Bella muerte, de Kelly Sue DeConnick e Emma Ríos
Un ano máis, Viñetas desde o Atlántico pecha as súas portas. O festival de banda deseñada da cidade da Coruña leva celebrándose no mes de agosto desde o ano 1998, o que lle supón ser o máis importante de Galicia e un dos máis salientables de España.
Desde os clubs de lectura de Monte Alto e Estudos Locais levamos dous anos facendo a nosa particular homenaxe ao festival, incluíndo como mínimo un cómic nas nosas lecturas. Este ano tocoulle a Bella muerte, de Kelly Sue DeConnick e a galega Emma Ríos.

Nesta obra, as autoras parten dun western clásico e rematan construíndo unha historia inesperada e sorprendente, combinando o realismo máxico de Sandman coa brutalidad de Predicador, tal e como din desde a propia editorial, Astiberri Ediciones.
Bella muerte foi nominada en 2014 a varios premios Eisner, os Óscar dos cómics: Sue DeConnick como mellor guionista, Emma Ríos por mellor lapis/entintado e mellor portada, e Jordie Bellaire na categoría de mellor cor, algo que sorprendeu moito a ambos clubs xa que non sabían que o debuxo e a cor podían ser feitas por diferentes autores.
Ademais de desfrutar desta obra, puidemos achegarnos máis á vida de Emma Ríos a través da seguinte reportaxe e a entrevista final, o que nos achegou algo máis ao mundo do cómic.
Posted on 18 Agosto, 2021, in Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Club Monte Alto, Clubes de lectura, escritoras, Ilustradores, Libros lidos, Libros para ver e mirar, Obras and tagged banda deseñada, cómic, club de lectura, historieta. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0