Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva


O ano 2022 foi declarado Ano Internacional María Casares, xa que se conmemora o centenario do seu nacemento. Desde os clubs de lectura das bibliotecas de Monte Alto e Estudos Locais quixemos conmemorar esta efeméride lendo Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva, onde a actriz aparece como unha das personaxes secundarias.

O libro foi Premio Blanco Amor 2007, Premio á mellor obra de narrativa da AELG e XV Premio Arcebispo San Clemente.

Arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas nesta novela.

Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póquer, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o protagonista deste relato en primeira persoa, desta porción de memoria que non sae nos libros de historia.

Sinopse de Memoria de cidades sen luz.

Inma Lópe Silva é novelista, ensaísta, crítica teatral, docente e columnista de prensa. Coa súa ampla obra literaria acadou premios como o Xerais, o Blanco Amor, o San Clemente, o Losada Diéguez e o Francisco Fernández del Riego, entre outros. Algúns libros seus son New York, New York (2007), Maternosofía (2013), Aqueles días en que eramos malas (2016), que foi lido tamén no club, ou O libro da filla (2020), Premio da Asociación de Críticos Literarios. En 2021 gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo de Dodro, e publica en 2022 o seu primeiro poemario, Clepsidras.

Foto da autora. Fonte: Galipedia, Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)

Como actividade complementaria á lectura e posterior análise da obra, tamén visitamos a Casa Museo Casares Quiroga da Coruña, onde a pequena María Casares pasou parte da súa infancia antes de ir ao desterro.

About antyaro

Ás veces escribo. E aquí poño o resultado

Posted on 20 Setembro, 2022, in Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Club Monte Alto, Clubes de lectura, escritoras, Novela histórica e biográfica, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política, Xeral and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: