Author Archives: mariolafg
O verán que se foi
Sabiades que este foi un verán especial para ‘ElClú’? Xa levabamos un par de aniños facendo quedadas informais, algunha actividade… pero este ano, por fin, decidimos darlle forma e nome as reunións realizadas en tempo de estío, e inauguramos os ‘Veráns con ElClú’.

Cartel ‘Veráns con ElClú’
Parecíanos interesante que toda a rapazada que quixese puidese coñecer o que facemos no noso club, axs clubeirxs, e outras formas de pasar o verán que lles podían resultar ben interesantes.
Qué fixemos? Pois programamos 3 quedadas, unha por mes:
En xullo puxémonos moi literarias, e ocorréusenos ir de librarías!
Primeiro a Moito Conto, onde nos recibiu Esther, que nos explicou un feixe de cousas sobre as librarías independentes, falamos dos libros que máis nos gustaban, esculcamos polos recunchos da libraría… desfrutamos moito. Ademáis Esther nos tiña preparada unha selección de libros xuvenís marabillosos.
Logo, e como sabemos que xs amigxs de ElClú son bos lectores de banda deseña, qué mellor que acercarnos a unha libraría especializada neste tipo de documentos. Sabedes de cal falamos? Claro! Non podía ser outra!
En Alita Cómics Coruña estaba Toño a esperarnos para contarnos moitísimas curiosidades sobre cómics, autorxs dos mesmos, as historias que hai tras eles…

Foto de grupo en Alita Cómics con Toño, o seu libreiro
Foi unha mañá moi agradable, e levamos para casa moreas de información destes grandes profesionais libreiros.
En agosto, e para que a rapazada coñecera outros clubs, pensamos en ir a un co que de seguro iamos atinar, O Club de lectura de cómics da Biblioteca do Fórum Metropolitano. O compañeiro Iván tiña preparada unha sesión ben completa para que as rapazas e rapaces desfrutasen aprendendo. Debuxamos, estudamos as ilustracións, metémonos en materia cos tipos de cómics… e… armouse a festa: concursos de mazás, disfraces… As/os clubeiras/os viñeron encantadas/os. Ademáis Iván preparou unha recopilación de banda deseñada xuvenil, e nos ensinou algún dos títulos que se leran xa no club de cómic.
En setembro, quedamos na biblioteca, para coñecernos mellor, falar e rememorar as saídas anteriores, e tamén, como non podía ser doutro xeito, comer biscoito!
Ademais, nas anteriores quedadas propuxémoslle á rapazada que fixesen unha foto dunha lectura de verán que lles deixase bo sabor de boca. Co resultado, creamos unha mostra das recomendacións dos ‘amigos de ElClú‘ no panel de entrada da biblioteca.
E isto foi todo o que deixou tras de si os ‘Veráns con ElClú 2017’. Queremos agradecer sinceramente ás librarías Moito Conto e Alita Cómics pola cálida acollida, por facilitarnos en todo momento a irrupción no seu traballo, polo trato, e porque fan unha labor literaria esencial nesta cidade. Longa vida ás librarías!
Por suposto, mil grazas á Biblioteca do Fórum por cedernos o espazo, e as compañeiras e compañeiros, especialmente ao biblioclubeiro Iván, por facernos partícipes de todo o seu saber e por conseguir que gozásemos duns momentos divertidísimos e cheos de sorpresas. Es un fenómeno compañeiro!
E como non podía ser doutro xeito, graciñas tamén ás nais e pais destas rapazas e rapaces estupendas/os por deixar que as amigas e amigos de ElClú formasen parte dunha experiencia coma esta. Para eles e para todos vós, aquí queda un vídeo resumo deste verán clubeiro excepcional.
Agora só nos queda convidar a toda a rapazada de entre 12 e 16 anos a embarcarse nesta aventura clubeira. O prazo de inscrición está aberto na páxina web das Bibliotecas, e agardamos con emoción a intrépidos novxs clubeirxs dispostxs a desfrutar de lecturas, compañía e moita maxia neste próximo curso 2017-18. Vémonos os xoves cada 15 días de 18,30 a 20 h. Esperámosvos!
P.D.: E, por certo, se vedes que xa só quedan prazas libres na lista de agarda, anotádevos igualmente, nunca se sabe o que ElClú está a maquinar…
Estamos de volta!
Despois dun longo e merecido descanso estival no que recargamos as pilas, chegou o outono e con el os clubs da BIX se poñen en marcha. Canto votabamos en falta á rapazada!
E aínda que no verán fixemos algunha actividade como a de Agosto Creativo, todas as compis biblioclubeiras estabamos desexando xa poñernos máns á obra cos clubs de lectura, ver aos nosos/as clubeiros/as (porque un pouquiño nosos/as si que son), e, como non, coñecer a novos rapaces/as dispostos/as a unirse á aventura.

Así que xa sabedes, temos todo preparado, estamos cheas de enerxía para pasalo en grande compartindo lecturas, bos momentos, encontros con autores, saídas pola cidade… e esa maxia que se crea nos grupos e que fai que os nosos clubs sexan únicos. Agora só nos faltades vos para dar comezo da andadura.
Se tendes entre 9 e 11 anos podedes anotarvos no Club Miúdo que dará comezo o próximo 3 de novembro. E se a vosa idade está entre os 12 e 16 anos o voso club e ElClú que arrancará o vindeiro 10 do mesmo mes.

Agardámosvos!
ElClú recomenda
En ElClú decidimos, que xa que lemos unha morea de libros, vemos moitísimas pelis e escoitamos música sempre que podemos, sería unha boa idea compartir as nosas opinións sobre eles con tod@s vós. Así que nos puxemos á tarefa da recomendación.
Creamos unhas tarxetas molonas, personalizámolas un pouco para os nosos clubeiros e ¡TACHÁNNNNNN! Que vos parecen?, A que nos quedaron chulas?
Pois o mellor é o contido! unha chea de recomendacións dos nosos rapaces, aos que lles encantou a idea e non paran de recomendar.
Comezamos a nosa proba piloto hai xa algúns meses sacando unha pequena mostra de “ElClú recomenda”, e, para a nosa sorpresa, os libros prestáronse moitísimo, así que pensamos que podiamos colgar tamén as recos dos rapaces na rede, e que mellor maneira que mediante pínterest, que ademais nos permitía poñer a foto do libro que nos estaban recomendando. Aquí vos deixamos a ligazón das primeiras recomendacións no Pinterest.
Neles Martín recomendounos a saga de manga One Piece, de Eiichiro Oda porque lle resultaba moi divertido. Itziar decantouse por El coleccionista de relojes extraordinarios, de Laura Gallego pola intriga que lle causou. Simón elixiu Maus, de Art Spiegelman pola historia de supervivencia que narra. Mariña, decidiuse por O neno can, de Francisco Castro e Fina Casalderrey porque coñeceu con el outras culturas (lebrades que Fina e Francisco nos viñeron a visitar hai un tempo?). Clara enganchouse á saga de Enid Blyton Torres de Malory pola súa protagonista. Lucía tamén elixiu para a súa primeira recomendación un libro de Laura Gallego, neste caso a triloxía de Memorias de Idhún pola súa orixinalidade. E finalmente nosotrxs, decidimos que recomendariamos La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick por ser un dos primeiros libros que leimos en ElClú, polas súas fantásticas ilustracións e porque a todos os nosos chic@s encantáralles.
E como isto promete, imos a seguir publicando recomendacións tanto no noso recunchiño de ElClú recomenda, como no noso taboleiro de Pinterest. Esperamos as vosas visitas!
Recordade que tendes todos os libros, pelis, etc. nas nosas bibliotecas!
O noso tempo é noso!
O tempo, o seu paso, o aproveitamento do mesmo, foi o tema central da nosa primeira lectura deste curso, da man dun clásico da literatura xuvenil, Momo de Michael Ende.
Momo é unha rapariga orfa que ten un don moi especial, o de saber escoitar. Da man dos seus mellores amigos, Beppo e Gigi, xunto cos nenos do pobo, tentará facer fronte aos ladróns do tempo, os homes grises. Contará ademais coa axuda inestimable de Casiopea, unha tartaruga ben singular, e o mestre Hora, gardián do tempo.
Trátase dunha invitación á reflexión sobre o noso ritmo de vida e o verdadeiro valor do tempo, mesturada coa crítica á sociedade capitalista que ameaza o desenvolvemento das relacións entre as persoas.
Durante as sesións do club coñecemos moitas curiosidades de Michael Ende, como que era fillo dun pintor, que foi mensaxeiro dunha organización anti-nazi, ou que uns anos mais tarde de que morrese un gran amigo, Ende reviviríao como o protagonista de ‘La historia interminable‘.
Tamén visionamos algúns anacos de duas versións cinematográficas do libro, unha producción alemana ‘Momo‘ (1996) do director Johannes Shaaf, e o filme dirixido polo italiano Enzo D’Alò no 2001 ‘Momo, una aventura contrarreloj‘ .
Entre sesión e sesión, ademais de ler e comentar o libro, tivemos tempo para facer outras actividades.
Así, coindindo co mes das Culturas Orientais na Biblioteca Infantil e Xuvenil, desfrutamos da película ‘Colorful’ baseada na obra ‘Flipando en colores’ da autora xaponesa Eto Mori.
E o pasado 17 de decembro, ademais da nosa sesión biscoito, que xa se está a converter nun clásico navideño de ElClú, decidimos rematar o ano asistindo a un dos encontros de ‘Libros en directo’, presentado por Pedro Ramos. A nosa intención era únicamente deleitarnos coa entrevista que Pedro lle faría a Jordi Sierra i Fabra.
Cal non sería a nosa sorpresa, cando vemos aparecer pola porta da biblio, en medio da sesión biscoito, a Pedro Ramos co mesmísimo Jordi! Temos que agradecerlle moitísimo e mais a Pedro o detallazo de traer a Jordi ao club, e a Jordi os momentos que compartiu con nos. Vaia día mais estupendo que pasamos! As nosas caras o din todo!
E despois do parón das festas, e hora de retomar ElClú con novas lecturas e, a saber que nos deparará o 2016! Seguramente moi boas experiencias e algunha que outra sorpresa.
De momento, como mostra, deixámosvos a curta que gravamos este verán para animar á rapazada a participar no noso club. E xa sabedes, estades a tempo de embarcarvos nesta aventura clubeira, esperámosvos na BIX!
“Moitas culturas, unha historia”
En ‘ElClú’ ¡estamos que non paramos!. Despois de ler, comentar, reflexionar, investigar e descubrir os misterios de “Odio el rosa”, nos embarcamos nunha nova aventura, un tanto diferente do que estabamos a facer ata o momento.
E é que dende os altos mandos da BIX se nos encargou a tarefa de ser os “mestres de cerimonia” na celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que, como cada ano, se conmemora o vindeiro 2 de abril, pois a Biblioteca Infantil e Xuvenil está adherida a esta celebración da OEPLI.
Para isto traballamos arreo, preparando todo o necesario para tan importante acontecemento. Foi o que se di ‘un traballo en equipo’. Buscamos información sobre as entidades patrocinadoras, sobre a escritora e a ilustradora ás que este ano se lles encomendou a elaboración do manifesto e do cartel conmemorativo, as compañeiras bibliotecarias encargáronse de seleccionar material para elaborar unha mostra bibliográfica con algúns dos títulos mais representativos da literatura infantil e xuvenil (bautizárona co alcume de “Os magníficos da BIX”) … en fin, que non paramos nadiña.
Ademais, a rapazada de ElClú colaborou activamente na elaboración do photocall que empregamos para participar no concurso “Nos lemos, e ti?” organizado por GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), sección galega da OEPLI (Organización Española Para o Libro Infantil e Xuvenil).
Para participar neste concurso era preciso facerse un selfie cun libro, preferentemente escrito en galego, ter ata 14 anos, e explicar brevemente o motivo polo que ese libro era importante para ti. Se queredes ver os selfies que nos fixemos, aquí vos deixamos unha mostra.
Xa que o día 2 de abril a biblioteca permanece pechada ao público (xoves de Semana Santa) trasladamos o día do evento para o 26 de marzo, coincidindo cunha sesión de ElClú.
A misión dos clubeiros consistiu, ese día, en convocar aos usuarios da biblioteca presentes nese momento para a escoita do manifesto elaborado por Marwa Al Aqroubi, realizar a lectura do mesmo, e invitalos a formar parte da galería de selfies do noso photocall , así como descubrirlles os libros da selección realizada polas compañeiras da biblioteca.
Como experiencia foi moi enriquecedora. Coñecemos novos escritores e ilustradores doutros paises (cada ano a OEPLI adica este día a un pais, no 2015 son os Emiratos Árabes), soubemos un pouco mais sobre o porqué dun día tan sinalado, tamén nos mergullamos na mostra da literatura infantil e xuvenil, e todo isto aderezado con momentos de bo humor, compañerismo, creatividade… Vamos, que disfrutamos coma pequechos.
Agora só queda desexar moita sorte aos participantes, e esperamos ter que anunciarvos que algún dos selfies das Bibliotecas Municipais da Coruña foi o gañador do superpremio que ofrece a Galix, que non podía ser outro que ¡MOITA LECTURA!, un fantástico lote de libros.
Dende a BIX e todos os clubeiros vos desexamos:
Feliz Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015, e felices lecturas vacacionais!
O libro conta en primeira persoa (ou primeira persoa non humana) a historia dun gorila de lombo prateado, Iván. Ata aquí a cousa pinta interesante, pero, e se vos dicimos que


































