#CLXQ+: Presentes imperfectos e corazóns de futuro.
O #CLXQ+ é informe, en realidade informe e informal, en realidade nin queremos nin nos interesa ter forma nin formalidade –entendida no sentido máis tradicional da palabra, claro- . Gostamos de ler, como tódolos clubs, gostamos de compartir opinións, como calquera club, gostamos de falar e preguntarnos polos nosos propios intereses, como calquera club… mais non gostamos de ter que facelo coma sempre, ou máis ben como é habitual, gostamos de tirarnos no chan a ler en voz alta as nosas partes favoritas, e representar sin demasiado orde cada un dos párrafos que máis nos dixo de cada libro.
O #CLXQ+ embarcouse na lectura de O Corazón de Xúpiter (Costas, Ledicia. Xerais, 2011) hai un par de semanas e gostou ben de achegarse a esta historia de amor, desamor, ciberamor e intriga, angustia ás veces e rabia outras. A historia de Isla comeza como moitas das historias personais que nos podemos atopar arredor de nós, unha mudanza de barrio, un adeus á vida de atrás, un novo insti… Cunha perspectiva de 17 anos e toda unha vida nun mesmo barrio dende logo, non é o mellor dos soños.
Se á novidade por desorientación engadimos a desorientación por ese conxunto de anomalías persoais provocadas polo amor e ademáis incluímos que o panorama do novo insti non é o mellor gracias a Marcos… Por sorte estaba Mar, “a súa mellor amiga. E tamén a súa salvadora. Desde que se trasladara cos seus pais a aquel lugar, fora a única que se molestara en entendela, en deterse a contemplar o seu interior.” (11) Do resto, daredes mellor conta cada un·ha de vós abrindo o libro.
Ledicia Costas, que está a xirar sen parar presentando o seu último libro Escarlatina, a cociñeira defunta (Merlín,
2014), tivo o detalle de achegarse ao #CLXQ+ hai xa unhas semanas. En realidade a súa visita foi virtual, pero a verdade é que puidemos desfrutar dela por medio de 150 caracteres grazas ao twitter das Bibliotecas Municipais, unha conversa que vedes reflexada nas capturas de pantalla vos inserimos, mais tamén podedes ver a conversa completa pinchando aquí.
E nestas datas de celebración do Día Libro Infantil e Xuvenil, Romeo e Xulieta caeu nas nosas mans, e William Shakespear trouxo con él aos Capuleto e os Montesco para pasearen o seu paradigma de amor romántico polo #CLXQ+, e declamamos, e clamamos, ao amor e ao desamor, mais tamén a manter a cordura nun mundo que tolea por ideales de amor en lugar de desfrutar as realidades de cariño.
Enfiando o noso último título – Futuro Imperfecto, de Xulia Alonso, 2010 – invitámosvos a seguir atentxs ás redes sociais – Instagram, Fb, Twitter – e buscar o que se agocha tras do hastag #CLQX+.
Saúde!
Posted on 4 Abril, 2015, in Clubes de lectura, Escritores, Libros lidos, Quérote+, Xeral and tagged CLXQ+, Futuro imperfecto, Ledicia Costas, O corazon de Xúpiter, Romeo e Xulieta, tuitencontros, William Shakespeare, Xulia Alonso. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0