Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña


Inicio | Páxinas | Arquivo


Novo curso no Club de Forum da tarde

27 Setembro, 2011 10:44


Cando o outono comeza a facer a súa aparición en forma de follas no chan voltamos ás nosas reunións dos mércores as 18.30 da tarde. Parece que ó facerse máis curtos os días temos gañas de voltar á lectura compartida, a ver esas caras amigas… a comprender que xa formamos parte do grupo e que temos unha pequena falta nas nosas “rútinas escolares”. Así que a ocupar de novo os asentos e a compartir experiencias e lecturas e de verán.

Este mércores 28 será o primeiro dunha nova andadura que concluira alá por xuño. Lembrade que tedes que confirmar a asistencia antes do seis de outubro para que podamos chamar a xente la lista de agarda. Coma sempre os que acudiron con regularidade a tempada anterior teñen o seu sitio ata que digan eles o contrario.

Este novo ano traeranos lecturas que xenerarán debate ou non, que nos gustarán ou non, que nos faran reflexionar ou non… pero o que seguro que nos proporcionará serán risas, complicidades, lembrazas e tenrura.

 Unha aperta para Carlos e non dúbides que agarderemos por ti impacientes…

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Categorías: Club Forum tardes, Novas

Etiquetas:

Unha resposta to “Novo curso no Club de Forum da tarde”

  1. Con esta novela damos un buen comienzo de curso en el club. Necesitamos obras con “chicha” y esta me parece adecuada para desmenuzar en tertulias como las nuestras de los miércoles. Que no decaiga en lo que queda de curso la literatura que nos aporta realidades. etc. etc…saludos

    By Angeles on 22 Febreiro, 2012 ás 12:16

Deixar unha resposta



Mobile Site | Full Site


Get a free blog at WordPress.com Theme: WordPress Mobile Edition by Alex King.