Feira do libro e Viñetas desde o Atlántico
Hoxe arranca a Feira do Libro e da Banda deseñada na Coruña e alcanza xa a súa 42 edición. Este ano coincide co XVI Salón do cómic: Viñetas desde o Atlántico.
Os nosos bibliotecarios expertos en cómics (dous deles na foto) están xa no stand para suministrar toda a información acerca da feira e das bibliotecas, nas que, como todos sabedes, temos un amplísimo fondo de cómics para todos os gustos.
As mellores librarías da cidade (que por sorte para nós son moitas) tráennos as últimas novidades publicadas ao tempo que nos dan a posibilidade de coñecer de primeira man os seus autores e autoras.
Se te pasas polos Xardíns Méndez Núñez entre o 1 e o 11 de agosto poderás obter un 10% de desconto en todos os libros que están á venda. O horario de apertura é de 11 a 14 horas polas mañás e de 18 a 22 horas polas tardes.
O compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña co cómic é moi serio e profundo e, por iso, organizamos unha chea de actividades e diversas seleccións de cómics para complementar todo isto dentro das nosas bibliotecas.
Ademais, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais, especializada en todo o referente á Coruña, alberga e dixitalizan documentos que poden resultar, cando menos, interesantes e curiosos, coma a colección de carteis da Feira do Libro da Coruña de todos os anos. Que vos parece o contraste destes dous carteis?
Posted on 1 Agosto, 2013, in A biblioteca recomenda, Novas and tagged comic, coruña, feria del libro, feria do libro, festas maria pita, salon del comic, salon do comic, viñetas desde el atlantico, viñetas desde o atlantico. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Pingback: Semana da música infantil na Feira do Libro da Coruña | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña
Pingback: Semana adicada a música na infantil | Bibliosons