75 Aniversario da morte de Federico García Lorca
O 19 de agosto de 2011 conmemorounse os 75 anos da tráxica morte de Federico García Lorca, aínda que non fan falta escusas para lembrar a súa obra.
O poeta e dramaturgo universal Federico García Lorca naceu en Fuente Vaqueros, Granada, o 5 de xuño de 1898 e morreu fusilado o 19 de agosto de 1936, ao principio da Guerra Civil española. Cúmprense agora, pois, 75 anos dese aniversario.
Tratar de resumir a personalidade e a obra deste autor é pouco máis que unha quimera porque resulta imposible resumir, nunhas liñas, a súa vitalidade, a súa paixón pola vida, a súa simboloxía, os seus contrastes e toda unha vida que el viviu con intensidade.
Coa morte de Federico García Lorca morría a persoa de carne e óso, pero nacía o mito. García Lorca sempre tivo, nas súas obras, unha premonición funesta.
Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos recordar a este xenial autor de obras como Romancero Gitano ou Poeta en Nueva York.
Máis Info:
Posted on 20 Agosto, 2011, in Escritores, Novas and tagged Federico Garcia Lorca. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0