Category Archives: Novas
Conferencia de Nazanin Armanian, na Biblioteca Municipal Ágora
O xoves 24 de outubro ás 20.00 horas, Nazanin Armanian impartirá a conferencia “La primavera árabe se marchitó para la mujer” na Biblioteca Municipal Ágora.
Nazanin, experta en temática árabe e columnista no diario dixital Público.es, falaranos sobre a chamada Primavera Árabe e as expectativas truncadas que supuxeron eses procesos de revolta política en relación coa situación da muller. A charla organízase dende Amnistía Internacional, en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña. Sobre Nazanin podedes descubrir moitas máis cousas e ben interesantes na súa páxina web.
Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar unha gran variedade sobre a cultura e o mundo árabe, dende literatura, ensaio, música e banda deseñada ata cinema. Algúns destes materiais podedes velos na nosa galería fotográfica en Flickr sobre o Mundo Árabe.
Ao fío da conferencia destacamos especialmente as seguintes obras:
— Ben Jellou, Tahar. La primavera árabe: el despertar de la dignidad. Madrid: Alianza, [2011].
— Amin, Samir. ¿Primavera árabe?: el mundo árabe en la larga duración. [Barcelona]: El Viejo Topo, [2011].
Agardámosvos este xoves na biblio para escoitar a Nazanin, abofé que será unha charla moi interesante!
Obradoiro de escritura creativa impartido por Francisco Castro
Se tes entre 12 e 16 anos e che gusta escribir, os días 11 e 18 de novembro ás 19:30 h. tes unha cita na Biblioteca do Forum Metropolitano con Francisco Castro, que impartirá un obradoiro gratuito de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir.
Concibido desde unha perspectiva lúdica e moi participativa, os asistentes teredes a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na vosa imaxinación, literaturizar vosa vida, xogar a crear mundos coas palabras, escribir poemas, relatos e contos a partir de actividades sorprendentes. En definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita porque desde o minuto uno do obradoiro escribiredes literatura.
Francisco Castro proporcionaravos actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Despois, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e mostrar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción.
O Obradoiro é eminentemente práctico e participativo e ten como obxectivo escribir e gozar do feito de crear literatura, así como aprender as técnicas básicas da creación literaria.
Non o penses máis e incríbete! Tes ata o 5 de novembro para apuntarte. Pásate pola Biblioteca Forum, chámanos ao Teléfono 981184298 ou envía un correo electrónico a bforum@coruna.es indicando os teus datos.
Francisco Castro (Vigo, 1966) é escritor, profesor, bloguero e coordinador de Novos Proxectos na editorial Galaxia. Leva moitos anos traballando no campo da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural, e foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural desde o seu concorrido blog: A canción do naúfrago.
A súa carreira como escritor comezou en 1991 coa publicación de “Amor de cinema”, ao que lle seguiron “Play-Back” (Premio Lueiro Rei de Novela Curta, 1997), o libro de relatos eróticos “Xeografías” (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), os relatos da canción do náufrago, ambos de 2001, e a novela histórica “Memorial do infortunio”. En 2004 publicou “Xeración perdida”, novela coa que introduce ao lector no mundo das drogas. Recibiu en 2006 o Premio Branco Amor de novela longa con “Spam”. Como articulista, recibiu o Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros co texto titulado “As palabras dá néboa”, do que o xurado destacou “un discurso narrativo orixinal cunha proposta nova de novela histórica”.
Manuel Álvarez Torneiro, primeiro Premio Nacional de Poesía para a nosa lingua.
Tamén quixemos, si, tocar o ceo / con estas mans humanas. E quixemos / gardar o mar para cando non houbera / e unha fiestra no núcleo do feitizo, / un óboe na noite cando xa non quedaran / bágoas ou pombas, aloumiñantes sedas, / e parira o marfil arritmias mortas, / certeiros navallazos de fatiga. /
Quixemos, si, entre Bach e a a crueldade / vencer a sombra do temor, ser altos / e luminosos fillos das fogueiras, / perfectamente puros, / empeñados no verbo e na tormenta. /
Quixemos, si, ser bos, ser simplemente bos, / tocar o peito anónimo do heroe, / ser carne e flor do canto máis cumprido, / verternos de resina nos orgasmos, / morrer de ter vivido dignamente.
Manuel Álvarez Torneiro, Fértil corpo do soño (1986)
A poesía galega continúa a recibir recoñecementos fóra das nosas fronteiras, sexa a través de valoracións críticas sexa a través de premios, como o que neste caso -o Premio Nacional de Poesía- recae na obra Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro. A nova que coñecemos a pasada semana confirma a boa saúde da creación poética na nosa lingua, e supón un claro recoñecemento para a figura deste autor de perfil pouco ou nada mediático e de solvente, longa e sólida traxectoria. Como sinalaba o xornal Sermos Galiza, “o libro leva camiño de se converter no máis premiado da nosa historia literaria, co Premio da Crítica Española, o da AELG e o Ánxel Casal da Asociación de Editores.”
Para sabermos máis sobre a obra e o autor, resulta de interese achegarse á súa autobiografía publicada na BVG en 2002 e á páxina da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, onde podemos ver diferentes entrevistas.
Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013
O pasado xoves 10 de outubro, a Academia Sueca daba a coñecer o nome da persoa galardoada co Premio Nobel de Literatura 2013. Nesta ocasión a gañadora foi a escritora canadense Alice Munro, definida pola Academia como “mestra do relato curto contemporáneo” e aclamada polo seu “harmonioso estilo de relatar, caracterizado pola súa claridade e realismo psicolóxico”.
Nada en Whingham (Ontario) un 10 de xullo de 1931, Munro é considerada unha das autoras máis importantes da literatura en lingua inglesa. De feito, no ano 2009 xa recibira o Premio Booker Internacional pola súa traxectoria literaria e a súa influencia noutros escritores/as e lectores/as ao redor do mundo.
Cabe destacar que Munro é a primeira escritora canadense en recibir tan importante galardón dende a súa creación no ano 1901 e a décimo terceira muller premiada co Nobel de Literatura en 112 anos de historia. ¡Dende aquí, os nosos parabéns!
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar moitas das súas obras:
Munro, Alice. Demasiada felicidad. Barcelona: Lumen, 2010.
Munro, Alice. El amor de una mujer generosa. Barcelona: RBA, 2009.
Munro, Alice. El progreso del amor. Barcelona: RBA, 2009.
Munro, Alice. Escapada.Barcelona: RBA, 2006.
Munro, Alice. Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio. Barcelona: RBA, 2007.
Munro, Alice. La vida de las mujeres. Barcelona: Lumen, 2010.
Munro, Alice. La vista desde Castle Rock. Barcelona: RBA, 2008.
Munro, Alice. Las lunas de Júpiter. Barcelona: Debolsillo, 2012.
Munro, Alice. Mi vida querida. Barcelona: Lumen, 2013.
Noventa y dos días
Sobre su afición a viajar, el autor nos dice: “en mi caso, y en el de muchos mejores que yo, existe una fascinación por los territorios lejanos y bárbaros, y particularmente por las zonas fronterizas en las que entran en conflicto culturas y niveles de desarrollo, donde las ideas, arrancadas de raíz de sus tradiciones, adoptan otra forma al ser trasplantadas”.
Personalmente me gustan los libros que narran viajes, bien novelas, “El correo del Zar” por ejemplo; bien narraciones que describen las impresiones que el viajero experimenta y transmite. Me viene a la memoria los libros de Kapuscinski, alguno de ellos leído en el club – El imperio – al que he considerado como un maestro en el arte de narrar y describir sus impresiones. De antiguo estos libros han sido una fuente de conocimientos y datos culturales e históricos como Homero y otros dejaron patente desde el principio de la Historia, sin olvidar las enseñanzas que transmiten los libros sagrados de las diferentes religiones que también cuentan viajes y las dificultades pasadas por los pueblos elegidos.
Evelyn Waugh es uno de esos escritores rendidos a la magia de contar lo que ve. Sin que le desanimen las dificultades que sabe va a pasar, dos años después de su viaje a África para asistir a la coronación del Emperador de Etiopía, Haile Selassie, se embarca en un periplo de noventa y dos días por la Guayana Británica y las tierras de Brasil limítrofes con ella.
Estamos en 1932, en un territorio escasamente explorado, sin apenas estructuras de comunicaciones. Este es el escenario escogido para viajar y contar las penalidades y sorpresas que todo tour proporciona. Medios de transporte rudimentarios o inexistentes, montañas y ríos caudalosos y peligrosos, contacto con indígenas con los que el entendimiento siempre es difícil, desconfiados, con los que negociar cualquier cosa, desde la compra de alimentos a conseguir porteadores es una labor compleja y tediosa. A todo esto se añade las “bondades” del clima con sus bandadas de mosquitos, garrapatas y bichos de distinto pelaje y tamaño, que hay que sufrir lo más estoicamente posible.
Se encontrará no solo con los indígenas propios del territorio, también con negros traídos de la lejana África como mano de obra esclava, con mestizos y con hombres blancos, misioneros generalmente, que intentan llevar la palabra de Dios y dar otros medios de vida que mejoren la calidad de esta, algunos realmente disparatados como la pretensión de la Compañía, como llama a la Orden Benedictina,de llevar el progreso a esa región mediante la instalación de una fábrica de hielo en plena selva, hazaña que no se puede decir que tuviese éxito.
Esta mezcolanza de personas y razas pululando en el territorio es otra fuente de problemas, dado el distinto sentir y pensar de sus componentes, unos sintiéndose propietarios del suelo que pisan, otros sabiendo su condición de esclavos, los mestizos no siendo de nadie y los blancos considerándose dueños de todo, incluso de imponer su modo de vida y pensamiento.
Todo queda a un albur y a un destino imprevisto. Siempre hay que tener un plan B ya que con frecuencia lo organizado no puede llevarse a cabo, bien por razones de geografía bien por imponderables humanos no previstos. Estos inconvenientes incrementan el concepto de aventura que se supone a cualquier viaje por territorios no bien conocidos.
La descripción aunque aclaratoria de como eran las cosas en esas latitudes, no cansa. No abusa al contarnos como era la cultura de esos indios amazónicos o de los conflictos territoriales que siempre ha habido en esa zona entre los países que la tienen como límites, Brasil y Venezuela. Eso hace que la lectura sea amena y a través de ella lleguemos a conocer como eran por entonces aquellos territorios, aún hoy entre los más inexplorados de América del Sur.
Evelyn Waugh nació en octubre de 1903 en Hillfield Road, Hampstead, Londres. Falleción el 10 de
Abril de 1966 en Combe Florey en Somerset.
En 1928 contrajo matrimonio con Evelyn Gardener. Se divorcia de ella en 1930, año en que se convierte al catolicismo.
En 1937 contrae nuevo matrimonio, con Laura Herbert, con la que tiene tres hijos, dos mujeres, Teresa y Harriet y un varón Septimus.
Su espíritu viajero le llevó desde muy joven a moverse por el mundo adelante. Comienza con un crucero por el Mediterráneo en 1929, África por primera vez en 1930, en el 33 Sudamérica. Vuelve a Abisinia en 1935. Interviene en la segunda guerra mundial y en 1944 es destinado a Yugoslavia, regresando a Londres como civil en 1945. Dos años después viaja a Estados Unidos y Jamaica, volviendo a África en 1958.
Su estilo literario se caracteriza por unhumor negro y satírico en novelas como Un puñado de polvo, Decadencia y caída, entre otras. Sus viajes dan motivos para la publicación de libros como Labels, Remote People, Waugh in Abyssinia y el que tenemos con nosotros Noventa y dos días. Su obra más conocida a nivel mundial es Retorno a Brideshead (1945), que fue llevada con éxito a la pequeña pantalla por medio de una serie basada en su argumento.
En muchas de sus novelas se refleja la alta sociedad y aristocracias británica, que aunque es duramente satirizada, conserva un halo de atracción para el lector. Waugh atacaba la ausencia de valores de la vida moderna y en especial de la sociedad londinense. En su país fue reconocido como uno de los grandes novelistas del siglo pasado, pero no fue hasta después de su muerte y en razón a la adaptación a la televisión de la obra comentada cuando esta apreciación fue reconocida por el resto del mundo occidental.
Taller de escritura creativa
La Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil inicia un año más, y ya van ocho, el Taller de Escritura Creativa para Jóvenes.
El taller de escritura es un lugar de encuentro para jóvenes con parecidas inquietudes donde se practica y se intercambia, se comparte y se analiza lo leído y lo escrito por medio del trabajo lúdico grupal.
Los temas y estrategias usados intentan acercar el panorama literario actual al grupo de adolescentes, descubriendo autores, lecturas, trucos, etc mediante ejercicios de creación sobre conceptos como la estructura clásica en tres actos (presentación, nudo y desenlace), el personaje (planos y redondos), la elaboración de diálogos, las descripciones, y la construcción de escenas, los chavales trabajan la diferencia entre una redacción y un texto literario y finalmente construyen relatos con eficacia.
El taller va dirigido a jóvenes de 12 a 15 años con interés en poner en “negro sobre blanco” sus inquietudes, fantasías, experiencias y sentimientos. Pedro Ramos, conocido autor y profesional multitarea con una amplia experiencia en la realización de talleres de escritura creativa, será el encargado de ejercer de coordinador-tutor dirigiendo el grupo, guiando a los chavales en el proceso de aprendizaje, motivando, animando el debate, y dinamizando las actividades paralelas.
Este año el taller tratará especialmente de formarnos en el relato fantástico. Descubriremos que la madre de todas las fantasías es la imaginación y veremos qué es un relato fantástico y como se come (forma, tamaño, temperatura, sabor…). También hablaremos de su historia, y de los grandes autores y sagas que te esperan en las bibliotecas municipales.
Las sesiones serán todos los lunes desde el 14 de octubre al 09 de diciembre de 2013 de 18 a 20h.
Plazas limitadas.
Inscríbete en el taller mediante este formulario todavía hay plazas disponibles
A túa mensaxe enviouse
Sesión presentación de “El Clú”
O xoves día 3 de outubro, foi o día escollido para comezar “El Clú” e o resultado non puido ser mellor. Pasamos unha tarde moi entretida, coñecéndonos todos un pouco, descubrimos que temos moitas cousas en común. A todos nos gusta ler, escoitar música, ver cine, incluso todos somos deportistas (aínda que algúns máis que outros ;))
Repartimos a nosa primeira lectura, a enxeñosa e entrañable novela de Brian Selznick, La invención de Hugo Cabret. Xa podemos ler uns capítulos nesta primeira sesión e descubrimos que ten moi boa pinta.
Tamén tivemos ocasión para recomendarnos algunhas das nosas lecturas preferidas:
– Renacer de Claudia Gray
– La bicicleta Roja de Kim Dong-Hwa
– Alicia en el país de las maravillas de Lewis Carroll
– El palacio de la risa de Jon Berkeley
A semana que ven reunirémonos de novo. Se queres unirte a nós, aínda estás a tempo!
Para iso achégate á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, chámanos ao 981 18 43 88 ou envíanos un correo electrónico a binfantil@coruna.es
Se eres dos que andan pola nube podes seguir o noso hashtag #CLÚxuvenil, no Twitter e no Facebook.
Para máis info visita a nosa web.
Grupos de lectura fácil, na Biblioteca Municipal Ágora
Na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer en marcha a través do programa de voluntariado dous grupos de Lectura Fácil. A idea é reunirse semanalmente para a lectura e análise de textos diversos que propicien unha progresiva mellora da comprensión lectora das persoas con dificultades de acceso á lectura.
Os contidos a traballar nas sesións serán tanto textos literarios como informativos ou ensaísticos sinxelos, de forma que se posibilite a perda do medo á hora de acceder a diferentes tipos de textos
A actividade dará comezo o 7 de outubro e os horarios de cada un dos grupos será o que segue:
- Quenda de mañá: martes e xoves de 11.00 a 12.00.
- Quenda de tarde: martes e xoves de 17.00 a 18.00.
O programa de Lectura Fácil está especialmente pensado para aquelas persoas que na súa infancia non puideron estudar moito ou teñen problemas de comprensión lectora. Así que se desexas entender mellor todo tipo de textos este é o teu taller. O prazo de inscrición está xa aberto e para anotarse só cómpre pasar pola Biblioteca Municipal Ágora.
Día Mundial do Alzheimer 2013
O 21 de setembro é o Día Internacional do Alzheimer, unha doenza dexenerativa que afecta a máis de 3.5 millóns de persoas en España entre os que a padecen directamente e os seus familiares e coidadores, segundo datos da Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias (CEAFA).
Nesta data, elixida porla Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer, preténdese dar a coñecer a enfermidade e difundir información ao respecto, solicitando o apoio e a solidariedade da poboación en xeral, de institucións e de organismos oficiais. A nivel nacional, a CEAFA decidiu promocionar este día tan importante co lema “Alzheimer. Cuestión de Estado“.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos unha ampla variedade de recursos sobre o Alzheimer, que podedes consultar e levar en préstamo. Dende aquí, reseñamos unha pequena selección de libros de narrativa e cómic, libros de materias e material audiovisual, tanto películas que abordan o tema como documentais.
Narrativa e cómic
Collazos, Óscar. En la laguna más profunda. Madrid: Siruela, 2011.
Ibrahim, Ghaleb Jaber. Regalo de memoria. Santiago de Compostela: Teófilo, 2011.
Laso Lorenzo, Rafael. Memoria contra Alzheimer. Vigo: Xerais, 2008.
Roca, Paco. Arrugas. Bilbao: Astiberri, 2007.
Rodríguez Pérez, Remedios. Madre de mi madre por el Alzheimer. Madrid: Edición Personal, 2004.
Libros de non ficción
Acarín Tusell, Nolasc. Alzheimer: manual de instrucciones. Barcelona: RBA, 2010.
Boada i Rovira, Mercè. Alzheimer: vivir cuando dos y dos ya no son cuatro. Barcelona: Oxigen Viena, 2008.
Lokvig, Jytte. El alzheimer de la A a la Z: todo lo que necesita saber sobre el Alzheimer. Barcelona: Oniro, 2006.
Martínez, Ana. El Alzheimer. Madrid : Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2009.
Peyronnet, Mireille. Prevenir el alzheimer: cómo prevenir y tratar la enfermedad. Barcelona: Editorial Hispano Europea, 2011.
Zeisel, John. Todavía estoy aquí: una nueva filosofía para el cuidado de las personas con Alzheimer. Madrid: Edaf, 2011.
Películas e documentais
Amanecer de un sueño / Dirixida por Freddy Mas Franqueza. Barcelona: Savor, 2011.
Arrugas / Dirixida por Ignacio Ferreras. Barcelona: Cameo, 2012.
Bicicleta, cuchara, manzana / Dirixida por Carles Bosch. Barcelona: Cromosoma, 2011.
Bucarest: la memoria perdida / Dirixido por Albert Solé. Barcelona: Cameo, 2008.
Cuidadores / Dirixido por Oskar Tejedor. [S.l.] : Moztu Filmak, 2010.
Por último, lembrar que na cidade da Coruña, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias Afíns da Coruña (AFACO) organiza varias actividades encamiñadas a sensibilizar á sociedade sobre esta doenza. A programación de AFACO pódese consultar en Actividades Día Mundial Alzheimer.
Presentación da obra “Girasoles en Venecia”, de Jesús Serna Quijada
O vindeiro martes 17 de setembro, terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación do libro de relatos “Girasoles en Venecia“, de Jesús Serna Quijada.
Recentemente publicada pola editorial Círculo Rojo, esta obra composta de vintenove relatos curtos, que incluso poderíamos definir como microrrelatos, non deixará indiferente a ningún lector.
Lunes otra vez
Mientras duermes
La balsa de la Medusa
La invención de Custo
Son algúns exemplos dos microrrelatos incluídos en “Girasoles en Venecia“, unha obra literaria que como podedes intuír non se axusta a moldes ou esquemas. Un mosaico singular que invita ao lector a surcar os sendeiros da memoria, a nostalxia, a cristalizar sensacións e anhelos recónditos.
Se queredes averiguar un pouco máis sobre a obra e o autor, podedes consultar a páxina da editorial do libro, a web de Jesús Serna Quijada, ou o booktrailer de “Girasoles en Venecia”. Pero a mellor forma de descubrir que se esconde tralo autor e trala súa obra é acudindo á presentación de “Girasoles en Venecia” o martes 17 de setembro ás 20.00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora. ¡¡Agardámosvos na biblio!!


















