace ver cómo nos necesitamos mutuamente y más con la edad. Es un canto a la solidaridad y a la filosofía del compartir, a lo gratificantes y ricas que son las relaciones intergeneracionales en cualquier etapa de nuestras vidas por su importancia en el desarrollo personal, social y afectivo no sólo de los ancianos sino de los jóvenes, adolescentes y niños que participan en ellas.
Niños, jóvenes, ancianos, relaciones intergeneracionales y vida en el campo son los ingredientes que Constantine mezcla en sus novelas para elaborar historias que hablan de problemas graves, pero siempre con una buena dosis de humor.
Las relaciones entre generaciones son solidarias, proporcionan ayuda en ciertos momentos vitales. Si se reconoce la necesidad de compensación entre generaciones y se educa a los jóvenes para practicarlas se fomenta la integración entre las diferentes edades y la reducción del conflicto social. La solidaridad, el optimismo, la necesidad de compañía, etc. Estos son los verdaderos protagonistas de este precioso libro.
La autora
Barbara Constantine (Niza, 1955) es hija del mítico cantante y actor estadounidense, pero que desarrolló su carrera en Francia, Eddy Constantine . Hija también de Helene Mussel, bailarina estrella del Ballet de Montecarlo. Con raíces familiares en Biarritz, donde pasa largas temporadas, ha trabajado en el mundo del cine como script en diversos rodajes y ha publicado cuatro novelas. Vive entre Le Berry, por amor al campo; Biarritz, por motivos familiares, y París.
Escritora tardía debuta en la literatura en 2007, siendo ya abuela, con Allumer le chat (2007) después de haber construido su carrera profesional en la danza, primero, y luego en el cine, donde ejerció durante “casi cuarenta años” como ayudante de dirección de realizadores tan conocidos como Robert Altman, Cédric Klapish, Olivier Assayas, Raúl Ruiz o Michel Piccoli, entre otros.
Otro libro que me gustaría destacar de esta escritora es “Tom, pequeño Tom, hombrecito Tom” (2009; Seix Barral, 2011), libro catalogado para un público juvenil pero no por ello carente de interés para el adulto: narra la historia de un niño que parece un adulto y una madre que parece una adolescente.
Con este libro ganó el Premio Charles Exbrayat en 2010.
Comprende y le interesa el movimiento ya global de ‘Los indignados‘ “horrorizada” se dice Constantine por el maltrato de la sociedad actual hacia las personas mayores, los niños y los jóvenes, por eso comprende y le interesa el movimiento de los indignados.
Recordad que en las Bibliotecas Municipales de A Coruña podéis encontrar estas dos obras de Barbara Constantine hasta ahora traducidas al castellano.
Consulta su disponibilidad en nuestro catálogo y feliz lectura!!!
Si os apetece podéis dejar algun comentario sobre lo que vamos leyendo!!!
As mellores aventuras ocorren…
Non podíamos deixar marchar o ano, sen contarvos que andabamos a facer estas semanas, ¿pensabades que a rapazada de ElClú estaba a descansar da lectura? Nada mais lonxe da realidade, estivemos ben atarefados cun libro de aventuras “A illa de todas as illas” dos autores Xabier P. Docampo e Xosé Cobas, escritor e ilustrador respectivamente.
Como podedes ver no booktrailer, a historia transcorre nunha illa na que 3 nenos se adentran. Os pobriños pérdense no medio dun neboeiro e a partir de ahí comezan a acontecer situacións extrañas protagonizadas polos persoaxes dalgunhas obras clásicas da literatura relacionadas con illas.
Foi por iso, que cando repartimos os exemplares do libro, para sorpresa dos nosos “clubeiros” había un paquetiño a maiores, ¿lembrades?. Pois cada un dos rapaces levou un título diferente destas obras.
O principio, costounos recoñecer situacións e lugares, máis ben poderiamos dicir que mais que recoñecer, DESCUBRIMOS da man dos autores, personaxes clásicas como por exemplo: Jon Silver, Capitán Nemo, Robinson Crusoe, Karana…. Este descubrimento viuse afianzado pola visita, recibida na Biblioteca por parte de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.
A verdade é que pasamos unha tarde do mais entretida con estes dous autores que nos falaron da obra “A illa de todas as illas”, de como se xestou, como traballaron codo a codo, como imaxinaron xuntos para que o final xurdira esta historia ante nós.
A teima de Xabier e Xosé foi precisamente a de proporcionar aos rapaces e rapazas lectores a posibilidade de descubrir todo un imaxinario clásico. ¿Por qué o tema central elexido foi unha illa? Porque en palabras de Xabier P.Docampo:
“as melloras aventuras ocorren no mar”
Agora, toca desfrutar duns días de descanso, de enchentas, agasallos, reencontros, festas e demais historias típicas destas datas.
Dende “ElClú” recomendámosvos unhas lecturas para estes días, para ler pola noite, moi tarde ou pola mañá quentiños na cama.
As nosas recomendaciós son as seguintes:
- A illa de todas as illas. Xabier P. Docampo
- Brujarella. Iban Barrenetxea
- No hace mucho tiempo. Jimmy Liao
- Quedaos en la trinchera y luego corred. Jhon Boyne
- PLneta Extremo. Lonely Planet
- Las brujas. Roal Dhal
E antes de despedirnos, desexarvos Boas Festas e lembrade que no vinveiro ano “ElClú” retoma a actividade, nos vos esquezades, comezamos o xoves 15 de xaneiro as 18:30 horas na Biblioteca Infantil e Xuvenil.
O Club de Lectura Xuvenil Quérote+ quece motores…
Lembrades o #CLXQ+ –Club de Lectura Xuvenil Quérote+ ? Pois ben, mañá día 18 comezamos co reparto do primeiro
libro para a sesión do día 8 de Xaneiro, trátase de Kitchen, de Banana Yoshimoto, unha historia de soidades colectivas e encontros por azar entre personaxes coma nós, ás veces máis contentos, ás veces menos, pero sempre dispostxs a apostar polas cousas que merecen a pena ser vividas. Xa o temos esperando na estantería a que veñades recollelo a partir de mañá xoves.
Se aínda non vos apuntastes, todavía estades a tempo, quedan plazas e estamos agardando pola vosa presencia. Para facelo, só tedes que cubrir o formulario ao que chegaredes facendo clic aquí.
Se tedes entre 14 e 18 anos, achegádevos polo Club e compartide as vosas voces con nós!
A opinión dos lectores conta
Nas nosas Biblioteca Municipais a túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas Biblioteca Municipal Os Rosales, Monte Alto, Sagrada Familia, Ágora, Forum Metropolitano, Castrillón, que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
- A rateira / Agatha Christie
- Abajo el régime/ Pablo Iglesias
- Al infierno se llega deprisa / José Antonio Vázquez
- Annual: un cementerio sin tumbas / Luis Miguel Guerra
- Apocalipsex : los 10 mandamientos de la seducción / Mario Luna
- Así empieza lo malo / Javier Marías
- Ciudad del fuego celestial (Cazadores de sombras 6) / Cassandra Clare
- Crónicas del cáncer : desentrañando el misterio mas profundo de la medicina / George Johnson
- Destino / Alyson Noel
- Diario de Greg : mala suerte / Jeff Kinney
- El Conde Lucanor / Don Juan Manuel
- El mundo que viene : descubre por qué las próximas décadas serán las más apasionantes de la Historia de la Humanidad / Juan Martínez-Barea
- El último muerto / Fernando Lalana
- Medicamentos que matan y crimen organizado: cómo las grandes farmacéuticas han corrompido el sistema de salud / Peter C. Goetzsche
- El umbral de la eternidad / Ken Follet
- Hijos de la anarquía / Christoper Golden y Damian Couceiro
- La cura mortal /James Dashner
- La merienda / Kveta Pacovska
- La mujer del diplomático / Isabel San Sebastián
- Las amigas de ojos oscuros / Judith Lennox
- Las hermanas Grimes / Richard Yates
- Las pruebas / James Dashner
- Mi escuela sabe a naranja estar y ser en la escuela / Mari Carmen Díez Navarro
- Mercedes / Stephen King
- Muchachas 2 / Khaterine Pancol
- Ningún amante sabe conducir / Rosalía Fernández Rial
- O achado do Castro / Manue Núñez Singala
- Persiguiendo a Silvia / Elísabet Benavent.
- Psicotrampas : identifica las trampas psicológicas que te amargan la vida y encuentra las psicosoluciones para vivir mejor / Giorgio Nardone
- Qué puedo hacer cuando refunfuño demasiado / Huebner
- Que puedo hacer para vencer mismanias / Jaime Pereña
- Reo / Xesús Fraga
- Septimus y el fuego eterno / Angie Sage
- Sociedad del conocimiento, tecnología y educación / Ana Sacristán (compiladora)
- Un sábado con los amigos / Andrea Camilleri
- Ursúa / William Ospina
- Venganza/ Benjamin Black
- Vivir bien sin dolor de espalda / María Isabel Heraso
Audiovisual
- El culo del mundo (video)
- Galiza (CD)
Vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun xornal.
É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca 
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
- Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso hashtag #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, película



































