Actividades Letras Galegas 2016
Recomendacións de lectura, fotocoll, encontros con autores… Na biblioteca Ágora calquera disculpa parécenos boa para celebrar as Letras Galegas. E así o seguiremos facendo durante todo este mes de maio: colaborando cós centros educativos, traballando nos clubes de lectura, aproveitando as actividades que se programan no Centro Cívico, e buscando a participación dos cidadáns que nos visitan día a día.
Dende este blog queremos achegaros a información dalgunhas das actividades que estivemos a desenvolver estes últimos días:
O pasado xoves 13, recibimos no Auditorio do Centro ó Grupo Dado, un colectivo integrado polos clubs de lectura de varios centros públicos de ensino secundario de A Coruña: IES Ramón Menéndez Pildal (Zalaeta), IES Monelos, IES Agra do Orzán, IES Elviña, IES Monte das Moas, IES Rafael Dieste. Aquí vos deixamos algunhas das fotos coas que alumnos e profes participaron no noso fotocol #moitomepresta
Clica aquí para ver todas as fotos
O motivo, a celebración das letras galegas, e a entrega dos premios do concurso de videos de animación á lectura realizados polos alumnos dos diferentes clubs. Parabéns ós profesores polo éxito desta iniciativa, na que participaron máis de 50 alumnos, en tres categorías; noraboa a todos os rapaces que se animaron a recomendar… e por suposto, felicidades ós gañadores. Aqui vos deixamos un resumo dos videos presentados.
A entrega dos premio foi presentada polos alumnos do IES Zalaeta, que animou a gala con bailes e actuacións musicais, o tempo que se proxectaban versos de Manuel María
Alumnas do Instituto de Zalaeta animando a gala de presentación do concurso
E ademais tivemos a oportunidade de disfrutar da excelente música de Xardín Desordenado nun concerto patrocinado polo programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, no que interpretaron os versos de Manuel María e doutros poetas galegos que compartiron con él a paixón por Galicia e a súa lingua.

Xardín desordenado, no Ágora
Por outra banda, o sábado 14 o Club do mércores asistiu a un dos Paseos pola Coruña literaria que organiza a AELG en colaboración có Concello e Centro Ágora. Nesta ocasión o roteiro foi guiado por Yolanda Castaño, que nos levou polas rúas do barrio das Atochas para achegarnos a poesía das autores galegas máis novas. Escritoras coas que Yolanda compartiu noites bohemias e momentos de creación poética: Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Emma Couceiro, María do Cebreiro, Alicia Fernández, Lupe Gómez, Olga Novo, María Lado, Lucía Aldao… son algunhas das representantes desta nova xeración poética coa que a poesía galega, e especialmente a poesía femenina parece estar entrando nunha idade de ouro.
Baixo paraugas seguimos a Yolanda polo barrio das Atochas
Posted on 23 Maio, 2016, in Actividades do club, Club Ágora, Clubes de lectura, Escritores, Xeral and tagged club de lectura agora mercores, Concurso youtubers, Dia das Letras Galegas, encontros con autores, encuentros con autor, Letras galegas 2016, manuel maria, poesía galega, roteiros literarios, yolanda castaño. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0