Aa voces baixas
Todos os luns na Biblioteca Sagrada Familia temos o club de lectura. O horario da sesión é de 10.30 a 12h.
Este ano no “Club de lectura da Sagrada Familia” a segunda novela que limos foi de Manuel Rivas, “As Voces Baixas“. Gustou moito, porque a xente do club se sentía identificada coas súas vivencias, e a historia desenvolvíase na nosa cidade, véndose reflectidas nesa familia e nesa época.
Por outra parte, Manuel Rivas é un escritor moi recoñecido e querido en Galiza. Escollemos este libro en galego para fomentar que a xente do club coñeza a nosa língua, porque non era moi extenso e pareceunos moi emotivo.
Trátase dunha novela autobiográfica na que se mestura a realidade e a fición.
O humor e a dor están presentes ao longo de toda a obra. “As voces baixas” é un reflexo das persoas esforzadas na loita cotiá pola vida e que adoitan falar sen se deixar notar. Un bo exemplo é a súa nai, que falaba soa ou con voz queda.
Relata as súas vivencias na infancia e adolescencia xunto á´súa irmá María e os seus pais. Os primeiros anos de vida descorren en Monte Alto, na rúa Marola, e parte da súa infancia e adolescencia en Elviña.
Sitúase nos anos 60 ata 1975, nunha España franquista ata a morte do ditador, cando comeza a etapa da Transición. Nestes anos a liberdade de expresión, ser homosexual, ser anarquista ou comunista supoñía moitas veces a condena de sufrir o cárcere
Reflexa un sentimento nostálxico polos costumes e a vida tradicionais. Esta obra mostra personaxes e oficios que foron desaparecendo co tempo: lavandeiras, pescantinas, leiteiras… Resalta a imaxinación e a creatividade nos xogos dos nenos.
As tradicións e as romerías formaban parte da diversión da xente, compartíase cos veciños e coa familia: cabezudos, samaín, a matanza do porco… Tamén relata como primeiro a radio e despois o invento da televisión supuxo una revolución na vida da xente.
O autor cóntanos o vínculo que o unía coa súa irmá María (que morre de cancro), ambos comparten a paixón pola lectura e a política.
Fai un percorrido pola súa xuventude, o seu instituto, o primeiro traballo (no Ideal Galego), a súa decisión de estudar xornalismo en Madrid, a seu sentir para converter o seu soño en realidade: ser escritor. E así cumprir coa teima da súa nai “buscar un traballo no que non se mollase“
Esta obra e o resto da produción literaria de Manuel Rivas pódese atopar no Cascarilleiro, catálogo en liña das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Posted on 20 Decembro, 2019, in A biblioteca recomenda, Club Sagrada Familia, Clubes de lectura, Libros lidos, Novela histórica e biográfica, Novela sobre a vida cotiá, Xeral and tagged "As voces baixas", #recomendamosbmc, A Coruña, Autores coruñeses, Literatura galega, literatura gallega, Manuel Rivas. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Pingback: VIVIR SIN PERMISO Y OTRAS HISTORIAS DE OESTE | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña