#MollámonosPoloLibro
Nesta situación tan excepcional como a que estamos a vivir, moitxs constatamos a vital importancia que ten a cultura para nós: podemos quedarnos nas nosas casas pero viaxar moi lonxe coa nosa imaxinación. As Bibliotecas non estamos abertas físicamente pero dende o espazo virtual estamos a ofrecer recursos de calidade para ler, entreter e formar. E agora que chega unha efeméride tan importante para nós, non podía ser menos.
Queremos compartir contigo a proposta que se desenvolveu no marco das Bibliotecas Municipais da Coruña para celebrar o Día do Libro, e convidarte a participar activamente da mesma.
Fixemos unha aposta pola visibilización do traballo e a reinvindicación da profesión, así como a necesidade de crear rede entre todos os axentes que formamos parte do mundo do libro: librarías, escritorxs, editorxs, ilustradorxs, narradorxs, bibliotecas e lectorxs. Arredor dese obxectivo, apostamos por lanzar unha chiscadela a cada un dos axentes do sector, do que formamos parte, a través dun video/spot que levará por lema: #mollamonospololibro.
SÚMATE Á CAMPAÑA:
Emprazamos a todo o mundo a mollarse e poñer en valor unha data tan relevante para as bibliotecas como é o Día do Libro. Se queres participar e sumarte á proposta, só tes que responder á pregunta: como te mollas ti polo libro?
Contamos coa túa aportación, podes facelo no formato que desexes e nas canles que consideredes oportunas empregando o hashtag #mollamonospololibro.
Posted on 23 Abril, 2020, in Clubes de lectura, Efemérides, escritoras, Escritores, Ilustradores, Novas, Xeral and tagged Bibliotecas, editores, Escritores, Ilustradores, lectores, mollámonos polo libro, narradores. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0