Recomendacións dos nosos lectores
Nas nosas Bibliotecas Municipais a túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas nosas Bibliotecas que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
- La noche de la pistola / David Carr
- Elogio de las familias sensatamente imperfectas / Gregorio Luri
- Mia y Puik. ¡Día de pesca! / guión y dibujos, Marc Clamens & Laurence Jammes
- Los sauces / Algernon Blackwood
- Prohibido leer a Lewis Carroll / Diego Arboleda
- Songs from the Soul : stories from around the world / retold by Jennifer Bassett
- Bruxa e familia / Paula Carballeira
- Mi pequeña habitación / Jo Witek; Christine Roussey
- Legacy : 15 lecciones sobre liderazgo / James Kerr
- Calendar Girl 4 / Audrey Carlan
- Un detective en Babilonia / Richard Brautigan; traducción de Kosián Masoliver
- Ladrones de libertad / Iria G. Parente, Selene M. Pascual
- Solenoide / Mircea Cartarescu
- La ternura de las piedras / Marion Fayolle
- Radio Bulebule [Gravación sonora] / Paco Nogueiras
- Rubicundo / María Canosa
Vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun xornal.
É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
- Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
Twitter: anímate a recomendar
As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso hashtag #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, películas, música etc.
Posted on 8 Febreiro, 2018, in Recomendacións dos nosos lectores, Xeral and tagged desideratas, recomendaciones, recomendacions, sugerencias de compra, suxestións de compra. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0