Monthly Archives: Agosto 2013

Nace Bibliosons: un novo blog de música nas Bibliotecas Municipais da Coruña

bibliosons2

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña estamos de estrea, acabamos de inaugurar un blog de música, Bibliosons, co obxectivo de iniciar unha nova canle de comunicación con todos os amantes da música que visitades a miúdo os nosos fondos musicais ou descoñecedes por completo todo o que as nosas bibliotecas agochamos nas estanterías entre libros, películas e cd´s

Bibliosons pretende descubrirvos a gran variedade dos nosos fondos musicais pero tamén:

  1. Informar das últimas novidades musicais incorporadas ao noso catálogo
  2. Difundir as actividades que organizamos relacionadas coa música
  3. Crear un espazo interactivo onde colaborar con entidades e asociacións que traballan no eido da música na nosa cidade
  4. Empregar a música coma un elemento de integración das comunidades de inmigrantes existentes na Coruña, a través do (re)coñecemento da diversidade cultural e da súa valorización en positivo
  5. E sobre todo, por riba de todo: charlar, compartir, opinar, debatir e mellorar as nosas bibliotecas e particularmente os nosos fondos musicais con todas vosas aportacións e comentarios.

bibliosons1

Bibliosons está estruturado en 8 categorías temáticas:

  • Local (artistas e grupos)
  • Actualidade (novidades, concertos, …)
  • Retrovisor (artistas e bandas, escenas musicais, … de épocas pasadas)
  • Recomendacións (nosas e dos nosos usuarios e usuarias)
  • Entrevistas (a artistas, xente do ambiente musical da cidade, …)
  • Radio (lista de reprodución)
  • En profundidade (reportaxes)
  • Ao Vivo (crónicas de concertos, os Xoves na Sagrada, …)

Participa, comenta e descúbrenos esa música que non atopas nas nosas bibliotecas, axúdanos a mellorar, porque como dicía Shakespeare:

O home a quen non lle conmove o acorde dos sons harmoniosos, é capaz de toda clase de traicións, estrataxemas e depravacións.  William Shakespeare

bibliosons3

E se queres recibir as próximas actualizacións de Bibliosons no teu correo, deixános o teu nome e o teu correo no formulario de contacto.

Novo clube de lectura nas bibliotecas municipais: “ELClú”


mozos lendo
Tomando nota do lema das nosas Bibliotecas Municipais “Coruña, cidade que le” a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil presenta unha proposta adicada aos mozos e mozas da cidade.

Esta vez vai dirixida ós adolescentes porque son eles os que cada día len de diversas e divertidas maneiras. Porque agora todos lemos no Facebook, no Twiter, no Tuenti, ademáis eles tamén len no instituto, len as cancións dos seus artistas favoritos, os wasaps dos colegas e mesmo nos botes de champú do baño.

Por isto, a partires do vindeiro mes de Outubro, contaremos na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil cun clube de lectura: “ElClú”. Este terá como nexo de unión os libros e será a excusa perfecta para coñecer xente, desfrutar da conversa cos autores, intercambiar opinións sobre as personaxes, pór, en definitiva, a máquina de pensar en funcionamento.

Se tes máis de once anos e pensas que podes disfrutar do noso clube non o penses mais e fai a túa preinscripción entre o 2 de setembro e o 14 de setembro. Para facela só tes que:

– Chamarnos por teléfono ao 981184388

– Achegarte á biblioteca.

– Ou enviar un correo electrónico a binfantil@coruna.es

Biblioteca(thlon)

Na marabillosa tarde de onte, soleada e calurosa, fun a unha coñecida tenda onde venden artigos, roupa e calzado deportivos. A curiosidade que vos quero contar xurde cando me dispoño a pagar, momento no que vexo uns carteis que me fan recordar os resultados da enquisa de valoración que distribuímos vía mail nos primeiros meses de 2013 entre usuarios das nosas bibliotecas.

Encontraches o que buscabas? Se non é así mándanos un mail a xxxx@xxx

Claramente, a superficie comercial busca e potencia a interacción cos clientes para obter o feedback que xenera a transmisión do coñecemento (ata o de agora nas mans dos clientes). Se a empresa non coñece as necesidades e opinións destes, dificilmente poderá mellorar e/ou cubrir as expectativas das persoas que se desprazan ata alí coa intención de adquirir algún artigo novo. E o que é peor, quizá non consiga nin que se despracen.

Como vos dixen, non puiden evitar levar isto ao meu terreo profesional e pensar que nas nosas bibliotecas ben poderiamos facer o mesmo: colocar uns carteliños similares, na saída dos recintos ou nos propios mostradores, para saber de primeira man se todo aquel que entra nas nosas instalacións atopa aquilo que está buscando.

E poderiamos tamén incluír un código QR desde o que enlazar o formulario de suxerencia de compra (dispoñible na nosa páxina web e nos mostradores en formato papel) para que calquera persoa desde o seu smartphone poida acceder e cubrilo no mesmo instante en que sae da biblioteca e mentres camiña cara o bus, o súper, o ximnasio…

O texto do cartel podería ser algo así:

Se queres que a biblioteca consiga algún libro, vídeo, disco ou calquera outro material que che interese e que non haxa en ningunha das 8 bibliotecas, cubre este formulario e intentaremos adquirilo para que poidas gozar del o antes posible.

Seguro que así recibiríamos máis suxerencias online que as 207 recibidas durante o ano 2012; e mataríamos ademais 2 paxaros dun só tiro ao darlle máis visibilidade a un servizo que resultou ser pouco coñecido entre os usuarios que cubriron a enquisa que vos mencionei.

a coruña a cidade que leE vós, coñecíades este servizo? Ou é a primeira vez que oídes falar del? Quizá en breve poidamos cambiar o lema e dicir:

A Coruña, a cidade que le e suxire lecturas

Lecturas de verán para os pequechos

A lectura sen dúbida é a chave prodixiosa da información e da cultura

lecstura niñosNo caso dos máis pequenos a literatura infantil e xuvenil contribúe a formar o pensamento crítico e a capacidade reflexiva do pequeno lector, a construir a súa identidade e a do entorno que o rodea, axudando a forxar a linguaxe e desenvolver a sensibilidade artística.

A colaboración dos pais é necesaria para impulsar o proceso de aprendizaxe. Acompañar o desenvolvemento hacia a madurez con historias e personaxes que apoien a formación de valores e de formas de vida elexidas na idade adulta.

Tanto pequenos como adultos cando lemos e desprendémonos non nos facemos necesariamente máis sabios, pero sí máis listos: descubrimos o que aínda descoñecemos, confirmamos o que non sabemos.

A lectura e as recomendacións

A lectura é sin dúbida unha tarea de gran proveito público. Non requiere enormes desembolsos nin exixe fortísimas inversións. É máis, resulta unha labor de moito máis desprendemento que fomenta o feito de que aquelo que les acábalo repartíndolo a mans cheas. Cando tes un amigo sempre acabas contándolle ese libro que acabas de ler e o que che pareceu. O normal é que o destinatario non se conforme e acabe lendo o libro para comprobalo por el mesmo.

mostras infantil

Dende Bibliotecas Municipais ofrecemos para os máis pequeños recomendacións de lecturas para este verán.

Convidámosvos a visitar as nosas Bibliotecas Municipais para desfrutar dos contiños e poder levalos en préstamo. Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

Encontro do Club de Lectura de Cómics con David Rubín

Añade tus pensamientos aquí… (opcional)

Feira do libro e Viñetas desde o Atlántico

IMG-20130801-WA0004

Gema e Iván na apertura do stand

Hoxe arranca a Feira do Libro e da Banda deseñada na Coruña e alcanza xa a súa 42 edición. Este ano coincide co XVI Salón do cómic: Viñetas desde o Atlántico.

Os nosos bibliotecarios expertos en cómics (dous deles na foto) están xa no stand para suministrar toda a información acerca da feira e das bibliotecas, nas que, como todos sabedes, temos un amplísimo fondo de cómics para todos os gustos.

As mellores librarías da cidade (que por sorte para nós son moitas) tráennos as últimas novidades publicadas ao tempo que nos dan a posibilidade de coñecer de primeira man os seus autores e autoras.

Se te pasas polos Xardíns Méndez Núñez entre o 1 e o 11 de agosto poderás obter un 10% de desconto en todos os libros que están á venda. O horario de apertura é de 11 a 14 horas polas mañás e de 18 a 22 horas polas tardes.

O compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña co cómic é moi serio e profundo e, por iso, organizamos unha chea de actividades e diversas seleccións de cómics para complementar todo isto dentro das nosas bibliotecas.

Ademais, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais, especializada en todo o referente á Coruña, alberga e dixitalizan documentos que poden resultar, cando menos, interesantes e curiosos, coma a colección de carteis da Feira do Libro da Coruña de todos os anos. Que vos parece o contraste destes dous carteis?

1373966081148_640_480_A_e9baa7e19e98bc9e9247ca5be4cdd

Cartel da Feiro do Libro coruñesa do 2013

aaaaaa

Cartel da 2ª Feira do Libro antigo e de ocasión na Coruña, dixitalizado e disponible no catálogo das Bibliotecas Municipais