Category Archives: Novas
Atopamos historias, creamos vivencias
Dicía Emily Dickinson “Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro” e dende a Biblioteca Municipal Ágora animámosvos a viaxar con nós a través da lectura. Porque sempre hai algo novo por aprender, por descubrir … e que mellor maneira de facelo que compartindo historias, reflexións e experiencias nun club de lectura!
CLUB DE LECTURA XUVENIL QUÉROTE +
Se che gusta ler, tes entre 14 e 18 anos e queres formar parte dun grupo que aborda diferentes temas dende relacións saudables a sexualidade consciente, o #CLXQ+ é o teu club.
Comezamos no mes de outubro e reunirémonos os xoves pola tarde, cunha periodicidade quincenal.
Se che interesa participar podes apuntarte cumplimentando o formulario de inscrición na nosa páxina web, que estará operativo dende o 7 de setembro ata cubrir prazas.
Podes botar un vistazo ás fotos do curso pasado no noso perfil en Instagram ou en Flickr!!
CLUB DE LECTURA EN INGLÉS
Se che gusta ler, queres practicar inglés e formar parte dun grupo que se reúne para compartir lecturas… este é o teu club!!
A actividade terá lugar todos os luns a partir de outubro, en horario de 18.00 a 19.15.
O prazo de inscrición estará aberto dende o 7 ao 30 de setembro. Requírese un nivel pre-intermedio de inglés, xa que as sesións se desenvolverán íntegramente en lingua inglesa.
Se estás interesadx en participar, podes anotarte por calquera das seguintes vías:
-Achegándote á Biblioteca Municipal Ágora
-Chamándonos por teléfono 981 189 886
-Enviándonos un correo electrónico bagora@coruna.es
Ademais …
Temos dous clubs de lectura de adultos, un que se reúne os martes pola tarde e outro o mércores tamén en horario de tarde. No grupo dos mércores todavía hai algunha praza vacante, así que se estás interesadx … pregunta na biblioteca!!
Libros en directo: Paolo Giordano
O próximo venres 19 de xuño terás a oportunidade de ver e escoitar no Centro Ágora a Paolo Giordano. O escritor participará no ciclo de encontros con autores Libros en Directo, presentado por Pedro Ramos.
Giordano (Turín, 1982) falará nesta ocasión da súa terceira novela, Como de la familia, unha minuciosa radiografía da familia moderna.
Persoalmente descubrín a este autor alá polo ano 2009 cando se publicou en España a súa primeira novela La soledad de los números primos. O debut como escritor deste licenciado en Física Teórica resultou todo un éxito, sendo galardoado co máximo premio literario en Italia, o Strega. Pero a min o que me chamou a atención non foi o galardón nin a xuventude de Giordano -que contaba con 26 anos cando se publicou a súa ópera prima. O que espertou en min un especial interese por esta historia foi esa brillante metáfora sobre a soidade … os números primos!
Cinco anos despois sorprendeume coa novela de corte social El cuerpo humano, protagonizada polos soldados italianos da base de operacións Fob Ice, no val de Gulistán (Afganistán). Unha historia que fala da guerra, da dor, da traizón.
Los traumas familiares son el motor de mi trabajo como escritor. Sí, he estado en Afganistán, en la guerra. Pero yo las peores guerras las he visto dentro de las familias. Y es ahí por donde seguirá avanzando mi obra.
E agora ve a luz a súa terceira novela, Como de la familia, unha obra íntima e breve que fala da morte, pero tamén da vida.
A historia xira arredor dun matrimonio novo que sufre a morte da señora A, a muller que coida da súa casa e do seu fillo. Cambalearase toda a súa existencia?
—¿Qué es lo que más echas en falta de ella? —dije.
No tuvo necesidad de reflexionar, era evidente que ya había meditado la respuesta.
—Echo de menos la forma que tenía de darnos ánimo. La gente es muy avara con el ánimo. Sólo quieren asegurarse de que tengas aún menos que ellos.
Se che apetece descubrir máis detalles desta historia e de Giordano … lembra que tes unha cita o xoves 19 ás 20.00 horas no Centro Ágora!!
Libros en directo: Rodrigo Muñoz Avia
O próximo xoves 28 de maio teremos a oportunidade de escoitar a Rodrigo Muñoz Avia no Centro Ágora. O escritor participará no ciclo de encontros con autores Libros en Directo, presentado como ven sendo habitual por Pedro Ramos.
Rodrigo Muñoz Avia (Madrid, 1967) estudou Filosofía na Universidade Complutense e formouse como escritor durante tres anos na Escola de Letras de Madrid.
Ás súas costas ten xa unha longa traxectoria como autor, tanto de literatura infantil e xuvenil como de novela para adultos.
Novela infantil e xuvenil
Lo que no sabemos (1996, Premio Jaén de Narrativa Infantil e Xuvenil), El portero de hockey (2003), Los perfectos (2007, Premio Edebé de Literatura Infantil), Mi hermano el genio (2010, Premio Edebé de Literatura Infantil), La jaula de los gorilas (2011) e El signo prohibido (2015, Premio Edebé de Literatura Infantil).
Novela de adultos
Psiquiatras, psicólogos y otros enfermos (2004), Vidas terrestres (2007) e Cactus (2015), unha historia moi divertida da que nos falará en Libros en Directo.
Todas estas obras podes atopalas nas Bibliotecas Municipais da Coruña. Se che interesa levar algunha en préstamo, consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo.
Para rematar, gustaríame compartir un par de citas que me chamaron a atención da súa última novela:
Hay que mirar a las cosas a la cara y actuar en consonancia, tener una mirada más amplia, y sobre todo más profunda, entender que somos una mínima pieza de una larga historia, y contribuir a mejorarla, mirar hacia el futuro y hacer que el mundo sea mejor, sí, el mundo, y poder sentirnos orgullosos de nuestro paso por la tierra, tener un poco de dignidad, esa es la manera de afrontar la realidad y dejar de huir.
La vida es un segundo, un minuto, un chiste, un orgasmo. Este fue el zenit de su pensamiento. Tras él supo permanecer en silencio durante un buen rato…
Se che apetece descubrir máis detalles da obra e de Muñoz Avia… lembra que tes unha cita o xoves 28 ás 20.00 horas no Centro Ágora!!
Actividades Astronómicas na Biblioteca Forum
Baixo o título “#ÉoCosmos!”, a Biblioteca Municipal Forum Metropolitano organiza para os meses de maio, xuño e xullo unha selección dos mellores materiais relacionados coa Astronomía, incluíndo as mellores novelas e películas de ciencia ficción.
Astronomía:
Astronomía é a ciencia que se ocupa do estudo dos corpos celestes do universo, incluídos os planetas e os seus satélites, os cometas e meteoros, as estrelas, etc. O seu rexistro e a investigación da súa orixe vén a partir da información que chega deles a través da radiación electromagnética ou de calquera outro medio. A astronomía estivo ligada ao ser humano desde a antigüidade e todas as civilizacións tiveron contacto con esta ciencia. Personaxes como Aristóteles, Ptolomeo, Hipatia de Alexandría, Nicolás Copérnico, Galileo Galilei, foron algúns dos seus cultivadores. É unha das poucas ciencias nas que os afeccionados aínda poden desempeñar un papel activo, especialmente no descubrimento e seguimento de fenómenos como curvas de luz de estrelas variables, descubrimento de asteroides e cometas, etc. Temos os mellores manuais de Astronomía a disposición dos usuarios e ademáis podes coñecer a vida e obra de grandes astrónomos.
Novela de ciencia ficción:
No seu século e medio de existencia, a literatura de ciencia ficción pasou por períodos caracterizados por moi diversos estilos. Desde as fabulosas fantasías tecnolóxicas de Verne e Wells até os máis recentes cyberpunk e steampunk, por citar un par de exemplos, diversas correntes e etapas marcaron a historia do xénero. Nesta mostra bibliográfica ofrecemos unha selección de obras destacadas dentro da novela de ciencia ficción pero só relacionadas coa Astronomía. Obras como “Crónicas marcianas” (1950) de Ray Bradbury ou “Blade Runner: ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?” (1968) de Philip K. Dick son dous exemplos que nos poderemos atopar na mostra.
Cinema e Astronomía:
No cinema houbo e hai grandes valedores do xénero da ciencia ficción. Ben mediante a adaptación de contos e novelas, ben mediante a produción de películas con guións especialmente creados para a gran e a pequena pantalla. O cinema de ciencia ficción utilizouse en ocasións para comentarios críticos de aspectos políticos ou sociais, e a exploración de cuestións filosóficas como a definición de ser humano. O xénero existiu desde os comezos do cinema mudo, cando o Lle Voyage dans a Lune (1902) de Georges Méliès asombrou á súa audiencia cos seus efectos fotográficos. Desde a década de 1930 até a de 1950, o xénero consistía principalmente en películas de serie B de baixo orzamento. Tras o fito de Stanley Kubrick de 2001: A Space Odyssey de 1968, o cinema de ciencia ficción foi tomado máis en serio. A finais da década de 1970, películas de orzamento alto con efectos especiais convertéronse en populares entre a audiencia. Películas como Star Wars (1977) ou Close Encounters of the Third Kind (1977) achandaron o camiño de éxitos de vendas nas seguintes décadas como Alien (1979), E.T.: The Extra-Terrestrial (1982), Blade Runner (1982) e Men in Black (1997).
Ademais, dende a Biblioteca, e coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, propoñémosche unha serie de actividades complementarias para achegar a Astronomía aos cidadáns:
Observación astronómica / 22 de Maio ás 22:30 h.
Inscrición previa desde o 15 de Maio
No Parque Europa, coa Agrupación Ío como mestra de ceremonias, observaremos as estrelas, os planetas e a lúa -sempre que o tempo acompañe-. Apto para tódolos públicos.
As estrelas máis preto do que imaxinas / 1 de Xuño
Charla con Óscar Blanco (Agrupación Ío) na que veremos a relación existente entre o ceo e o noso día a día. Sabes que hábitos e tradicións teñen que ver coa astronomía?. Descúbreos!!
O ceo é para todos / 4 de Xuño ás 18:30 h.
Inscrición previa desde o 28 de Maio.
Obradoiro experimental orientado a nenos e nenas de 5 a 7 anos. Música, danza, expresión artística e teatral para os que miramos estrelas querendo soñar.
Cinema e Astronomía / 11 Xuño ás 19:00 h.
Da man do crítico de cine Martin Pawley veremos que a astronomía e o cine comparten algo máis que estrelas. Unha viaxe retrospectiva que vai desde “Le voyage dans Lune” ata Interstellar.
Quero ser Astronauta / 18 Xuño ás 18:30 h.
Inscrición previa desde o 11 de Xuño.
Saberías utilizar un brazo robótico e/ou pilotar unha nave espacial?. Se tes entre 9 e 13 anos, e queres coñecer de primeira man as probas para convertirte nun astronauta, non o dubides, apúntate. Actividade realizada a través de Ler Conta Moito.
Consulta o cartel e o material no Wiki da Mostra. As actividades que necesitan inscrición previa, será na web das Bibliotecas Municipais da Coruña. Máis información na propia web, no teléfono 981 184 298 ou no mostrador da Biblioteca.
Libros en directo: James Ellroy
O próximo xoves 16 de abril teremos a oportunidade de ver a James Ellroy no Centro Ágora, presentando a súa última novela Perfidia. Ellroy participará no ciclo de encontros con autores Libros en Directo, presentado polo escritor Pedro Ramos.
James Ellroy naceu o 4 de marzo de 1948 en Los Angeles (California, Estados Unidos). Cando tiña apenas 10 anos, a súa nai foi asasinada, feito que marcou a vida persoal e literaria de Ellroy. Tras unha infancia e adolescencia rebeldes, alistouse no exército, abandonándoo para coidar ao seu pai ao sufrir este un infarto. Trala morte do seu pai entregouse ás drogas e á vida delictiva, ata que en 1977 entrou en Alcohólicos Anónimos e comezou a refacer a súa vida. O seu traballo como caddie nalgúns clubs de Los Angeles permitíalle vivir e dedicar tempo á escritura. Con 30 anos publicou a súa primeira novela, Requiem por Brown.
As súas obras caracterízanse por un estilo cortante e por un ton macabro, pesimista e escuro. Ellroy centrouse no xénero policíaco, no que acadou gran éxito con obras como La dalia negra ou L.A. Confidential. As súas personaxes, decadentes e carecedoras de esperanza, fixérono merecedor do título de Demon Dog of American Crime Fiction (o can demoníaco da novela negra americana).
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar as seguintes novelas de Ellroy: L.A. Confidential (1998), Sangre en la luna (2001), A causa de la noche (2001), La dalia negra (2003), Loco por Donna (2005), El asesino de la carretera (2008), Jazz blanco (2009), Noches en Hollywood (2009), Sangre vagabunda (2010), Seis de los grandes (2010), Clandestino (2011), América (2010), e Perfidia (2015). Consultade o noso catálogo para ver a súa dispoñibilidade.
E se queredes descubrir máis detalles sobre Ellroy e a súa traxectoria… lembrade que tendes unha cita no Centro Ágora o xoves 16 ás 20.00!!
Libros en directo: Martín Casariego
O próximo xoves 19 de marzo teremos a oportunidade de escoitar en Libros en Directo ao escritor Martín Casariego Córdoba. O encontro terá lugar ás 20.00 horas no Centro Ágora e será presentado, como ven sendo habitual por Pedro Ramos.
Martín Casariego (Madrid, 1962) licenciouse en Historia da Arte na Universidade Complutense de Madrid. A súa primeira obra, Qué te voy a contar (1989), recibiu o Premio Tigre Juan á mellor opera prima dese ano. No ano 1997 obtivo o Premio Ateneo de Sevilla coa súa novela La hija del coronel e dez anos máis tarde, foi galardonado co Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil pola novela Por el camino de Ulectra. En 2008 un xurado presidido por Ana María Matute concedeulle o Premio Logroño de Novela pola obra La jauría y la niebla. Ademais de novelas e relatos, é autor de guións de cine como Amo tu cama rica, La fuente amarilla, Días azules, Tú qué harías por amor ou Y decirte alguna estupidez, por ejemplo, te quiero.
A súa última novela El juego sigue sin mí, da que nos falará en Libros en Directo, recibiu o Premio de Novela Café Gijón 2014. O xurado destacou da obra a fluidez coa que Casariego manexa a historia de aprendizaxe que se establece entre dous mozos de hoxe en día.
O protagonista, de nome Ismael, rememora a época dos seus trece anos na que os seus pais contrataron a Rai, un rapaz cinco anos maior ca él, para darlle clases particulares. Entre os dous xurde unha relación moi especial, de aprendizaxe, de formación, de admiración. Rai fálalle de libros, de películas, de música, pero sobre todo, da VIDA. Unha historia que engancha dende o primeiro parágrafo e que non deixa indiferente a ningún lector.
Para que vos fagades unha idea, comparto algunhas das citas extraídas da obra que fun anotando mentras lía:
“Nunca sientas lástima de ti mismo. La vida no trata de no caer, sino de cómo levantarse”
“Aseguraba que el mundo estaba cubierto de cicatrices. Según él, hasta las hojas de los árboles estaban llenas de cicatrices. Y las peores eran las que no se veían”
“Creía que madurar consistía en ir sabiendo cada vez más respuestas. Ahora me inclino a pensar que es más bien ir convirtiendo las certezas en dudas, desandar el camino”
“Pero cuando uno llora por algo que le han contado, en realidad no llora por eso, sino por otros motivos. Llora por el mundo, por la fragilidad de la vida, por el tiempo que pasa para no volver. Llora por uno mismo, en el fondo, porque uno siempre está solo, excepto en algunos ratos en los que se produce el milagro de la compañía”.
Ademais de El juego sigue sin mí, nas Bibliotecas Municipais podedes atopar outras moitas obras de Casariego, consultade a súa dispoñibilidade no noso catálogo.
E lembrade, se queredes descubrir máis detalles sobre Martín Casariego e sobre a súa obra… tendes unha cita o xoves 19 no Centro Ágora!!!
Día de Rosalía 2015
A Asociación Escritoras-es Lingua Galega (AELG) promove dende o ano 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, do Día de Rosalía.
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema “Eu son Rosalía!” e convida os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo ao resto do mundo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…“.
Todas aquelas persoas que vos animedes a realizar o vídeo ou que queirades expresar o voso sentir pola obra de Rosalía, podedes difundilo tamén en redes sociais utilizando o cancelo #EuSonRosalía.

Ademais, na Biblioteca Municipal Ágora realizarase unha lectura pública de textos rosalianos o martes 24 de febreiro ás 19.00 horas. Animámosvos a que vos acheguedes á biblioteca a celebrar connosco o Día de Rosalía e convidámosvos a participar coa lectura dalgunha das súas obras.
Ata entón, eu despídome cuns versos de Rosalía:
“Ben sei que non hai nada
novo embaixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que hora eu penso.
E ben, ¿para qué escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo”





































