Arquivo do blog
Os mellores da lingua
Da Escola de Maxia á maxia das palabras. Neste mes de maio, na Biblioteca Ágora, no espazo Os mellores de… volvemos, un ano mais, ás palabras da nosa lingua. Palabras escritas nos libros que aquí te presentamos, seleccionados para ti con intención de mostrarte a grandeza da nosa fala.
Os mellores da lingua : Mostra bibliográfica na Biblitoeca Ágora
Unha mostra que tén como protagonista especial a Manuel María, un autor moi respetado, querido e admirado, ao que, como xa sabes, dedícase este 2016 a celebración das Letras Galegas.
Do poeta chairego falounos Mercedes Queixas Zas na presentación do seu libro Labrego con algo de poeta na Biblioteca Ágora, coa entusiasta participación dos nosos clubles de lectura. Os seus versos chegáronnos profundamente, espallarónse pola biblioteca, e quedaron nos seus andeis.
Mercedes Queixas na presentación do seu libro na Biblioteca Ágora
Xunto a Manuel María queremos destacar a outros moitos autores da lingua. Autores da terra que falan de temas universais e sitúan a nosa literatura no lugar que merece no panorama nacional e internacional. Os nosos clásicos: Risco, Cunqueiro ou, por suposto Castelao e Rosalía. Outros escritores xa consagrados, como Mendez Ferrín, Manuel Rivas ou Suso de Toro. E tamén os mais novos: Ledicia Costas, Héctor Cajaraville, Andrea Maceiras... que se fan escoitar con forza, e cada vez van conseguindo mais e mais lectores.
Moitos deles (Berta Dávila, María Reimóndez, Pedro Feijoo… ) achegáronse a nós en diferentes ocasións para falarnos da súa experiencia literaria e transmitirnos a súa paixón pola escritura… e convencéronnos. Polo que din, polo que escriben e por como o escriben. E por iso queremos compartir contigo a súa escrita. E, se cabe, acompañarte neste apaixonante descubrimento da nosa literatura, da nosa cultura, con esta guía de lectura elaborada con moita ilusión.
Guía de lectura : Os mellores da lingua
Descarga aquí a guía en pdf
E se queres compartir con nós esta paixón pola nosa escrita podes pasar pola biblioteca e participar, un ano máis, no fotocol que desta volta se dedica con especial atención a Manuel María. Porque #m8mepresta #ManuelMaria