Category Archives: Club de clásicos
Anne Brönte, a pequena dos Bronte
Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña
Hoxe, no aniversario do falecemento de Anne Brontë, lembramos e celebramos a vida e obra dunha das escritoras máis notables do século XIX. Anne, a menor das tres irmás Brontë, naceu o 17 de xaneiro de 1820 en Thornton, Yorkshire, Inglaterra, e faleceu o 28 de maio de 1849, á temperá idade de 29 anos. A pesar da súa curta vida, Anne deixou unha pegada imborrable na literatura inglesa.
No noso Club de lectura de clásicos hai un tempo leimos Agnes Grey, unha das dúas novelas desta poeta e escritora.
Ensombrecida pola prolífica carreira e irresistible personalidade de Charlotte e o éxito de Emily coa inesquecible Cumbres Borrascosas, a obra e personalidade de Anne, tan diferente das súas irmás, tenderon a pasar máis inxustamente desapercibidas.
Aos 16 anos Anne deixou a casa familiar por primeira vez para acudir como alumna á escola na que Charlotte estaba empregada como profesora. Pronto decidiu traballar como institutriz pero as primeiras familias coas que traballou só lle trouxeron decepcións e humillacións: pais despreocupados, nais consentidoras, nenos intratables. Nalgunhas das cartas que escribe ao seu mestre quedan reflectidas as penurias ás que se enfrontaba cada día tentando facer o seu traballo. Todas esas vivencias foron a inspiración para a súa novela Agnes Grey.
Por esa época parece que viviu o seu primeiro amor cun axudante da vigairía do seu pai, de feito, o encantador Mr Weston, de Agnes Grey parece estar inspirado neste mozo, William, e os sentimentos da moza institutriz Agnes por él, fannos pensar na atracción romántica que o coadjuntor exercía sobre a pequena Brontë.
Desgraciadamente pouco sabemos da vida persoal tanto de Anne como de Emily, pois as vivencias de ambas quedaron sempre difuminadas polas irresistibles e dominantes personalidades de Charlotte e de Branwell, o seu irmán.
Se William foi o amor da súa vida, Anne só o reflectiu nas súas novelas e poesía, pois a súa timidez e discrección impedíronlle dar un paso máis aló e vivir o romance que lle gustaría con ese home ideal. A súa dedicación, na súa curta vida, foron case a tempo completo para o seu traballo de institutriz, a súa obra literaria e o seu irmán Branwell.
Entre as tres irmás decidiron abrir unha pequena escola, para gañarse a vida como profesoras sen depender de ninguén máis que do seu propio traballo e, así, poder darlle un impulso ao seu talento literario. As dúas novelas de Anne foron as máis polémicas:
Agnes Grey por expresar con realismo desacostumbrado a vida chea de penurias das institutrices e os malos tratos psicolóxicos e humillacións ás que eran sometidas por moitas familias, os seus fillos e o resto do servizo.
A Inquilina de Tennant Wildfell Hall, foi mesmo censurada pola propia Charlotte: a violencia e a pervensión subxacente en toda a obra, o carácter agresivo e dominante, unido ao alcoholismo de Arthur Huntingdon e os conflitos psicolóxicos da protagonista Helen foron descritos con demasiada crueza para unha sociedade que, aínda coñecendo á perfección situacións como a que mostraba o libro, preferían pechar os ollos ante elas. Branwell morreu de tuberculose e aos poucos meses Emily tamén sucumbiu á enfermidade. Non moito despois seguiulles Anne, deixando a Charlotte sumida na desesperación de ver como os seus tres queridos irmáns deixábana soa, con poucos meses de diferenza.
A doce Anne tratou de reconfortar á súa irmá dedicándolle as súas últimas palabras:
Ten valor, Charlotte, ten valor….
Publicado en Actividades do club, Club de clásicos, Clubes de lectura, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política
Etiquetas: Hermanas Brontë







