Arquivo do blog
Mulleres coraxes: #readwomen2014, Ano das Mulleres Lectoras
Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais de A Coruña dedicamos este ano o Día Internacional da Muller, queremos destacar esta iniciativa que sitúa o 2014 como o Ano das Mulleres Lectoras #readwomen2014, que trata de animar ós lectores e lectoras a coñecer e achegarse á literatura feita por mulleres, mulleres coraxe.
Esta iniciativa xurde no mundo anglosaxón cando a escritora e ilustradora Joanna Walsh adoptou a tradición francesa de enviar cartas para felicitar o ano novo en forma de marcapáxinas, incluíndo no seu reverso nomes de escritoras. Un simple regalo para os lectores do seu blog e que posteriormente trasladou a Twitter, publicando unha lista con 250 referencias de escritoras que ler co eslogan 2014 o Ano das Mulleres Lectoras.

A esta campaña sumáronse outras para reindivicar a figura da muller na literatura, orixinándose un auténtico movemento.Os editores de grandes publicación, con grandes tiradas, adquiron o seu compromiso de implicación xa que como eles mismo indicaron ” nada cambiará si a xente non actúa dentro do entorno do que ten certo control“. Por esta razón o editor da revista The Critial Flame afirmou que o 2014 adicaríanllo a escritoras.
Joanna Walsh esta escritora e ilustradora chámalle a atención sobre as prácticas lectoras sexistas no mundo algosaxón. Walsh non inventou nada, baseouse a súa información no censo anual da organización Vida: Women in Litery Arts que comproba que nos principais suplementos e revistas o número de mulleres reseñistas e salientadas é inferior ao da presenza masculina
Pero sen lugar a dúbida, foi ó traslado de esta iniciativa o que fixo que a súa repercusión alcanzase miles, e millóns de seguidores.Existe unha conta oficial de Twitter e un hashtag para facer referencias ó Ano das Mulleres Lectoras.
Twitter: @ReadWomen214 Hashtag: #readwomen2014
Joanna Walsh @badaude
A está escritora e ilustradora adoptou o como seudónimo Badaude, tomado dunha antigua palabra francesa que ten relación con Flameur: “unha persoa que observa toda con relantí, asomo ou sorpresa”. Badaude quería contar historias a través do deuxco, un reto interesante, o de representar o espacio no tempo nunha soa páxina.
Nos hoxe sumámonos a campaña do Ano das Mulleres Lectoras co #readwomen2104 presentánfovos a Joanna Walsh
Os seus libros
London Walks 
Foi o seu primero libro. Son ensaios visuales sobre a cidade de Londres. Publicouse en 2011 pola Tate e os seus exemplares agotáronse en menos de nove meses e foi reimpreso en dúas ocasións. Londo Walks! é unha guía turísitica a través de 21 paseos, 3 rutas de autobús e un viaxe en barco.
Fratals é un modelo no que os patróns da estructura xeneral se replican a nivel individual. É unha imaxen útil a ter encontra ó leer historias impresionistas ver la alienación y el descontento da vida moderna exprésase a tarvés das experiencias dos individuos aislados.
Ruptura de la relación entre las perosonas y los objetos , personas y lugares, aspiraciones y realidad
Se queres saber máis da vida e dos traballos literarios visita o blog de Joanna Walsh que leva por nome o seu seudónimo, Badaude.
Sumádevos a iniciativa do Ano das Mulleres Lectoras recomendando obras de escritoras en Twitter co hashtag #readwomen2014.
Nas Bibliotecas Municipais contamos con Wiki destinado ás Mulleres Coraxe no que lembramos a esas pioneiras que, pese a todo, lograron acadar un éxito tras outro ao mesmo nivel que os homes e, en ocasións, maior. Falamos de escritoras, científicas e investigadoras, nais, cantantes, actrices, irmás, políticas, mestras, esposas…
Se queredes coñecere levar en préstamo as obras das nosas Mulleres Coraxe podedes consultar no Catálogo das Bibliotecas Municipais a dispoñibilidade dos materiais








