La voz dormida, de Dulce Chacón
Posted by antyaro
La voz dormida é a obra máis coñecida da escritora e poetisa Dulce Chacón.
Na novela, publicada en 2002 pola editorial Alfaguara, Chacón recrea a vida de varias mulleres republicanas no cárcere franquista de Las Ventas nos anos posteriores á fin da guerra civil española (desde 1939 ata 1963). A está documentada e baseada en historias reais, aínda que a autora suavizou e modificou algunha delas.
Foi levada á gran pantalla polo director Benito Zambrano, estreándose o 21 de octubre de 2011, sendo preseleccionada o mesmo ano pola Academia de Cine de España xunto a La piel que habito e Pa negre para competir polo Óscar a Mellor Película de Habla no Inglesa por España. Varias das súas actrices protagonistas e secundarias gañaron premios polas súas interpretacións (María León obtivo a Concha de Plata á mellor actriz, o Goya a Mellor actriz revelación e o premio da Unión de Actores e Actrices a Mellor actriz protagonista de cine; Ana Wagener conseguiu o Goya a Mellor actriz de reparto e o premio a Mellor actriz secundaria de cine da Unión de actores e actrices).
Dulce Chacón naceu en Zafra, Badajoz o 3 de xuño de 1954. A pesar de ser dunha familia, segundo as súas propias palabras, “aristócrata, de derechas y del bando nacional“, o tema central da súa obra é a represión franquista e a situación das mulleres. Comprometida socialmente, pertenceu á Asociación de Mulleres contra a Violencia de Xénero, á Asociación de Mulleres Contra a Guerra, e á Plataforma de Cultura contra a Guerra, ambas relacionadas coa Invasión de Irak en 2003. Diversos colexios e institutos, así como premios literarios, levan o seu nome como homenaxe á súa figura. Faleceu de forma prematura o 3 de decembro de 2003, víctima dun cancro de páncreas que lle diagnosticaran un mes antes.
Posted on 5 Setembro, 2022, in Actividades do club, Club Monte Alto, Novela histórica e biográfica, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política, Obras, Xeral and tagged #recomendamosbmc, club de lectura, recomendaciones. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0