Estamos de volta, queeruñxs!
Xa é un feito. Esprememos os últimos días do verán despedíndonos das cervexas no chiringuito, retomando rutinas case esquecidas e poñendo en marcha aqueles “propósitos de emenda” persoal que xurdiron durante as vacacións. E aínda non sabes se apuntarte a crossfit, estudar chinés ou tomar clases de cociña tailandesa, que sona ben cool. Pois ben, se o teu plan de mellora persoal inclúe ademais ansias lectoras, nas Bibliotecas Municipais temos moito que propoñer. E coñecéndonos, de seguro que nuns meses xa non poderás abandonarnos.
Un curso máis, o club de lectura QUEERuña volve ás bibliotecas. O primeiro clube LGTBi de Galicia comeza o seu segundo ano de andaina coas mesmas ansias de diálogo e variedade de escenarios. Así, ás habituais sesións presenciais (que serán o terceiro mércores de cada mes ás 19 h na Biblioteca Ágora) sumaranse actividades extra, encontros con autores e quedadiñas varias (tamén para tomar cañas, eh, que non todo vai ser ler!). Un grupiño aberto a todas aquelas persoas interesadas en coñecer, conversar, analizar, descubrir… en desfrutar, resumindo, de materiais que procuran visibilidade e respecto ante a diversidade sexual e de xénero. Que por moito que digan, non hai nada mellor que a información para superar prexuízos.

Velaquí algunhas das lecturas analizadas durante o primeiro ano de vida do club, dispoñibles no Cascarilleiro, o catálogo en liña das Bibliotecas Municipais.
A curto prazo poderanse consultar no blog do club as lecturas para este novo curso, pero mentres, para xs máis curiosos, adiantamos a primeira lectura confirmada: Fun home, de Alison Bechdel.
Que?!? Non te vas a unir? O primeiro encontro is coming e quedan poucas prazas!! Preme aquí e ven a formar parte da familia queeruña!
Posted on 21 Setembro, 2017, in Ágora's Book Club, Xeral and tagged #LeConOrgullo, as municipais entenden, bagora, ClubQueeruña, LGTBI, queer. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0