Visita do club de lectura Monte Alto ao Museo de Belas Artes.
Esta exposición viaxeira, coma o gran fotógrafo de Allariz, por fin chegou á Coruña; e da man de Laura, a nosa estupenda guía, coñecemos todos os detalles da vida e a obra deste artista, moi vinculado a escritores como Blanco Amor, Unamuno ou Alberti. Son precisamente palabras de Blanco Amor as que introducen moitas das fotografías do mar en Galiza e dos persoaxes que retrata Suárez facendo do branco e negro un arte. Os contrastes, os planos e as perspectivas das imaxes sorprendéronnos a todos case tanto como a vida deste galego de Allariz, que vivíu o exilio. Cosmopolita e viaxeiro, na súa fotografía verte as impresións dos moitos lugares que percorreu e os diferentes xeitos de entender a vida.
Enlazamos a exposición coa tertulia sobre o libro “La ciudad automática” de Julio Camba (Vilanova de Arousa, 1884- Madrid, 1962) outro viaxeiro incansable que, como dixo González Ruano, tiña a capacidade de converter a anécdota en categoría filosófica.
Como José Suárez, Camba mantivo relación cos grandes da súa época: Valle Inclán, Rubén Darío, Unamuno.. Este último comentaba que non había escritor da súa época que igualara a Camba en gracia e precisión. O grupo coincidiu en que as súas crónicas non teñen desperdicio e a visión de Nova York que transmite ao lector é moi acertada. Desde a “ley seca” ao “selfservice” ou a descripción dos barrios cheos de inmigrantes que van conformando o carácter dunha cidade marcada pola nova tecnoloxía, na que as persoas son parte do engranaxe de esta “cidade automática” onde os edificios medran máis alto que as árbores.
Posted on 16 Maio, 2018, in Actividades do club, Club Monte Alto and tagged bmontealto, José Suárez, Julio Camba, Museo de Belas Artes, visitas guiadas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0