El infinito en un junco, de Irene Vallejo


Nas pasadas sesións do club de lectura de Monte Alto tivemos a oportunidade de ler El infinito en un junco, de Irene Vallejo.

Tradución do libro de Irene Vallejo ao galego e a versión orixinal en castelán.

Aínda que foi un dos libros máis grosos que lemos este curso (472 páxinas), resultou ser un dos favoritos dos e das asistentes. Nel puidemos aprender máis da historia dos libros, reflexionar sobre o que supuxo a invención da palabra escrita para o noso desenvolvemento como especie ou reflexionar sobre o papel da memoria e o traspaso de coñecemento.

Donde los documentos se eliminan y los libros no circulan libremente, es muy fácil modificar a placer, impunemente, el relato de la historia.

el infinito en un junco, irene vallejo

A autora, Irene Vallejo, é doutora en Filología Clásica polas universidades de Zaragoza e Florencia. Investiga e divulga autores clásicos grazas á súa colaboración con medios como o Heraldo de Aragón e El País, onde mestura temas de actualidade con ensinanzas do mundo antiguo.

Publicou a súa primeira novela en 2011, La luz sepultada, ambientada a comezos da guerra civil española. Tamén escribiu literatura infantil e xuvenil (El inventor de viajes ou La leyenda de las mareas mansas). El infinito en un junco foi galardoado en 2020 co Premio Nacional de Ensayo, sendo a quinta muller á que se lle concede desde que en 2006 o gañase por vez primeira Celia Amorós. O 23 de abril de 2021 deu en Barcelona o pregón do Día do Libro (Sant Jordi).

En un mundo caótico, adquirir libros es un acto de equilibrio al filo del abismo.

El infinito en un junco, irene vallejo

About antyaro

Ás veces escribo. E aquí poño o resultado

Posted on 31 Agosto, 2022, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club Monte Alto, Clubes de lectura, ensaio, escritoras, Libros lidos, Libros para ver e mirar, Xeral and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: