Author Archives: Bibliotecas Municipais da Coruña
Jorge Luís Borges cumpriría hoxe 112 anos
Jorge Luís Borges foi un dos autores máis destacados da literatura do século XX. Publicou ensaios breves, contos e poemas. A súa obra, fundamental na literatura e no pensamento humano, foi obxecto de minuciosas análises e de múltiples interpretacións, transcende calquera clasificación e exclúe calquera tipo de dogmatismo.
Naceu en Buenos Aires o 24 de agosto de 1899, e faleceu Xenebra o 14 de xuño de 1986.
Dende a Biblioteca Forum aproveitamos calquera escusa para destacar algunhas das obras deste escritor arxentino.



75 Aniversario da morte de Federico García Lorca
O 19 de agosto de 2011 conmemorounse os 75 anos da tráxica morte de Federico García Lorca, aínda que non fan falta escusas para lembrar a súa obra.
O poeta e dramaturgo universal Federico García Lorca naceu en Fuente Vaqueros, Granada, o 5 de xuño de 1898 e morreu fusilado o 19 de agosto de 1936, ao principio da Guerra Civil española. Cúmprense agora, pois, 75 anos dese aniversario.
Tratar de resumir a personalidade e a obra deste autor é pouco máis que unha quimera porque resulta imposible resumir, nunhas liñas, a súa vitalidade, a súa paixón pola vida, a súa simboloxía, os seus contrastes e toda unha vida que el viviu con intensidade.
Coa morte de Federico García Lorca morría a persoa de carne e óso, pero nacía o mito. García Lorca sempre tivo, nas súas obras, unha premonición funesta.
Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos recordar a este xenial autor de obras como Romancero Gitano ou Poeta en Nueva York.
Máis Info:
Charla sobre os libros electrónicos na Biblioteca de Monte Alto
O vindeiro martes 12 de Abril as 19.30 na Biblioteca Municipal de Monte Alto, na Coruña, convidamosvos a unha charla impartida por Tati Mancebo , experta en xestión de contidos dixitais e que tentará resolver todas nosas dúbidas:
LIBRO ELECTRÓNICO. Qué é? Por que? Para que? Onde atopalo? Cal escoller? En que me debo fixar? E os contidos??

Atopa a resposta a todas estas preguntas nas Bibliotecas Municipais nesta charla informativa na Biblioteca de Monte Alto. Os asistentes terán a oportunidade de ver e probar diferentes dispositivos de lectura.







