Novo Club de Lectura en Mesoiro
Inauguramos ano e tamén un novo club de lectura no punto de préstamo de Mesoiro, un club de lectura para ler, facer amizades e falar de libros e … de moito máis.
Que é un club de lectura?
Un grupo de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros, que a biblioteca lles proporciona, coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
As reunións serán os sábados alternos, ás 11 horas. Os libros prestámoschos nós, ti só tes que poñer as ganas de ler, de facer amizades e intercambiar opinións.
Empezamos o día 13 de xaneiro, e ti tan só tes que inscribirte dende a nosa web.
Posted on 8 Xaneiro, 2018, in Club Mesoiro, Clubes de lectura and tagged club de lectura mesoiro, clubes de lectura. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0