II Concurso de Microrrelatos, Dado-Biblioteca Ágora
O martes 17 abril, no auditorio do Centro Ágora recibimos a alumnos dos IES de Monelos, Menéndez Pidal (Zalaeta), Monte das Moas, Elviña, Rafael Dieste e Agra do Orzán, que asistiron a Gala de Entrega de Premios do II Concurso de Microrrelatos organizado pola Biblioteca Ágora en colaboración co Grupo Dado. Tivemos a sorte de contar para a condución da gala cunhas presentadoras de luxo: as alumnas do IES Monelos, Inés e Lorena, que o fixeron extraordinariamente.
Tras un pequeno achegamento por parte dos alumnos de Monelos á figura de María Victoria Moreno, autora, como sabedes, homenaxeada este ano coas Letras Galegas, deu comezo a gala, amenizada este ano polo mago coruñés “Víctor Noir”, que cativou a todos co seu sorprendente espectáculo.
Un ano mais, os alumnos destes centros escribiron as súas pequenas e intensas historias, que chegaron ás Bibliotecas Municipais de A Coruña para ser lidas, saboreadas, disfrutadas… polos lectores dalgúns dos nósos clubs: Clubs do martes, do mércores e Club Queeruña da Biblioteca Ágora; Café con libros da Biblioteca Os Rosales. Mais de oitenta lectores ós que lles correspondeu a grata, pero tamén difícil tarefa de decidir, entre os relatos previamente seleccionados polos centros, cales serían os gañadores dos premios.
Entre os textos que recibimos atopamos moita variedade: brevísimo relatos de unha ou dúas frases con grandísima forza narrativa, historias desgarradas con xiros inesperados que rematan provocando unha perturbadora gargallada; contos fatásticos, nos que realidade e ficción apensas se distinguen; arrepiantes relatos de terror…
Estes foron os relatos presentados en ambas categorías:
Microrrelatos presentados en ambas categorías
Microrrelatos Categoría A Microrrelatos categoría B
Especialmente difícil resultou para o xurado a elección dos gañadores da CATEGORÍA A, á que optaban os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, de 12 a 15 anos.
Moitas foron as dúbidas que suscitaron, e moitos os micros que os nosos lectores consideraron que poderían tamén ter acadado o premio. Finalmente o gañador desta categoría foi o microrrelato “Cós ollos pechados” de Azahara Merlo, de 3º da ESO do IES Elviña. Un relato emotivo, e ben construído, que leu a súa compañeira Lucía.
O segundo premio foi para “Aroma de café”, de Amelia Martínez Loureda, de 2º da ESO de Rafael Dieste.
Tras a actuación do mago, léronse os relatos finalistas da CATEGORÍA B.
Neste caso, o primeiro premio foi para o IES Menéndez Pidal, por “Atada” de Sofía Sobrino Abeijón, de 4º ESO
E o segundo premio recaeu en “Perspectivas”, de Yahya Hicham Redouam.
Finalmente os premios da CATEGORÍA C, na que se avaliaba a mellor presentación foron para:
Primeiro premio: Cambio de planes, relato presentado en forma de baile, combinado de danza e hip hop, por Lucía Abuín, María Alejandra Comenares, Alejandro Rodiles, Marcos Silvarrey, baseándose no texto de de Giselle Arita.
E segundo premio para Mentiras, de Paula Salgado, de 2ª ESO do Agra do Orzán
Aquí podedes acceder a mais fotos sobre a gala en Flickr e Instagram
E por último, agradecer ós profesores de todos estes centros, que dende os clubs de lectura, as bibliotecas escolares e as aulas impulsaron este certame!
E grazas tamén a Berta e Sara, alumnas de Animación Sociocultural en prácticas na biblioteca, pola súa entusiasta colaboración antes, durante e despois da gala. A elas debemos os agasallos que entregamos a profesores e alumnos
E parabéns, moi especialmente, a todos os alumnos que participaron cos seus escritos neste concurso, fosen ou non premiados. Dende as bibliotecas apostamos por vós e animámosvos a seguir escribindo!!
Posted on 19 Abril, 2018, in Actividades do club, Clubes de lectura, Xeral and tagged bagora, brosales, ClubQueeruña, Concurso Microrrelatos, Grupo Dado, Microrrelatos. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Pingback: Gala Clubs de lectura Grupo DADO no Ágora | Biblioagra