Arquivo do blog
Recital de Poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba
Publicado por: Antonio Picallo
O martes 22 de Abril ás 19:00 h. na Biblioteca Forum Metropolitano, dentro das actividades do Día do libro, temos a sorte de asistir ao recital de poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba.
Acceso libre e gratuíto ata completar aforo.
Para Lucía Aldao e María Lado a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza ao espectador. Así, presentan un recital ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co público. Consta de música en directo, xogos e historias, pero sobre todo hai comunicación poética pura e verdadeira. É un espectáculo para emocionar a aqueles que odian a poesía.
Despois de títulos como “Onde estea un cubalibre que se quite un soneto“, “Moita poesía, pouca diversión”, Aldao e Lado presentan “Con dez poemas por barba”, un recital dos poemas máis significativos de Aldao e Lado, no que contan os seus máis hilarantes experiencias como poetas, rin das súas miserias líricas e cantan as súas cancións preferidas.
Publicado en A biblioteca recomenda, Novas
Etiquetas: con dez poemas por barba, Día del libro, Día do libro, lucia aldao, maria lado, Poesía








