PrimaLetras: o festival dos libros e das letras

As Bibliotecas queremos ver florecer as letras esta primavera, por iso organizamos o Festival literario e cultural “PrimaLetras” para celebrar na cidade da Coruña todas as efemérides relacionadas co libro e a lectura que se aglutinan nos meses da primavera (marzo/maio), con especial atención ao 23 de abril (día do Libro).
- 21 de marzo: día da poesía
- 27 de marzo: día do teatro
- 02 de abril: día do libro infantil e xuvenil
- 23 de abril: día do libro
- 01 de maio: día da banda deseñada
- 17 de maio: día das letras galegas
Esta primavera encheremos as bibliotecas municipais da Coruña de actividades e eventos como homenaxe ás distintas efemérides que en relación aos libros e as letras teñen lugar de marzo a maio.
O noso obxectivo de dar visibilidade ao talento literario e á efervescencia cultural que vivimos na actualidade e, ao tempo, ofrecer actividades de calidade para as persoas usuarias das bibliotecas municipais que confían no noso traballo e o demostran participando en todas as propostas que lles facemos.
Unha programación dirixida a aprender e pasalo en grande entre libros e historias para poder participar da efervescencia creativa que nos arrodea.
Tomade nota de toda a programación.
Posted on 18 Marzo, 2022, in Actividades do club, Efemérides, letras galegas, Xeral and tagged Diadolibro, Primaletras. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.








Deixar un comentario
Comments 0