María Reimóndez únese aos clubs para #DesconfinarALingua
Dentro da iniciativa #DesconfinarALingua, o xoves 14 de maio terá lugar un encontro virtual con María Reimóndez en torno ao seu relato “A esencia da cidade“, de descarga libre e gratuíta na web de Xerais.
O relato, autobiográfico e con vocación de ser utilizado nos centros de ensino para traballar a igualdade, foi ofrecido en descarga libre poca editorial con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista no ano 2016.
Podo dicir sen temor a equivocarme que todas as mulleres que coñezo –e son moitas, de diferentes países do mundo– padecen ou padeceron diferentes tipos de violencia ao longo da súa vida. Esta dura realidade agóchase na nosa sociedade cun discurso de silencio e culpabilización, co medo a falar, co estigma.
No blog do club #QUEERuña, organizador do encontro, veñen de publicar unha entrevista coa autora como anticipo ao encontro. Non a perdas!
Posted on 11 Maio, 2020, in Actividades do club, Efemérides, escritoras, Libro electrónico and tagged a esencia da cidade, club queerunha, clubs de lectura, feminismo, letras galegas, lgtb, María Reimóndez, novela corta, relatos, zoom. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0