Día do libro 2017: unha chea de actividades
O próximo domingo 23 de abril celébrase a nivel internacional o Día do Libro, unha conmemoración que ten por obxectivo o fomento da lectura e que coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega no ano 1616.
As bibliotecas únense a esta celebración cunha chea de actividades. O luns 24 de abril poderás levar en préstamo tantos libros, CDs, revistas, etc… como queiras! E ademáis dende o 17 e ata o 25 de abril, nas bibliotecas organizamos unha morea de actividades e inauguramos un novo servizo para festexar esta data tan especial, ademáis das mostras e exposición de libros, e dos programas habituais como Bebencontros, Canto Conto, Merendas con Contos e Biblioteca Verde.
Tomade nota:
- 19 de abril: Contos de ida e volta con Charo Pita na Biblioteca Forum e Encontro coas libreiras da cidade na Biblioteca de Os Rosales
- 21 de abril: Contacontos Cabaliño Hop con Soledad Felloza na Biblioteca do Forum e Tardes de contos e lecturas na Biblioteca do Castrillón
- 22 de abril: Obradoiro de Stop Motion na Biblioteca Monte Alto e Obradoiro Arte nos libros con Maruja Mallo na Biblioteca Infantil e Xuvenil
- 24 de abril: Cantando coa sinfónica na Biblioteca do Forum
- 25 de abril: Lectura de El Quijote na Biblioteca Forum
Posted on 19 Abril, 2017, in Xeral and tagged Día del libro, Día do libro. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0