Arquivo do blog

Mostra: O pasado é futuro, na Biblioteca Forum

A Historia permite aprender os feitos do pasado para así comprender o presente e albiscar o futuro. Existen varias razóns polas que coñecer a Historia é moi enriquecedor. Para entender a sociedade actual, é necesario saber a historia do teu propio país e a do teu continente. Ademais, o estudo e a paixon por esta disciplina achega ao historiador, un método de análise fundamental. Por iso, temos que coñecer a historia para poder comprender os acontecementos actuais e evitar no posible volver cometelos, pois como di o refrán “Quen non coñece a súa historia está condenado a repetir os seus erros”.

A Biblioteca Forum Metropolitano fai unha selección, de entre os seus fondos, da mellor novela histórica e as súas mellores obras de divulgación histórica.

Mostra bibliográfica: O pasado é futuro

Accede á Galería fotográfica da mostra O pasado é futuro no Flickr de Bibliotecas Municipais

Podes coñecer os fondos que integran a mostra no seguinte Wiki – Mostra Bibliográfica O pasado é futuro, e tamén a Guía de lectura da mostra O pasado é futuro:

Guía Bibliográfica da mostra

100 anos da Gran Guerra

Ademáis conmemoramos o comezo da Primeira Guerra Mundial cunha minimostra especial dentro da propia mostra “O pasado é futuro”. Este 2014 cúmprense cen anos do comezo da Primeira Guerra Mundial, tamén coñecida como “A Gran Guerra”. Foi este un conflito que tivo enormes consecuencias para a sociedade da súa época e que marcou un antes e un despois na Historia da humanidade. A bibliografía das Bibliotecas Municipais da Coruña, relacionada directamente con esta efeméride, podémola consultar no seguinte Wiki.

 

 

As nosas recomendacions especiais son:

 

1914: De la Paz a la guerra / Margaret MacMillan (Turner, 2013)

O relato definitivo das forzas políticas, culturais, militares e persoais que levaron a Europa cara á Gran Guerra.A Primeira Guerra Mundial puxo fin a un longo período de paz sostida en Europa: unha época na que se falaba confiadamente de prosperidade, de progreso e de esperanza.

 

 

 

Manfred von Richthofen : El Barón Rojo / J. Eduardo Caamaño (Almuzara, 2014)

Escrito cun estilo fluído e de amena lectura, este libro biográfico tamén detalla anécdotas da súa vida, curiosidades do conflito, e fai unha reconstrución dos seus soados combates, ademais dunha interesante análise acerca da polémica creada ao redor da súa morte.

 

 

De París a Monastir / Gaziel ( Libros del Asteroide, 2014)

Gaziel reuniu algo máis da metade das súas colaboracións bélicas no xornal “La Vanguardia” e publicounas en varios libros. De todos eles o máis impactante e logrado, seguramente, é De París a Monastir. Publicado por primeira vez en 1917, considerado como un libro fundamental do xornalismo español do século XX.

 

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podes encontrar estas obras, consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo.

Libros en Directo con Javier Sierra

O ciclo Libros en Directo volta ó Centro Ágora este xoves, 12 de decembro, ás 20:30 horas e pecha o último encontro con autor  deste ano coa visita do escritor e contertulio televisivo e radiofónico Javier Sierra.

Como é de costume os membros dos nosos Clubs de Lectura estarán presentes nesta nova cita con Libros en Directo: encontros con autor para compartir con Sierra as impresión da súa última novela, lida e comentada nas tertulias semanais dos clubes.  A entrada é libre e gratuita.

Javier Sierra: periodista, escritor e investigador

A actividade profesional deste turolense de nacemento e xornalista de formación está ligada á comunicación, á escritura e á investigación.

Escritor

Como escritor Sierra  plantexa  que as súas novelas teñan como propósito común resolver misterios históricos, baseándose en documentación e investigación de campo, centrándose en misterios da Historia que, segundo él,  levan agardando séculos a ser desvelados.

Xornalista 

Desde moi cedo sentiuse atraído polo mundo da comunicación. Deste xeito, coñecemos o seu lado máis popular por su participación  en diversos espacios radiofónicos y televisitos como  el programa de Cuatro Cuatro Milenio y en la Cadena Ser con Milenio3 presentando la sección El hombre de los libro.

Javier Sierra é o primeiro escritor español que entrou no Top Ten da lista dos máis vendidos de Estados Unidos, elaborada por The New York Times. Conseguiuno en marzo de 2006 coa súa obra The Secret Supper, La Cena Secretaalcanzando o número 6.

Esta novela editouse en 42 países e leva vendidos máis de tres millóns de exemplares, colocando o escritor como o segundo escritor español contemporáneo máis traducido, tras Carlos Ruiz Zafón e por diante de Juan Gómez-Jurado  Varias produtoras estadounidenses mostráronse interesadas en levar a novela ao cine.

Gañou tres Latino Book Awards otorgados á mellor novela histórica d0 2007 por La dama azul, e á mellor novela de aventuras en 2011 en inglés e español, por  El ángel perdido.

El Maestro del Padro

maestro del prado

Este xoves, no Centro Ágora, Javier Sierra comentará a súa última obra.

El Maestro del Prado presenta un apaixonante percorrido polas historias máis descoñecidas e secretas  dunha das pinacotecas máis importantes do mundo, o Museo del Prado, ó máis puro estilo dos relatos de enigmas. Como o propio Sierra recolle en súa páxina web, El Maestro del Prado é:

Una aventura que cambiará para siempre nuestra percepción del arte y nos ayudará a comprender su función íntima y su sentido

Os integrandes do Club de Lectura de Forum mañas da Biblioteca de Forum Metropolitano e do Café con Libros da Biblioteca de  Os Rosales compartiron impresións tras a lectura desta última obra. Os coordinadores de ambos clubs, Enrique Pereira e Anabel Cardiel  presentáronnos e analizaron en post anteriores ás  reflexiones da obra.

Obras de Javier Sierra en Bibliotecas Municipais A Coruña:

  •  En busca de la Edad de Oro : los tesoros ocultos de las civilizaciones perdidas
  • La cena secreta
  • La dama azul
  • Las puertas templarias : libro de pistas gráficas
  • La ruta prohibida y otros enigmas de la historia
  • El ángel perdido
  • El secreto egipcio de Napoleón
  • El maestro del Prado y las pinturas proféticas

Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo

catalogo1

Comeza a tempada dos clubs de lectura

Rematado o verán e o período de vacacións os nosos clubs de lectura voltan ó curso e retoman a sùa actividade neste mes setembro e comezo de outubro.

club de lectura

¿Que son os clubes de lectura?

Os clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña son grupos de persoas afeccionadas á lectura que se reúnen periodicamente para comentar e valorar un libro proporcionado polas Bibliotecas Municipais da Coruña coa axuda dun coordinador.

¿Quen pode participar?

Non fai falta ser un experto lector, o club de lectura está pensado para persoas con inquietudes culturais, gañas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro só é un punto de partida. Pode participar calquera persoa que queira, ata o máximo de persoas establecidas por clube.

¿Cómo funciona un club?                                           club de lectura rosales

Bibliotecas Municipais adquire a cantidade suficiente de exemplares dos títulos dos libros elexidos para que cada participante teña o seu durante o tempo necesario. A lectura  faise cada un na súa casa e o ritmo é o marcado polo club.

O coordinador encárgase de moderar as reunións semanais para comentar o que se leu ó longo da semana. Os debates adquiren sempre un carácter sempre amigable e desenfadado. O que sí , é necesario respetar os turnos de palabra e axustar os tempos de intervención. O persoal bibliotecario presta apoio a todo o que axude a contribuir a enriquecer a lectura, asesorando e facilitando aos lectores o acceso a toda a información.

¿Cando se celebran as reunións?  

Semanal, quincenal ou mensualmente dependendo do club e da biblioteca.                                                                                                                                               

En que bibliotecas se desenvolve a actividade

Na actualidade Bibliotecas Municipais de A Coruña conta con un total de 11 clubs:

Para máis información ou apuntarte como reserva nos clubes que están completos podedes acudir as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono

CALENDARIO COMICS BUENO

Bibliotecas Municipais de A Coruña conta cun Club de Lectura Virtual na que os membros non se reúnen físicamente, senón que utilizan o blog para intercambiar as impresións sobre o lido. Se estarás interesado e queres máis información.  Visita o  Ciber Club

Faite socio das Bibliotecas Municipais  

Se queres facerte socio das nosas bibliotecas e ter o carné  podes facelo de dous xeitos:

  • Persoalmente, acudindo a unha das nosas oito bibliotecas cubrindo a solicitude
  • Electrónicamente, a través da nosa páxina web, cubrindo o formulario

Leo, leo, ti que les ?

Decía Borges que “Dos diversos instrumentos inventados polo home, o máis asombroso é o libro; todos os demáis son extensión do seu corpo… Só o libro é unha extensión da imaxinación e da memoria”

 Lemos todos os días. A todas horas. Inconscientemente: a información nutricional da caixa de cereais, a factura da electricidade, as vallas publicitarias. Conscientemente: unha novela de Anxos Sumai, o xornal, o Facebook. Realmente somos máis lectores que nunca.

a coruña a cidade que leTanto pequenos como adultos cando lemos e nos deprendemos non nos facemos necesariamente máis sabios, pero sí máis listos: descubrimos o que aínda descoñecemos, confirmamos o que non sabemos

Recomendar un libro

A lectura é sin duda unha tarea de gran proveito público. Non requiere enormes desembolsos nin exixe fortísimas inversións. É máis, resulta unha labor de desprendemento,  que fomenta o intermabio, o feito de que aquelo que les, acábalo repartíndolo a mans  cheas. Cando tes un amigo sempre acabas contándolle ese libro que acabas de ler e o que che pareceu. O normal é que o destinatario non se conforme e acabe lendo o libro para comprobalo por el mesmo.

Dende as nosas Bibliotecas Municipais ofrecemos para o noso público adulto recomendacións de lecturas para este verán e mostras bibliográficas temáticas para poder poñer en práctica todos eses beneficios que nos aporta a lectura

montaje muestras

Adultos

Este é,  sen dúbida, un dos homenaxes máis bonitos e representativos feito ao libro e a lectura.  The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore  foi a curtametraxe elexida como gañadora nos  Premios Óscar na categoría de Mellor Curtometraxe en 2012.

 

Ven a visitar as nosas bibliotecas e leva en préstamo a nosas recomendacións. Podes consultar o noso catálogo para ver a disponibilidad dos libros, revistas, cd, dvd, …

Encienden las palabras… erotismo y literatura

Encienden las palabras… este es el título de la muestra bibliográfica que ocupa estas semanas el escaparate de la Biblioteca Forum y que contiene una selección de libros que rezuman erotismo en cada una de sus páginas…

Encienden las palabras, muestra bibliográfica en la Biblioteca del Forum

Encienden las palabras, muestra bibliográfica en la Biblioteca del Forum

…Lo erótico consiste en dotar al acto sexual de un decorado, de una teatralidad para, sin escamotear el placer y el sexo, añadirle una dimensión artística…
…Digámoslo desde el principio: no hay gran literatura erótica, lo que hay es erotismo en grandes obras literarias. Una literatura especializada en erotismo y que no integre lo erótico dentro de un contexto vital es una literatura muy pobre….

Mario Vargas Llosa

Y es que, aunque la literatura erótica estuvo durante mucho tiempo relegada a los rincones más escondidos de las bibliotecas públicas y particulares, el reciente bombazo literario del verano de “Cincuenta sombra de Grey” ha encendido el imaginario sexual de muchos lectores, que con sus críticas y alabanzas han puesto de moda este denostado género literario y cuyos inicios se remonta a los primeros escritos del Antiguo Egipto y que en el siglo XX volvió a cobrar cierta importancia con la polémica obra de D.H. Lawrence publicada en 1928 “El amante de Lady Chatterley“.

Así que tanto si te han parecido intragables las historietas de Anastasia y el Señor Grey, como si la trilogía te ha dejado con ganas de leer más de este género, pásate por la Biblioteca del Forum y atrévete a llevarte alguno de los libros que hemos seleccionado para vosotros y que están pidiendo a gritos que te los lleves a tu mesilla de noche.

Galería de imágenes de la muestra

Galería de imágenes de la muestra “Encienden las palabras”

En la a relación de títulos destacados que podéis encontrar en la Wiki creada ad hoc, seguro que descubrís alguna sorpresa o detectáis alguna ausencia, colaborad enriqueciendo nuestra selección con aquellos libros que en algún momento os han encendido…