Category Archives: Escritores

Presentación da Escolma Poética Versus na Biblioteca Forum

Portada Versus

O luns 10 de decembro ás 19:30 h na Biblioteca Municipal do Forum preséntase a Escolma Poética “Versus”, editado pola Organización Cultura O.L.C.A

En palabras do prologuista da obra, Carlos Solla, estes autores firman unha selección que atesoura valentía, sensibilidade, talento e maxia en verso.

A presentación  correrá a cargo de catro dos cinco autores que conforman a escolma “Versus”: Antón Borrazás, Miguel Queipo, Óscar de Souto y Manuel G Pombo. Despois tera lugar un recital poético a cargo do grupo VERSUS  ( Antón Borrazas, Miguel Queipo e Javier Seijas coa colaboración de Lourdes M. Fernández).

Guerra de Identidade de Déborah Vukusic

Onte, na Biblioteca de Ágora, dentro da programación de Ráfagas (proxecto transversal e multidisciplinar a caron da exposición de Gervasio Sanchez, Sarajevo, guerra y paz) tivemos a sorte de contar coa presencia de Déborah Vukusic, metade galega e metade croata, que escribe no 2008 “Guerra de identidade“, poemario no que retrata ao mesmo tempo o desmembramento da antigua Iugoslavia e o da súa familia.

Programa ráfagas

A poesía de Déborah Vukusic é un exorcismo persoal, un axuste de contas consigo mesma e co seu pasado. A súa Guerra de Identidade  é fundamentalmente unha guerra persoal, a da moza que descobre o papel do seu pai no conflito armado que destruíu o seu territorio da infancia, a da filla que cuspe a raiba que leva dentro e di ao pai á cara: “es un asasino”. Podería ter sido en calquera parte do mundo, mais foi nos Balcáns. O pai, croata, ex xogador de balonman en varios equipos galegos; a nai, galega. E ela, Déborah, unha adolescente que enfronta os conflitos da súa idade, acrescentados por unha situación excepcional: a vivencia do horror.

Se ler os seus textos supón ollarmos, arrepiados, unha vida marcada pola violencia e aberta en canal, o seu recital de onte na Biblitoteca Ágora foi un exercicio de nudez, de tensión e de emoción, capaz de sumir aos asistentes nun silencio intenso e roto, marcado pola fereza, polas imaxes e polas feridas das palabras de Déborah. A autora recitou os textos centrais das dúas primeiras partes da súa Guerra de Identidade e foi mostrando, despois ,diferentes imaxes da súa última viaxe a Zagreb, da súa familia alí e das paisaxes urbanas daquel país, a partir das cais convidou ás e aos asistentes a titular cada unha delas nunha procura da esencia e das metáforas que cada fotografía encerraba.

Un debate final de media hora coas persoas asistentes, moi participativas en todo momento, sobre a súa poesía e sobre as causas sociopolíticas do conflito dos Balcáns pechou o acto. Se queredes saber mais de Vukusic podedes ler algunha das entrevistas que atopamos na rede.

Deborah Vukusic lendo os seus poemas

ACTUALIZACIÓN 20/11/2012:

Xa podedes escoitar o audio da intervención de Deborah Vukusic na Biblioteca do Ágora:

Compostela Iconográfica no Forum

La sala de exposiciones del Forum Metropolitano acoge hasta finales de este mes de noviembre la exposición Compostela Iconográfica del ilustrador Jack Mircala.

Jack Mircala es uno de los ilustradores más originales, arriesgados y poéticos, de la actualidad. Ilustrador y autor de cuentos y poemas para jóvenes lectores.

Comenzó trabajando a finales de los 80 en el diseño industrial e interiorismo, pero venció su vocación, las artes plásticas, y decidió dedicarse a la ilustración. Su trabajo asocia disciplinas como el dibujo, la escultura, la escenografía y la fotografía. Explora la herencia de la literatura gótica, el cine de terror o la pintura expresionista. Así,  sus obras (herederas de Poe, Tim Burton, lo gótico y las vanguardias artísticas europeas del siglo XX) han sido expuestas por toda España.

COMPOSTELA ICONOGRÁFICA

Compostela Iconográfica es exposición con una visión del siglo XXI que constituye una original y sorprendente apuesta que nos ofrece la oportunidad de acercarnos una vez más al talento de Jack Mircala, en esta ocasión, revisitando el santoral compostelano.

La muestra se compone de 24 esculturas, hechas únicamente con cartulina y lápices de colores, que representan a otros tantos santos compostelanos. Tijeras, cúter, pegamento de barra, cartulinas y lápices de colores son los humildes materiales con los que Mircala trabaja.

Su estética se inspira “tanto en el arte clásico (desde el Románico hasta El Greco) como en las vanguardias artísticas del siglo XX (expresionismo, constructivismo, minimalismo), para dotar a cada imagen de un poder renovado”.

Estos viejos santos parecen bajarse de sus peanas para afirmar su presencia en nuestros tiempos y abandonan así la rigidez y solemnidad que les otorgaban los materiales considerados nobles para ofrecer una nueva apariencia, acorde con la estética del artista, atento a mezclar sus atributos clásicos con conceptos vanguardistas y a traducir en nuevas iconografías la esencia de unas vidas colmadas de acontecimientos azarosos y sobrenaturales. Un trabajo insólito que suscitará el interés y el asombro de todo tipo de público.

El artista sintetiza y renueva los códigos de la imaginería cristiana creando veinticuatro representaciones de otros tantos santos con sus “humildes” materiales (cartulinas, papeles y lápices de colores, pegamento, tijeras…) y construyendo maquetas que sorprenden por sus volúmenes, sus pliegues y sus curvaturas.

Jarck Mircala en las Bibliotecas Municipales

Entre sus libros más destacados figuran:

  • Ciudad Monstrualia
  • Gamusoides Mircalianos
  • El acertijo de Valpul (Premio Lazarillo de Ilustración 2000 )
  • Siniestras amadas : 22 delirios necro-románticos de Edgar Allan Poe
  • Eclipse en Malasaña: una zarzuela negra (Premio Visual de Diseño de libros)
  • Lóbrego romance, pálida pantasma : as lendas espectrais de Malvadia
  • Descenso a Esquela

Mircala ha colaborado con editoriales españolas de primera fila (Anaya, Santillana, Bruño, Espasa) y ha realizado numerosas exposiciones.

Premio Planeta 2012

Lorenzo Silva (Madrid, 1966) ha ganado la 61 edición del Premio Planeta con la novela “La marca del meridiano”, mientras que la finalista ha sido Mara Torres con su obra ‘La vida imaginaria’.

Lorenzo Silva, autor de la saga de novela policíaca protagonizada Bevilacqua y Chamorro, debutó en el mundo de las letras en 1995 con “Noviembre sin violetas”. Silva ya tiene experiencia en grandes eventos literarios, recibió el premio Nadal en 2000 por su obra “El alquimista impaciente” y fue finalista de ese mismo premio en 1997 con “La flaqueza del bolchevique” que ha sido adaptada al cine por el director Manuel Martín Cuenca.

Está considerado toda una autoridad en el universo de la novela policíaca, puesto que es comisario del Festival de novela policíaca de Madrid Getafe Negro, y en 2009 y 2011 comisario junto a Ramón Díaz Eterovic el certamen Santiago Negro, el festival de novela negra de Santiago de Chile.

Las obras de Lorenzo Silva están disponibles en nuestras Bibliotecas

Nobel de Literatura 2012

Este ano a academia sueca designou ó escritor chinés Mo Yan para levar o premio nobel de literatura. Os argumentos foron a súa capacidade para combinar «los cuentos populares, la historia y la contemporaneidad con un realismo alucinante».

Nado no 1955 en Shandong nunha familia de labregos, pertence a esa “xeración perdida” que tivo que deixar de estudar para traballar nunha fábrica perante a “revolución cultural”.

A súa fama en occidente debese a adaptación cinematográfica da súa novela Sorgo rojo que gañou o Oso de Ouro en Berlín no 1988. Retrata a vida dunha xoven  vendida ó dono leproso dunha destilería perante os terribles anos da ocupación xaponesa.

No club de lectura dispoñemos do título “Las baladas del ajo”. Unha curiosidade é que o seu nome en mandarín significa “no hables”

“Mi realismo habla de la gente normal. Presento al lector todo tipo de caracteres, personajes con los que no ha tenido contacto nunca, situados en un ambiente especial, en el que se puede respirar el olor y oír los sonidos de la vida rural”

“Eran los tiempos turbulentos de la Revolución Cultural, en los que había conflictos entre la gente de mi pueblo todos los días. Mi padre era agricultor, pero mi familia tenía una posición desahogada, y tenía miedo de que dijera algo inconveniente y trajera la desgracia a los míos. Así que me dijo que no hablara y que aparentara ser mudo”

Presentación de Misión olvido de María Dueñas

Ya estamos de vuelta… ¡Descubre nuevas lecturas con nosotros!

¿Qué tal de vacaciones? El verano ha tocado su fin y nosotros  estamos ansiosos por compartir nuevas lecturas  con todos vosotros. Así que, preparados, listos… ¡ya!

Y la mejor forma de empezar el Club de lectura es con un preciso  regalo que nos hace nuestra antigua compañera  Beatriz Susana Castillo, la publicación de su libro “El nieto de Rosalía”.  Un libro que muchos de nosotros vimos nacer y que Susana nos dedica.

Mil gracias Susana de todo corazón !!!

 

41ª Feira do Libro da Coruña

Dende o 1 ao 10 de agosto, as mellores librarías da cidade tráennos as últimas novidades publicadas ao tempo que nos dan a posibilidade de coñecer de primeira man os seus autores.

Día 1. Mércores

11.00 Apertura da feira.

12.45 Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.

13.00 Inauguración oficial.

19.00 Presentación do libro “O peizoque Roque”, de Dores Tembrás, con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Editorial GalaxiaParticiparán no acto os autores do libro e Francisco Castro, representante da editorial.

20.00 Lectura de Manuel Rivas: conto inédito de “O máis estraño”, un capítulo de “Todo é silencio” e inéditos de “Storyboard. Murmurios da infancia”.

21.00 Presentación do libro “La Coruña, lugares y acontecimientos de hace un siglo”, de Juan Villar Ferrer, con fotografías inéditas de J. Villar Martelo, publicado por Temporae.

 

Día 2. Xoves

12.00 Feira infantil.  

18.00 O escritor Antonio Piñeiro asinará exemplares do seu libro “As fiandeiras”, Premio García Barros 2011, publicado por Editorial Galaxia.

19.00 Presentación do libro “Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación”, de Carlos Arias e Mariña Pérez Rei, publicado pola editorial Bubela. Xunto cos autores do libro, participarán no acto Yolanda Castaño, Eva Veiga e Francisco Fernández Naval.

19.30 A editora e ilustradora Marina Seoane, asinará exemplares dos libros “¡Vamos a viajar! 2” (autora Fátima Fernández), “La lluvia mágica” (autora María Domínguez) e “¡Brujas!” (autora Carmen Gil) dos que é ilustradora. Os libros están publicados na editorial Edimáter.

20.00 Presentación (na Fundación Caixa Galicia) do “Libro de los faros”, de Xulio Villarino, publicado por Editorial Primerapersona.

21.00 Presentación da edición bilingüe do libro de poesía “Illuminations/Iluminacións”, de Arthur Rimbaud, coa versión e notas do escritor e editor Xoán Abeleira, xornalista e autor de varios libros e de numerosas traducións. O libro está publicado na Editorial Banfile. Xunto co autor do libro, participarán no acto Manuel Rivas e François Davo.

 

Día 3. Venres

12.00 Feira infantil.  

18.45 Presentación do album ilustrado “Xiana, a nena pirata”, da escritora María Canosa, con ilustracións de Noemí López. Xunto coas autoras do libro estará no acto a editora Irene Penas.

19.30 O escritor Luis Anguita Juega asinará exemplares do seu libro Siempre habrá un lugar para soñar”, publicado por Ediciones Carena.

20.00 O escritor Xabier P. Do Campo presenta o seu libro “Mans”, ilustrado por DNL e publicado por Editorial Everest Galicia. Os dereitos de autor deste libros están integramente destinados á ONG “Terra de homes”.

20.00 Presentación (na Fundación Caixagalicia) do libro A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario costero”, de Rafael Quintiá, publicado por Librería Nós, de Sanxenxo.

20.30 A escritora Núria Riera Carrillo asinará exemplares do seu libro “Una ola con sabor a pez” (premio Mellor obra novel 2011, librería Sintagma), publicado por Ediciones Bartleby.

21.00 Presentación do poemario ilustrado Versos del agua”, do escritor Luis Maquieira, en Edición Fundación Cuña Casabellas. Xunto co autor, interveñen na presentación Eva Veiga, Olga Patiño Nogueira, Miguel Cuña Novás (editor). Música: Martín Marticorena (zanfona e frauta).

 

Día 4. Sábado

12.00 Feira infantil.

13.00 Sinatura de libros da escritora Núria Riera Carrillo.

19.00 O escritor Juan Villar Ferrer asinará exemplares do seu libro “La Coruña, lugares y acontecimientos de hace un siglo”, publicado por Editorial Temporae.

19.00 Presentación da novela “Assur”, de Francisco Narla, publicada pola editorial Temas de Hoy.

19.30 A escritora e xornalista Ana Basanta asinará exemplares dos seus libros “Líbano desconocido” e “Halcón de los Andes”, publicado por Ediciones Libertarias Prodhufi.

20.00 Presentación do libro “De Xente Nova a Brais Pinto”, de Xosé Fernández Ferreiro, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.

20.30 O escritor Iván Mourín presenta o seu libro “Resurrección. Crónicas del caído” publicado por Ilarión. O acto terá lugar na Fundación Caixagalicia.

20.45 Presentación do libro “A derrota de Galicia”, de Antón Baamonde, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participan no acto Fermín Bouza e Manuel Bragado.

21.15 Presentación do libro “A narrativa mariña”, de Gonzalo López Abente, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participan no acto Suso Sambade, X.H. Rivadulla Corcón e Manuel Bragado.

     

Día 5. Domingo

12.00 Feira infantil.

13.00 A escritora e xornalista Ana Basanta asinará exemplares dos seus libros “Líbano desconocido” “Halcón de los Andes”, publicado por Ediciones Libertarias Prodhufi.

19.00 O escritor e xornalista Víctor F. Freixanes asinará exemplares do seu libro “Cabalo de ouros”, publicado por Editorial Galaxia.

19.00 Presentación do libro Xardín de inverno”, de Ledicia Costas, con ilustracións de DNL publicado por Editorial Everest Galicia

20.00 Concerto de presentación do libro disco Rapoemas”, de Aid, publicado por Editorial Galaxia.

20.00 O escritor Juan Villa Ferrer asinará exemplares do seu libro “La Coruña, lugares y acontecimientos de hace un siglo”.

21.00 Recital do grupo poético musical S-2.

 

Día 6. Luns

12.00 Feira infantil.

19.00 Presentación de Baía Edicións.

19.30 O escritor Agustín Fernández Pazasinará exemplares das súas obras.

20.00 Presentación do libro “Para unha crítica do españolismo”, de Camilo Nogueira. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.

20.30 Ana Basanta asinará exemplares dos seus libros Líbano desconocido” e “Halcón de los Andes”.

20.45 Presentación do libro Os fillos do mar”, de Pedro Feijóo, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor do libro, participan no acto Sergio Zearreta e Manuel Bragado.

21.15 O profesor Xesús Alonso Montero presenta o seu libro Castelao na Unión Soviética en 1938″, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participa no acto Manuel Bragado, director da editorial.

 

Día 7. Martes

12.00 Feira infantil.

13.00 Presentación do libro Tratado del alma gemela”, de Esther Bendahan, publicado por Ediciones del Viento e gañador do XXIII Premio Torrente Ballester de Narrativa, da Deputación Provincial da Coruña. 

19.00 Presentación do libro “Os señores da mentira”, de José Carlos Bermejo Barrera, publicado por Edicións Lóstrego.

19.30 Xosé Ramón Barreiro Fernández asinará exemplares do seu libro “Murguía”, publicado pola Editorial Galaxia.

20.00 Presentación do libro “Esperando ao leiteiro”, de Xosé Neira Vilas, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participará no acto Víctor Freixanes, director xeral da editorial.

20.30 A escritora Valeria Palombini asinará exemplares do seu libro Palabras por Ángel, publicado pola editorial Punto Rojo Libros.

20.30 “Hijos de Mary SheelleyRelato”. Participan na mesa os escritores Alberto Escabias Shone, Raquel Lanseros, Cristina Fallarás e Vanessa Monfort. Coordinación de Fernando Marías. Actividade patrocinada porÁmbito Cultural de El Corte Inglés. O acto realizarase no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, nos Cantóns.

21.00 Presentación do libro “100 anos do himno de Galicia”, de Xosé Neira Vilas, publicado por Edicións Embora.

 

Día 8. Mércores

12.00 Feira infantil

19.00 Presentación dos libros El fantasma perfecto” (coa participación, xunto co autor, de Olga Patiño e Xosé Mª Paz Gago. Música: Xosé Taboada, con frauta e saxo e Paco Campos, coa guitarra e voz) e “Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega”, edición de Antonino Nieto Rodríguez (coa participación de Luz Pozo Garza, Ánxeles Penas, Olga Patiño, Xosé Mª Paz Gago e Eva Veiga). Os libros están publicados por Editorial Endimón Poesía. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares dos seus libros.

19.30 O escritor François Pérez Ayrault asinará exemplares da súa novela Anochecer en el puerto”, publicada por INFOVA Ediciones, na súa colección HOLO de narrativa.

20.00 Presentación do libro “Verde oliva”, de Xavier Alcalá, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participará no acto Víctor Freixanes, director da editorial.

20.30 A escritora Ana Julia Martínez Fariña asinará exemplares dos seus libros “El sueño de la medusa”, publicado por Ediciones Hontanar e “Trazado en diagonal”, publicado por Ediciones Atlantis.

21.00 Presentación da novela O alento nas costas”, de Natalia Carou, publicado por Baía Edicións.

 

Día 9. Xoves.

12.00 Feira infantil

18.30 O escritor Elías Prada Galán asinará exemplares do seu libro El piano cuántico”, publicado por Ediciones Libertarias Prodhufi.

19.00 Presentación da editorial Galebook e dos libros publicados “As trovas de Midas”, de Diana Varela Puñale O pitiño revolucionario”, de Xulio L. Valcárcel.

19.30 A escritora Sonia Iglesias asinará exemplares dos seus libros Rosas en el cielo” (Ed. Anubis) e La habitación de piedra” (Ed. Gruplobher).

20.00 Presentación do libro “O país adormentado”, de Xabier P. Do Campo. Participan no acto Manuel Bragado e o autor.

20.30 O escritor Darío Vilas asinará exemplares do seu libro “Instinto de superviviente” publicado pola editorial Dolmen, na súa colección Antología Z.

20.45 O escritor Manuel Lourenzo González fará a presentación do seu libro “Atl”, Premio BLANCO AMOR 2011, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan Manuel Bragado e o autor.

21.15 Presentación do libro “O  meu primeiro Celso Emilio”, de Xiana e Xosé Lastra, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado, os autores e varios músicos participantes no libro.

 

Día 10. Venres.

12.00 Feira infantil.  

19.30 Presentacióndo libro “Mi padre comía botones”, de Juan Sacha Full, publicado pola editorial Redelibros. Xunto co autor, participará no acto o editor Fran Zabaleta.

20.15 Presentación do libro “Medievalario”, de Fran Zabaleta, publicado pola editorial Redelibros. Xunto co autor, participará no acto Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012.

20.30 Segredos da novela histórica”. Mesa redonda coa participación de Marcos Calveiro  (Settecento. Ed. Xerais), Pere Tobaruela (Relator. Ed. Xerais) e Fran Zabaleta (Medievalario. Redelibros). Ao remate do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.

22.00   Peche da Feira do Libro.

 

SORTEO DE LOTES DE LIBROS

TODOS OS DÍAS, ÁS 21.45 HORAS, TERÁ LUGAR UN SORTEO DUN LOTE DE LIBROS ENTRE O PÚBLICO QUE TEÑA MERCADO LIBROS NA FEIRA DURANTE O DÍA. 

DURANTE A FEIRA, TODOS OS LIBROS TERÁN UN 10% DE DESCONTO.

Amor y deseo entre mujeres: Gloria Bosch y su receta de cocina frustrada

La historia dice que le primera mujer que se atrevió a plasmar en un texto el amor y el deseo entre dos mujeres fue Safo de Lesbos allá por el 600 a.c. considerada hoy uno de los iconos fundamentales de la literatura lésbica.  Después vendrían autoras hoy tan conocidas como Gertrude Stein,  Djuna Barnes,  Carmen de BurgosPatricia HighsmithVirginia WoolfMarguerite de Yourcenar,  o las poetas Gabriela Mistral (Nobel en 1945), Elizabeth Bishop (Premio Pulitzer)…

“A Chloe le gustaba Olivia…, leí. Y entonces me di cuenta de que inmenso cambio representaba aquello. Era la primera vez que en un libro a Chloe le gustaba Olivia”. Virginia Woolf.

En la actualidad, fruto de la aceptación social, son numerosas las escritoras que buscan en sus obras la visibilidad y  normalización de la homosexualidad: Jeanette Winterson, Cristina Peri-Rossi, o las españolas Esther Tusquets y Ana María Moix.

Gloria BoschLas obras de todas estas autoras que lucharon y luchan por meter en el armario (y cerrar con llave y candado) la homofobia aún latente, podéis encontrarlas entre los fondos de nuestras bibliotecas, de todas ellas queremos destacar hoy a la poeta catalana y firme defensora de los derechos de las lesbianas,  Gloria Bosch.

Fundadora del grupo “Veus de Dones” con el que trabaja para dar a conocer la poesía, especialmente la poesía escrita por mujeres y para mujeres, define su escritura como

“Mi poesía nace de mis experiencias vitales, de mi proceso de evolución pero también de abrir los ojos a lo que me rodea. “Soy una puerta entreabierta que finaliza en mis brazos pero no sé adónde voy aunque sigo insistiendo en ceñir de nuevo el lápiz entre mis dedos. No quiero ir en contra de mi propia marea, soy sólo una mujer nacida en primavera”.

Obra publicada:

  • “De Carne y Verso” (Ed. Libertarias), Premio Hermanos. Argensola 1994
  • “Dédalo del deseo” (Ed. Huerga & Fierro), Premio Villa de Benasque 1997
  • “Una llamada tuya bastará para sanarme” (Ed. Carena), accésit Premios Marco Fabio Quintiliano del Ayuntamiento de Calahorra.
  • “Otras voces” plaquette conjunta con 6 poetas más.
  • “Desnudario” junto con Nora Almada y María José Aldunate, Editorial Jirones de Azul, 2007

De Dédalo del deseo compartimos  una de sus poesías Receta de cocina frustrada a las finas hierbas” declamado por ella misma:

Receta de cocina frustrada a las finas hierbas

Apenas empiezo a saborearte
y ya me entran ganas de comerte
mordisquear tus orejas despacio
lamer tu cuello lentamente,
prepararte un aderezo con mi aliento
mezclar tu saliva con mis dedos.
Apenas empiezo a intuirte
y ya me entran ganas de servirte
un manjar de caricias y de halagos
invitarte a degustar mi condimento
sazonar con mis manos tu cintura
hornear el deseo a fuego lento.
Apenas empiezo a tramar la receta
cuando te deslizas con cautela hacia la mesa
y con la exquisita canela de tu boca
dispones ante mí la escapada.
Argumentas que hay exceso de alimento
y que mantienes una dieta muy estricta
me dejas rebosantes las manos de especias
y un desfile se inicia de pucheros y cazuelas.
El orégano previsto en tu mejilla
la pimienta salpicada en tu mirada
la vainilla extendida por tu nuca
la menta en tu piel y la mostaza.
El comino, el limón, la hierbabuena
el romero en tu frente, en tus labios la salvia
el azafrán y el laurel en tus hombros
por tus dientes el anís, la alcaparra.
Uno a uno los ingredientes que aguardaban tu llegada
retroceden a su lugar de origen
y yo, apenas me dispongo a iniciar la retirada
congelo en la memoria el menú del deseo
por si alguna vez te apetece paladearme
y a mí me entran ganas de evocarte
y es que apenas empiezo a conocerte
y ya siento el impulso de adobarte.

De carne y verso” – Ed., Libertarias, 1995

Premios Xerais

Marcos Calveiro obtivo a XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de auga. Mentres que a XXIX edición do Premio Xerais de Novela correspondeu a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, autores de Tonas de laranxa, obra presentada baixo o lema «Pouso da Arcai». Ambos os dous premios foron outorgados por unanimidade de cada un dos xurados. Os ditames déronse a coñecer na Illa de San Simón nunha cerimonia, conducida por Celia Torres, na que actuou como mantedora literaria a escritora Marilar Aleixandre e Xurxo Souto como músico convidado.

Os membros do xurado do Premio Xerais de novela 2012, no ditame que elaboraron sobre Tonas de laranxa salientaron que «sen menoscabo para as excelentes novelas presentadas a este premio, tivemos moi clara a escolla desde o primeiro momento, feito que deu como resultado unha rapida elección por unanimidade. Non hai dúbida de que os membros do xurado quedamos engaiolados polo sensitivo perfume a laranxa desta obra na que o lírico, o onírico e o simbólico se conxugan de xeito maxistral para dar lugar a unha novela fermosa».

A obra de  Marcos Calveiro,  premiada co Premio Merlín, narra a aventura iniciática de Amadou, un rapaz suahili que pertence a un clan de nómades. A obra, sólida e perfectamente estruturada, está construída a través de continuos flashbacks que van artellando a historia. Segundo os membros do xurado «os pulmóns de África respiran nas follas deste libro coa forza de todo o continente. A inclemencia do sol, a busca desesperada da auga, a sorte do alimento… E as mulleres, pedra angular das tribus africanas, e que nesta obra representan o sólido capaz sobre o cal descansa toda responsabilidade da supervivencia».

Tedes máis información da nova na renovada web da Editorial Xerais.