#LaTribu: club de lectura xuvenil
Comezamos 2021 e desde a Biblioteca Ágora facémolo ao grande: coa creación dun novo club de lectura xuvenil: #LaTribu.

Tes entre 14 e 16 anos? Únete a #LaTribu: falaremos de libros, cómics, música, pelis, videoxogos, apps… e moito máis…
Sabemos que a cousa está rara. Hai moitas cousas que non podemos facer e outras temos que facelas doutra maneira. Por iso, e debido á situación actual, os nosos encontros serán virtuais. Non terás que saír da túa casa para compartir lecturas e boa conversación!
- Comezamos en febreiro!
- As sesións serán os xoves alternos ás 18:30 h.
- Os libros que leamos pódelos recoller en préstamo na biblioteca de forma gratuíta.
- A lectura fala ti pola túa conta. Nas sesións o que facemos é comentar, escoitar, debater e divertirnos.
- Se non che apetece falar, non pasa nada, sempre podes escoitar o que lle pareceu a outras persoas e aprender cousas novas.
- Imos falar de libros, sí. Pero tamén da última serie, ou dunha película, ou desa canción que lle encantaba á protagonista do libro… O libro é soamente o punto de partida.
O mundo necesita tribos e #LaTribu necesítate a ti! Tes toda a info na nosa web. Apúntate xa!
Posted on 18 Xaneiro, 2021, in Club Ágora, Clubes de lectura, Xeral and tagged #latribu, Biblioteca Agora, Club de lectura xuvenil. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0