Novidades que chegan ás bibliotecas grazas a ti
Os usuarios das nosas Bibliotecas Municipais son o máis importante que temos, e gústanos que nos suxiran obras de interese para poder formar unha colección cada vez máis axeitada ós seus gustos.
Algúns dos nosos lectores fixeron uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar nas nosas bibliotecas destes novos materiais:
- Método para aprender latín/ Hermann Schinitzler; revisión y actualización a cargo de Rafael de Guimerá. Barcelona: Herder, D.L. 2008.
Orientado para o desenrolo das capacidades de comprensión do estudante, este método estructurado en diferentes leccións, exercicios e textos, axudarán ó lector a acadar pouco a pouco un bo nivel tanto de vocabulario coma de comprensión do idioma latín.
- Filosofía para dummies / Martin Cohen; traducción de Ferrán Caballero y Blanca Llosa. Barcelona: PAPE, 2017
Sinxela guía na que o usuario irá da man do autor descubrindo a filosofía, a través da súa historia e aplicacións, e relacionando diferentes cuestións actuais cos pais desta área do coñecemento.
- El código Cruel / James Dashner; traducción del ingés, Noemí Risco Masteo. Madrid: Nocturnia, 2016.
Esta obra de James Dasher e o último libro da serie “El corredor del laberinto”, unha impactante precuela ambientada xusto antes dos sucesos do primeiro tomo e na que se detalla a construcción do laberinto, asó como secretos do pasado dos protagonistas.
- Cuando volvamos a casa / Nuria Gago. Barcelona: Planeta, 2015
Unha novela diferente, chea de emocións e sensibilidade, na que os personaxes falan directamente dende o corazón, na que a súa protagonista, Paula, tenta facerse cargo da súa vida, inda que non sexa tarefa sinxela dado que vive cun medo permanente. Os seus amigos Oceanne e Manu, xunto con Sergio, tratarán de axudala.
- En la piel de Erica / Michelle Painchaud; traducción de Carlos Loscertales Martínez. [Madrid]: Hidra, 2017
Violet, a protagonista de 16 anos desta novela, leva toda a vida tentando ser Erica Silverman, unha rica heredeira que foi secuestrada ós cinco anos e que nunca volveu ver ó seu pai, un estafador de Las Vegas que ten un plan escalofriante, no que Violet se verá implicada.
Trátase dunha intrigante historia, gañadora do premio á mellor novela infantil e xuvenil da Asocición Internacional de Escritores de Thriler, e será adaptada ó cine por Lionsgate.
- Everest 1996: crónica de un rescate imposible / Anatoli Bukreev, G. Weston DeWalr. Madrid: Desnivel, 2015
O 10 de maio de 1996, dúas expedicións comerciais lideradas por guías expertos chegan á cima do Everest, pero a terrible tormenta que atopan, xunto ós erros da organización convirten a experiencia nunha conspiración mortal na que 23 homes e mulleres vense resignadas a morir.
- Ese mundo desaparecido / Dennis Lehane; traducción del inglés de Enrique de Hériz. Barcelona: Salamandra, 2017
Novela que pecha a triloxía de Joe Coughlin – Calquera outro día e Vivir de noite -.pero que pode lerse de forma indepente, ambiéntase en plena Segunda Guerra Mundial e no antano todopoderoso Joe, pai dun rapaz de dez anos ó que adora, trata de cortar calquer vínculo co seu truculento pasado.
- Sidney chambers y la sombra de la muerte/ James Runcie; traducción de Josep Escarré. Barcelona: Duomo, 2016
Na pequena e aparentemente idílica localidade de Grantchester, preto de Cambridge, Sidney Chamber é un vicario pouco convencional que se ocupa, non soamente das almas dos veciños, senon tamén dos seus segredos.
- All about britain/ Julie Hart. Cyprus: Burlington Books, 2011
Con este libro achegarase á intrigante historia de Gran Bretaña, coñecerá a súa diversa cultura, terá información sobre a súa Familia Real, lugares de interés, lendas e misterios, e lugares famosos.
- Cuentos del realismo y el naturalismo/ varios autores; edición, introducción, notas y actividades de Francismo Muñoz. Zaragoza: Edelvives, 2016
Unha seleción de títulos variada de representativa das diferentes épocas e xéneros (poesía,novela, conto, teatro), da literatura española, perfectamente acorde ós programas educativos vixentes de ESO e Bachiller.
Se queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalment
e, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra.
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis, os usuarios recomendan…
A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
Posted on 1 Agosto, 2017, in Recomendacións dos nosos lectores, Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0