Arquivo do blog
El grupo. Mary McCarthy
O Club dos Luns de Forum estrea ano e como non nova lectura. Nesta ocasión escollemos “El grupo” de McCarthy.
A obra
A novela realiza un percorrido polas vidas de oito mulleres (Kay, Dottie, Pokey, Helena, Lobby, Priss, Lakey y Polly) amigas dende a universidade, que ven como as súas vidas soñadas e planeadas cando eran estudantes se van encamiñando cara outros derroteiros ben diferentes. Mary McCarthy lévanos pola vida destas oito mozas para retratarnos a alta sociedade norteamericana do 1933. Un mundo convulso, inmerso nunha grave crise económica, coa idea de non repetir o modelo de muller que eran as súas nais.
A autora retrata asi moitos dos problemas e prexuizos da sociedade norteamericana dos anos 30: o maltrato físico e psicolóxico, o divorcio, o adulterio, a misoxinia, a loucura mental e a psicoanálise, a homosexualidade, a importantica por aquel enton tiña a virxinidade feminina á par que as mulleres comezaban unha verdadeira liberación sexual co uso de métodos anticonceptivos, etc.
Moitos dos tabúes e prexuizos que ali aparecen criticados seguen enquistados na sociedade actual non só nos Estados Unidos, senón tamén no noso país.
Secadra unha novela que presenta tintes autobiográficos xa que a propia autora estudou na mesma universidade das protagonistas. No transcurso dos feitos ímonos atopando con éxitos e fracasos, soños rotos e ilusións cumpridas, pero en case todos os casos hai un transfondo de desilusión e de engano, como se o feito de ser mulleres máis ou menos cultas e preparadas non fora suficiente para acadar unha existencia plena e chea de sentido. Non deixa de ser polo tanto unha historia de persoas reais na que o lector pode atopar fieis reflexos que lle recorden a algún caso coñecido ou mesmo a algún capítulo da súa propia vida.
A autora
Mary McCarthy naceu en Seattle no 1912 e morreu en Nova Iork no 1989. Orfa aos seis anos de idade, marchou a vivir cuns tíos, e tras uns problemáticos anos viviu cos seus avós.
Licenciada pola universidade de Vassar, McCarthy gañouse unha rápida e merecida reputación como novelista, ensaista e crítica cultural. Frecuentou os círculos da esquerda política amosandose troskista e anti leninista, ampliando as súas posturas políticas ao longo como anti liberal e en contra da guerra de Vietnam.
Tanto nos seus ensaios como nas obras de ficción máis ou menos autobiográficos (entre as que destaca “El grupo”) chama a atención a súa obsesión ética pola verdade e a independencia de criterio.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña tamén podedes atopar “Memorias de una joven católica” e “Pájaros de América”
Para máis información tamén podedes votar un ollo ao post que sobre a obra realizou a nosa compañeira Emma Pedreira









